Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
27Outubro2023A Xunta destaca o labor en prol da galeguidade do Centro Pontevedrés de Montevideo na celebración do seu 65º aniversario audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu aos actos de celebración do 65º aniversario do Centro Pontevedrés de Montevideo, destacando durante os mesmos o labor en prol da galeguidade e da colectividade que vén desenvolvendo esta institución dende a súa creación. Pola súa banda, o presidente honorario da institución, Eduardo Alonso, aproveitou a súa intervención para facer mención dos expresidentes que deixaron unha fonda... Máis información
-
26Outubro2023Emigración ofrece un vídeo resumo do programa Reencontros con Galicia que permitiu que máis dun centenar de galegas e galegos do exterior de máis de 65 anos volvesen conectar coa terra audio A Secretaría Xeral da Emigración quere felicitar, a través dun vídeo resumo, a todas e todos os participantes no programa Reencontros con Galicia que, durante dez días, achegáronse de novo a Galicia, algunhas e algúns deles despois de máis de 50 anos fóra da terra. Este programa permitiu que máis dun cento de galegas e galegos do exterior de máis de 65 anos procedentes de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai volveran ter contacto coa... Máis información
-
26Outubro2023A Xunta destaca a ampla experiencia da nova cónsul da Arxentina en Vigo que permitirá continuar a fortalecer os lazos entre ambos territorios audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu ao encontro coa nova cónsul xeral da Arxentina en Vigo, Silvina Montenegro, que tivo lugar na Embaixada de España en Bos Aires presidido pola embaixadora, María Jesús Alonso Jiménez. Esta reunión, na que tamén estivo presente o cónsul adxunto de España na capital arxentina, Juan Merino Cubillo, celebrouse a raíz da inminente incorporación ao seu novo destino de Silvina... Máis información
-
25Outubro2023A Xunta asiste aos actos de celebración do 59º aniversario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu aos actos do 59º aniversario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo que contou coa presenza dos gaiteiros Anxo Lorenzo, Carlos González e Juan Sánchez. A delegada da Xunta destacou o labor desta organización en prol da cultura e da lingua galegas no país do Cono Sur, lembrando que este é o xeito de garantir que se perpetúe entre as futuras xeracións de galegas e galegos.... Máis información
-
24Outubro2023Emigración publica unha selección das fotografías do acto de benvida ás e aos novos alumnos das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha escolma das mellores fotografías realizadas durante a celebración do acto de benvida aos novos alumnos e alumnas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) do presente curso 2023/24, que tivo lugar esta pasada fin de semana en Oroso. O acto contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Preto de... Máis información
-
23Outubro2023Rueda viaxará a Suíza e Liechtenstein para reencontrarse coa emigración galega e enxalzar a súa contribución ao mantemento das súas tradicións na diáspora audio Participará a vindeira fin de semana en actos de distintos centros e institucións que fomentan a lingua, a arte e a cultura galegas, promovendo que perduren os vínculos da poboación emigrada coa súa terra. Lembrará que todas e todos aqueles que desexen regresar á comunidade contan coa Estratexia Galicia Retorna da Xunta, coa que se pretende facilitar a volta de 30.000 persoas ata 2026. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, viaxará a próxima fin... Máis información
-
23Outubro2023Emigración desenvolve unhas xornadas formativas para o persoal das delegacións da Xunta e as oficinas colaboradoras de atención social no exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu hoxe a primeira das xornadas formativas que, ao longo desta semana, se desenvolverán en Santiago de Compostela e nas que participa o persoal técnico das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai, así como das oficinas colaboradoras de atención social de Cuba e Venezuela. Ao longo destas xornadas traballarase sobre os programas destinados aos galegos e galegas do exterior... Máis información
-
22Outubro2023Máis tres centenares de galegas e galegos residentes en Suíza informáronse sobre temas tributarios a través das xornadas organizadas pola Xunta que remataron en Zürich audio A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), rematou hoxe en Zürich a rolda de sesións informativas que permitiu que case tres centenares de galegas e galegos residentes en Suíza se informaran acerca da situación tributaria en Galicia de cara a facilitar a posibilidade do seu retorno. O encontro de hoxe, no que participaron máis dun cento de galegas e galegos residentes en Zürich, celebrouse no... Máis información
-
21Outubro2023Rueda destaca o enorme talento e “valentía” das e os galegos do exterior que veñen a Galicia estudar un máster grazas ás bolsas BEME audio Salienta que a finalidade desta iniciativa é complementar a excelente formación que xa teñen e que aposten por desenvolver a súa carreira profesional e o seu proxecto vital na comunidade. A Xunta incrementa este curso a contía das axudas que oscilarán entre os 7.500 e 12.000 € en función da duración do mestrado e do continente de orixe do alumno ou alumna. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a boa acollida da que goza o programa... Máis información
-
21Outubro2023A segunda xornada informativa sobre temas tributarios que a Xunta organiza en Suíza responde as inquedanzas de preto dun cento de galegas e galegos de Berna audio Trala conferencia ofrecida onte en Xenebra, a Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), continuou en Berna, en concreto na Sala Punkt.Null, coas xornadas informativas que permiten achegar a situación tributaria en Galicia a aquelas e aqueles residentes en Suíza que desexen retornar. No encontro de hoxe participaron preto dun cento de residentes na capital suíza. As xornadas continuarán mañá,... Máis información
Páxinas |