Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
22Abril2022Miranda recibe ao tesoureiro do Centro Espanhol de Santos, con quen analizou a situación das e dos galegos residentes nesta cidade brasileira audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao tesoureiro do Centro Espanhol e Repatriaçâo de Santos, Ricardo Álvarez, con quen analizou a situación actual dos galegos e galegas residentes nesta cidade brasileira. Ricardo Álvarez tamén foi presidente con anterioridade desta entidade, e actualmente compaxina o cargo co de vicepresidente da Asociación de Empresarios Galegos de São Paulo. En... Máis información
-
21Abril2022Emigración anima ás e aos galegos retornados a participar no curso de formación online gratuíto de empregabilidade #RetoEmprego30días audio A Secretaría Xeral da Emigración anima ás galegas e galegos retornados a participar no curso de formación online gratuíto #RetoEmprego30días, que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade a través de pequenos desafíos diarios de 15 minutos que axudarán ás e aos inscritos a estar máis preto do seu próximo emprego. O reto, organizado pola Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, comeza o próximo 1 de maio e centrarase en... Máis información
-
20Abril2022Miranda recibe ao novo cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao novo cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval, que ten como ámbito de actuación non só Galicia, senón tamén Asturias e Castela e León. Horacio Martín Doval asumiu recentemente este cargo relevando a Silvina Montenegro, quen estivo cinco anos á fronte do consulado na cidade olívica. O novo cónsul conta con máis de... Máis información
-
20Abril2022A Xunta pon en valor a progresiva recuperación da chegada de grupos de peregrinas e peregrinos audio A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu a case medio cento de peregrinas e peregrinos vinculados á Federación de Casas Regionales en Navarra. No que vai de ano seláronse case 25.400 Compostelas superando xa a cifra prevista para o remate desta Semana Santa. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu este sábado a un grupo de 44 persoas procedentes da Federación de Casas Regionales en Navarra, formado por... Máis información
-
19Abril2022Emigración destina 6.000 euros á Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU) co obxectivo de manter a súa Oficina de información audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, firmou esta mañá o convenio que permitirá manter o asesoramento das e dos galegos do exterior desta provincia que deciden regresar a Galicia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou esta mañá, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, co presidente da... Máis información
-
18Abril2022A Xunta mantén aberta a convocatoria do Aprol Economía Social no que se prioriza ás e aos emigrantes retornados e que outorgou en 2021 cerca de 500 axudas por máis de 4,6M€ audio Este programa fomenta o emprendemento e o emprego en cooperativas e sociedades laborais e forma parte das medidas transversais que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia. A contía básica da axuda conta con incrementos do 25% de concorreren circunstancias de dificultade de acceso ao mercado laboral, como a condición de ser persoa emigrante retornada. A través destes apoios favorécese o autoemprego no sector ou a fixación de... Máis información
-
17Abril2022Emigración explica a través dun vídeo o xeito de tramitar as bolsas BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración anima ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria a solicitar unha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para cursar un máster o próximo curso nas universidades galegas, tendo en conta que a nova convocatoria finaliza o 29 deste mes. A blogueira Adriana Lueiro explica, neste vídeo, como se tramitan as bolsas BEME, e os pasos e documentación que se debe presentar para... Máis información
-
16Abril2022Oito centros galegos do exterior proxectan o próximo 23 de abril a segunda película do Ciclo Mestre Mateo, organizado en colaboración con Emigración e Academia Galega do Audiovisual audio Oito centros galegos do exterior continúan o próximo 23 de abril coa proxección das películas e documentais finalistas aos XX Premios Mestre Mateo grazas a un acordo de colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual. A Virxe Roxa, gañador na categoría de Mellor Documental dos Premios Mestre Mateo deste ano, será o filme elixido nesta ocasión. O Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, o... Máis información
-
15Abril2022Emigración lembra que o próximo 29 de abril pecha a convocatoria das bolsas BEME e explica nun vídeo o obxectivo das mesmas audio A Secretaría Xeral da Emigración anima ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria a solicitar unha Bolsa Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para cursar un máster o próximo curso nas universidades galegas, tendo en conta que a nova convocatoria finaliza o 29 deste mes. A blogueira Adriana Lueiro explica, no seguinte vídeo, que son as bolsas BEME, que obxectivo teñen e que requisitos debe cumprir unha ou un... Máis información
-
13Abril2022Miranda recibe a Regina Jallas tras rematar un destacado labor de xestión de 12 anos á fronte da Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa expresidenta da Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Xaneiro (Brasil), Regina Jallas, para agradecerlle o seu destacado labor desenvolvido nesta entidade durante 12 anos, que se converteu, grazas ao seu traballo, nun modelo de xestión na atención aos galegos e galegas do exterior. Esta asociación é un... Máis información
Páxinas |