Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
12Xullo2022O Lar Gallego de Chile e a Hermandad Gallega de Venezuela continúan a celebración do VI Día da Galicia Exterior en Celanova audio As distintas asociacións culturais dos centros galegos do exterior que asistiron ao VI Día da Galicia Exterior continúan na comunidade para compartir a cultura e tradición galegas polas distintas vilas de Galicia. Deste xeito, onte, luns 11 de xullo, pola noite, os grupos do Lar Gallego de Chile e a Hermandad Gallega de Venezuela interpretaron varias pezas musicais e de baile tradicional na Praza Maior de Celanova, un municipio que conta cunha... Máis información
-
11Xullo2022Emigración destina 30.000€ á Fundación Fillos de Ourense (FUNDAOURENSE) para a atención das necesidades asistenciais e sanitarias básicas a galegas e galegos residentes en Venezuela audio Esta axuda ten como obxectivo contribuír ao financiamento dos custos derivados da atención que se preste ás persoas galegas que se atopen nunha situación de carencia social ou económica. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 30.000 euros para a Fundación Fillos de Ourense, FUNDAOURENSE, de cara á axudar na atención asistencial e sanitaria básica ás persoas galegas residentes en Venezuela que, por... Máis información
-
10Xullo2022Éxito de participación no VI Día da Galicia Exterior, que encheu o centro histórico de Santiago cos sons e os bailes de máis de mil galegas e galegos chegados de todo o mundo audio A Secretaría Xeral da Emigración celebrou o Ano Santo Xacobeo invitando ás galegas e galegos do exterior e aos da propia comunidade autónoma a participar xuntos nun día dedicado a aquelas e aqueles que traballan pola cultura e a música de Galicia dende as entidades galegas de todo o mundo. O 80% das e dos asistentes tiñan menos de 30 anos, demostrando a forza que posúen os centros galegos do exterior para manter as nosas tradicións e a nosa... Máis información
-
09Xullo2022Rueda enxalza o papel das entidades galegas no exterior e constata o desexo da emigración por seguir participando no rumbo de Galicia audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe o papel das entidades galegas no exterior e constatou o desexo da emigración por seguir participando no rumbo de Galicia. O titular do Goberno galego presidiu na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos a recepción oficial do VIº Día da Galicia Exterior, un acto que tradicionalmente se celebra coincidindo co Ano Santo, polo que non se conmemoraba dende hai 11 anos. Alfonso Rueda recordou que... Máis información
-
08Xullo2022Preto dun milleiro de galegas e galegos do exterior percorren o último tramo do Camiño de Santiago na véspera da celebración do VI Día da Galicia Exterior audio Preto dun milleiro de galegas e galegos do exterior percorreron esta tarde o último tramo do Camiño de Santiago dende o Monte do Gozo, dando así o pistoletazo de saída as actividades do VI Día da Galicia Exterior que se celebrará ao longo de todo o día de mañá en Santiago de Compostela. Nesta andaina estiveron acompañadas e acompañados polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio... Máis información
-
08Xullo2022Rueda invita aos galegos e galegas do exterior a facer o camiño de volta cos programas da Xunta para o retorno, nos que Galicia é pioneira audio Reafirma o compromiso do Goberno galego coa colectividade, con axudas ás e aos emigrantes que viven fóra e con incentivos ás e aos que retornan. “É un dereito dos galegos e un tributo á nosa terra”. Anuncia unha nova Estratexia Galicia Retorna e recorda que Galicia é a comunidade que máis inviste neste eido. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, invitou hoxe aos galegos e galegas do exterior a facer o camiño de volta cos programas da Xunta... Máis información
-
07Xullo2022A Xunta participa na celebración en Vigo dos actos da Festa Nacional do Aniversario da Independencia da Arxentina audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participaron hoxe na celebración en Vigo dos actos da Festa Nacional do 206 aniversario da Independencia da Arxentina organizado polo Consulado Xeral da República Arxentina. O acto estivo presidido polo cónsul xeral da Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval, no salón Antonio Palacios do Hotel Bahía, e, durante o mesmo,... Máis información
-
07Xullo2022Comezan a chegar as primeiras agrupacións culturais de galegas e galegos do exterior para a súa participación no VI Día da Galicia Exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta tarde no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro aos primeiros grupos participantes procedentes de Brasil e Chile. En total, serán 30 asociacións as que celebrarán o VI Día da Galicia Exterior este sábado en Santiago de Compostela, unha festa conxunta coa que as galegas e galegos do exterior e os propios da comunidade autónoma celebrarán o Ano Santo Xacobeo. As actividades... Máis información
-
07Xullo2022Miranda participa nas xornadas da Escuela de Verano del Poder Judicial trasladando a experiencia da Secretaría Xeral da Emigración no eido da transformación da Galicia exterior nas últimas décadas audio O responsable deste departamento autonómico salientou o traballo de modernización e dinamismo levado a cabo tanto pola Administración autonómica como polos diferentes centros galegos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nas xornadas da Escuela de Verano del Poder Judicial no Pazo de Mariñán (Bergondo) no que trasladou a experiencia deste departamento autonómico no ámbito da transformación da Galicia... Máis información
-
06Xullo2022Rueda destaca que o nomeamento da nova delegada da Xunta en Montevideo renova o compromiso de Galicia coa atención á diáspora e o impulso ás relacións económicas audio “O camiño é modernizar as relacións entre dúas terras que teñen tanto que ver”, apunta. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe, durante o acto de toma de posesión da nova delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, que este nomeamento renova o compromiso de Galicia coa atención á diáspora, co fomento da nosa cultura e co impulso ás relacións económicas. “Galicia e O Uruguai temos moitas oportunidades”, enfatizou Rueda, quen... Máis información
Páxinas |