Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
31Outubro2023Román Rodríguez anuncia que ‘A Santa’ de Asorey pode visitarse desde hoxe no Museo Zorrilla de Montevideo audio O traballo da Xunta para adquirir esta peza remata coa súa incorporación á colección permanente da antiga casa de veraneo do poeta José Luis Zorrilla e de San Martín. O acordo posibilita que, por primeira vez, a figura estea exposta ao público. “Estamos ante unha obra cargada de simbolismo que supuxo rachar con moitos estereotipos polo xeito de representar a muller galega”, destaca o conselleiro. “Gustaríanos moito que ‘A Santa’ se converta nun... Máis información
-
30Outubro2023Román Rodríguez anima aos galegos e galegas no exterior a retornar para estudar como xa fixeron 1.200 persoas audio O conselleiro de Educación presenta en Bos Aires e Montevideo as bolsas que a Xunta ofrece para cursar ensinanzas de FP e másteres universitarios. Avanza que o programa Retorna Talento FP recibiu un cento de solicitudes. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, anima aos galegos e galegas no exterior a volver a Galicia para estudar a través das posibilidades que ofrece a Estratexia Galicia Retorna, que inclúe... Máis información
-
30Outubro2023Román Rodríguez enxalza o traballo do Centro Cultural Partido de A Estrada a prol do fomento da cultura desde Arxentina audio O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades coñece a actividade deste grupo, acompañado polo seu director, Xosé Manuel Besteiro. O centro, que proxecta a tradición histórica do concello da Estrada cara ao exterior, celebra neste 2023 o seu 80º aniversario. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o Centro Cultural Partido de A Estrada de Bos Aires, para coñecer de preto o labor que realiza... Máis información
-
29Outubro2023Rueda salienta o reforzo da Xunta das medidas de apoio para facilitar o retorno dos galegos do exterior desde a mocidade ata a xubilación audio O presidente da Xunta participou nun encontro coa colectividade galega en Zürich. Resalta a ampliación dos servizos da oficina de asesoramento aos retornados cunha área de información tributaria para os que residen en Suíza e os que regresan a Galicia. Pon en valor os programas que ten en marcha o Goberno galego para mellorar a inserción laboral das persoas retornadas. Subliña as 358 bolsas que ofrece este ano a Xunta para que a mocidade do... Máis información
-
29Outubro2023Rueda destaca que a Estratexia Galicia Retorna inclúe un cento de medidas laborais, familiares e sociais para fomentar a volta de 30.000 galegos do exterior audio O presidente da Xunta inaugurou a sede do centro español Apóstolo Santiago en Liechtenstein. Lémbralle a este colectivo de emigrantes que teñen as portas de Galicia abertas. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que a Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 inclúe ata un cento de medidas laborais, familiares e sociais co obxectivo de fomentar a volta de 30.000 galegos e galegas do exterior nos vindeiros catro anos. Así o destacou o... Máis información
-
29Outubro2023Román Rodríguez celebra o espírito lalinense no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires audio O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades comparte en Arxentina a festividade da Virxe dos Dores, patroa do concello de Lalín. “O traballo feito por esta entidade é un motivo de orgullo para a comarca do Deza e para toda Galicia”, afirmou. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires, onde participou nos actos conmemorativos da festa de Nosa... Máis información
-
28Outubro2023Rueda pon en valor a contribución das entidades galegas no exterior na difusión da lingua e cultura da comunidade audio O presidente da Xunta participou no 50 aniversario da Irmandade Galega na Suíza. Enxalza a súa función como nexo de todos os galegos en Xenebra e o seu importante papel na transmisión e na difusión dos nosos costumes ás novas xeracións. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe a contribución das entidades galegas presentes no exterior á hora de difundir a lingua e a cultura da comunidade na diáspora. Así o destacou durante a... Máis información
-
28Outubro2023A Banda de gaitas Irmandade de Montevideo une os sons da gaita no Uruguai e en Galicia a través dun concerto a dúo co gaiteiro moañés Anxo Lorenzo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu a gala de celebración dos 20 anos da Banda de gaitas Irmandade que se celebrou na sala Nelly Goitiño do SODRE e que permitiu unir os sons da gaita neste país e en Galicia, a través dun concerto no que o gaiteiro Anxo Lorenzo, ademáis de tocar con outros artistas, tamén ofreceu composicións en solitario. O espectáculo, que foi todo un éxito, permitiu escoitar os sons galegos de... Máis información
-
27Outubro2023Román Rodríguez destaca o compromiso co ensino do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires, que vén de renovar as súas instalacións cunha nova planta audio A Xunta de Galicia dota este centro de ferramentas tecnolóxicas como ordenadores, pantallas dixitais e novos laboratorios. “Estamos orgullosos do traballo que se fai neste proxecto, que foi crecendo e consolidándose ata ser unha das grandes institucións educativas das que presume Galicia, pois é a nosa particular embaixada cultural e educativa”, afirma. O titular de Educación do Goberno galego completa a súa primeira xornada de traballo na... Máis información
-
27Outubro2023O galeguismo en América centra a nova entrega de "Historias de ida e volta" audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. “Unha das características da colectividade emigrante galega foi a creación dun imaxinario colectivo e dunha identidade propia e definida”, comeza o novo especial de Historias de ida e volta. Titulado “O galeguismo en... Máis información
Páxinas |