Novas
Buscador
- As entidades vinculadas á Galeguidade de Salvador de Baía coinciden na necesidade de coordinar accións de cara ao futuro 09.03.2016 audio Nunha xuntanza co secretario xeral da Emigración, Rodríguez Miranda instounas a afrontar con valentía os retos da Galeguidade do século XXI. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu en Salvador de Baía unha xuntanza coas colectividades vinculadas á Galeguidade e con presenza na cidade brasileira nos ámbitos cultural e... Máis información
- Miranda visita os socios e socias e instalacións do ‘Centro Recreativo Uniâo do Río Tea’ en Salvador de Baía 08.03.2016 audio Continuando a súa visita ás comunidades galegas con presenza no Brasil, con motivo de coñecer a actualidade e novidades da diáspora espallada no quinto país máis grande do mundo en extensión, Rodríguez Miranda achégase ata Salvador de Baía, onde visita aos socios e socias e as instalacións do ‘Centro Recreativo Uniâo do Rio Tea’, no Bairro Centro... Máis información
- Emigración asina un convenio de colaboración coa Sociedade ‘Rosalía de Castro’ de Sâo Paulo para atender ás galegas e aos galegos residentes na zona 08.03.2016 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos e coas residentes na Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sâo Paulo, moitas e moitos deles de orixe galega. Con esta institución asinou un convenio de colaboración coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socio asistenciais básicas das e dos... Máis información
- Miranda salienta a forza e unidade da Galeguidade en Uruguai, e anima a manter a ligazón con Galicia nas xeracións nadas na diáspora 07.03.2016 audio O secretario xeral da Emigración participou na Gran Romaría do Fogar Español de Montevideo, iniciativa solidaria para recadar fondos en favor do centro de maiores á que acode boa parte da colectividade residente na capital uruguaia. Viaxe hoxe ata Brasil, onde asina un convenio de colaboración coa Sociedade Rosalía de Castro de Sâo Paulo, e a... Máis información
- Emigración renova a convocatoria de axudas por emerxencia social, grazas ás que se palían situacións de extrema vulnerabilidade de galegas e galegos residentes no exterior 02.03.2016 audio Trátase dunha iniciativa que busca aliviar situacións perentorias de marxinación social ou graves dificultades económicas non cubertas por outra administración, ou mesmo garantir tratamento sanitario urxente e axeitado para as cidadás e os cidadáns galegos residentes na diáspora. A Secretaría Xeral da Emigración vén de facer públicas as axudas... Máis información
- Emigración aumenta un 50% as axudas para autoemprego e creación de empresas por parte de persoas emigrantes retornadas 01.03.2016 audio Impulsadas por estas axudas, cunha contía máxima que pode chegar a 8.000 euros, en 2015 puxéronse en marcha 23 novas actividades económicas. A iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración complementa, sen excluílas, as axudas doutros departamentos autonómicos, e doutras administracións, para autonómas e autónomos e persoas emprendedoras. O... Máis información
- Máis de 50.000 alumnas e alumnos téñense beneficiado dos obradoiros e seminarios convocados por Emigración, cuxa edición de 2016 publica hoxe o DOG 26.02.2016 audio Impartiranse nas comunidades galegas do Exterior durante este ano, coa axuda da Xunta, accións formativas en baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, cultura galega, cociña galega, e artesanía (encaixe de palillos e confección de traxe tradicional. O prazo de presentación de solicitudes esténdese por un mes. O Diario Oficial de Galicia... Máis información
- Miranda recibe na Cidade da Cultura a mozas e mozos descendentes de persoas españolas, residentes en Chile, de visita en Galicia 23.02.2016 audio A viaxe, organizada e sufragada pola principal entidade española no país andino, fornece os lazos na segunda xeración de españois alén o Atlántico. O secretario xeral animounos e animounas a percorrer enteiro o Camiño de Santiago, “como teñen feito ao longo da Historia millóns de peregrinos”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- Rodríguez Miranda e Villares Paz presentan a obra sobre Pulpeiro e visitan a mostra “Galicia Imaxinada” 23.02.2016 audio Estas son dúas das actuacións previstas no acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, presentaron en Santiago a obra dedicada ao egrexio emigrante Eliseo Pulpeiro,... Máis información
- O Centro Galego de Valencia celebrou o seu 50º aniversario 23.02.2016 audio A Asemblea Xeral Anual, unha mesa redonda sobre a diáspora galega e a nosa música e gastronomía tradicionais centraron este día de celebración da entidade galega na capital valenciana. Este pasado domingo, 21 de febreiro, celebrouse o 50 aniversario do Centro Galego de Valencia na sede social da entidade en Massanassa, agrupando case un cento de... Máis información
Páxinas |