Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
18Abril2023Rueda cualifica de “positiva” e “frutífera” a viaxe a América na que a Xunta tendeu novas pontes de colaboración institucionais, económicas e comerciais audio Subliña a reunión “moi produtiva” mantida con presidente da República de Panamá que permite afianzar relacións con este país en sectores claves como a pesca, o turismo ou as enerxías renovables. Considera “moi satisfactorios” os encontros con empresarios e investidores en México aos que lle trasladou que “merece a pena apostar por Galicia” e cos que se estreitaron lazos económicos que “poden ser moi frutíferos”. Destaca a gran fortaleza da... Máis información
-
17Abril2023Rueda anima aos empresarios mexicanos a reforzar as alianzas económicas con Galicia e destaca a estabilidade e a posición xeoestratéxica que ofrece a comunidade audio Asegura que Galicia é a ponte natural entre Europa e América e que está nunha excelente posición para afrontar os retos económicos dos vindeiros anos. Subliña que a Xunta apoia o investimento industrial na comunidade ao dar seguridade xurídica as empresas, reducir os prazos dos trámites e apostar pola colaboración público-privada para impulsar proxectos estratéxicos. Mantivo un encontro con investidores mexicanos para reforzar as relacións... Máis información
-
17Abril2023A Xunta abre o prazo das axudas para familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente audio O Goberno galego destina 50.000 euros a atender ás e aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica. O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ao longo deste ano, ata o próximo 15 de novembro. A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe, no Diario Oficial de Galicia, as axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente. Deste xeito, o Goberno galego... Máis información
-
17Abril2023Rueda asiste en México á representación de "Canta máis luz, máis sombra", coproducida polo CDG e a Compañía Nacional de Teatro do país mexicano audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu no Centro Cultural de España en México á representación da obra teatral Canta máis luz, máis sombra, unha coprodución do Centro Dramático Galego e a Compañía Nacional de Teatro do país mexicano. Máis información
-
16Abril2023Rueda agradece aos galegos no exterior a súa contribución ao progreso de Galicia audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu aos galegos no exterior a súa contribución ao progreso de Galicia. Na súa viaxe a América Central, o titular do Goberno galego participou na Festa da Ramallosa, unha das citas tradicionais do Centro Galego de México. O mandatario galego chamou a atención sobre a traxectoria do Centro Galego de México, que ten a súa sede nun edificio singular de Cidade de México que deixa constancia de canto fixo... Máis información
-
16Abril2023Rueda remata mañá a súa viaxe a América mantendo encontros con empresarios e investidores en México co obxectivo de reforzar as alianzas económicas con Galicia audio Subliña a importancia dos emprendedores galegos no tecido empresarial mexicano e recoñece o seu labor como “embaixadores” da “Galicia do presente e do futuro”. Animará a investir nunha comunidade galega que ofrece “moitas oportunidades” pola súa estabilidade, a “situación xeográfica privilexiada” e estar a consolidarse en sectores estratéxicos como as enerxías renovables. Ademais reunirase coa colectividade galega no país e asistirá a unha... Máis información
-
15Abril2023Rueda destaca o gran labor das entidades galegas no exterior para promover e difundir a cultura da comunidade e atender ás necesidades da colectividade noutros países audio Asegura que a Galicia exterior “palpita coa mesma forza” que a comunidade galega. Agradece o traballo diario das e dos que se integraron plenamente nos países de destino sen esquecer as súas orixes. A Xunta busca facilitar o retorno de ata 30.000 galegas e galegos do exterior coa Estratexia Galicia Retorna. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou onte o gran labor que realizan as entidades galegas no exterior tanto para promover e... Máis información
-
14Abril2023Rueda traslada ao presidente da República de Panamá o interese de Galicia por estreitar lazos económicos e comerciais co país de América central audio Salienta a importancia das relacións existentes entre Galicia e Panamá en sectores como a pesca e o turismo, así como as colaboracións noutros que están en alza, como as enerxías renovables. Ambos mandatarios abordaron a posibilidade de intensificar a posición deste país como punto loxístico das exportacións galegas, tendo en conta que na actualidade hai 257 empresas da comunidade operando neste eido en Panamá. Rueda convida o presidente... Máis información
-
13Abril2023Rueda participa nun almorzo de traballo co embaixador de España en Panamá audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta mañá nun almorzo de traballo co embaixador de España en Panamá, Guzmán Palacios Fernández. Esta xuntanza enmárcase dentro da viaxe institucional que está a realizar o titular do Executivo por Panamá, Venezuela e México e que comezou hoxe na capital panameña. Durante este percorrido, Rueda está a manter diferentes... Máis información
-
13Abril2023Rueda destaca o labor dos galegos que axudaron a construír a Canle de Panamá como símbolo dun pobo que edifica, progresa e tende pontes audio Subliña que a presenza de Galicia nas grandes obras de enxeñería segue a ser fundamental: “Hai empresas galegas moi potentes que están facendo polo mundo obras moi importantes”, recalcou. Avanza o interese de Galicia e do seu goberno por que “esas relacións humanas e comerciais” cun país no que actualmente viven uns 4.000 galegos e galegas sexan cada día máis estreitas. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, rendeu hoxe homenaxe aos 12.000... Máis información
Páxinas |