Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
10Novembro2023Miranda destaca en esRadio a participación de case 350 galegas e galegos do exterior nos programas de achegamento a Galicia da Secretaría Xeral da Emigración audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo balance dos programas e axudas que este departamento levou a cabo ao longo destes meses en esRadio, destacando o 2023 como o ano de recuperación dos programas de achegamento a Galicia para a colectividade do exterior. O responsable deste departamento autonómico fixo referencia ás máis de 350 persoas que participaron nos programas de Conecta e Reencontros, organizados pola Xunta... Máis información
-
09Novembro2023A presidenta do Lar Galego de Pamplona traslada ao secretario xeral da Emigración as iniciativas para a promoción da cultura galega en Navarra do próximo ano audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a María Jesús Rodríguez, presidenta do Lar Galego de Pamplona, quen lle deu traslado das iniciativas que o centro está a preparar para a promoción da cultura galega en Navarra durante o próximo ano, 2024. Esta entidade converteuse o pasado mes de setembro en novo membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Miranda agradeceu a María Jesús Rodríguez o... Máis información
-
08Novembro2023Miranda presenta ao Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior a Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 que busca traer de volta a 30.000 galegos e galegas no próximos catro anos audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou onte, en Asturias, na segunda xornada do III pleno do VIII Mandato del Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior. Miranda explicou o compromiso da Xunta cos galegos e galegas do exterior que se manifesta no apoio decidido do incremento dos recursos destinados ás axudas económicas e sociais, aos centros e na financiación de programas culturais e sociais para... Máis información
-
07Novembro2023A Xunta felicita ao Centro Gallego de Montevideo por poñer en marcha o evento interxeracional e interinstitucional “A Nosa Familia”, que uniu a todas e todos os galegos de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu ao emotivo Festival Grupo Folklórico Gallego Raigames “A Nosa Familia” que se celebrou no Teatro Valle Inclán, organizado polo Centro Gallego de Montevideo. Este evento destacou non só polo espectáculo que ofreceu, senón tamén polo forte simbolismo que marcou a ocasión. Nun xesto de amizade e fraternidade, representantes de diversas institucións uníronse nun baile espontáneo, no... Máis información
-
06Novembro2023Miranda cualifica como “decepcionante e inxustificable” deixar sen turno específico de intervención ás comunidades no Consejo General de la Cidadanía Española en el Exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Asturias á primeira xornada do III Pleno do VIII Mandato do Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á primeira xornada do III Pleno do VIII Mandato do Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior que se está a celebrar en Asturias, no que pediu a palabra para... Máis información
-
04Novembro2023Máis de 60 membros da colectividade galega do Centro Pontevedrés de Montevideo participaron no obradoiro de cociña organizado pola Xunta de Galicia no Uruguai audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu a unha das clases do obradoiro de cociña organizado pola Xunta de Galicia no que participaron 65 membros da colectividade galega do Centro Pontevedrés e que correu a cargo de Miguel Antonio Iglesias Armada, chef galego de Cariño, e que rematou a pasada semana. Elvira Domínguez destacou o traballo realizado por Miguel Antonio Iglesias, que foi moi valorado polos propios alumnos e... Máis información
-
03Novembro2023Rueda destaca a importancia do acompañamento ao retornado a través de programas específicos de mentoring para favorecer o emprendemento en Galicia audio Subliña que o Goberno galego está ofrecendo ferramentas e instrumentos para que os emigrantes podan retornar a Galicia e emprender. Resalta o labor de orientación e acompañamento dos mentores e mentoras no camiño de emprendemento dos retornados. Galicia destinou máis de 4 millóns de euros ao Programa Retorno Emprendedor e subvencionáronse máis de 700 proxectos de galegos e galegas retornados de máis de 40 países. O presidente da Xunta, Alfonso... Máis información
-
02Novembro2023Miranda destaca a contribución das e dos cociñeiros galegos na proxección exterior de Galicia: “Sodes os nosos grandes embaixadores” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Ourense no acto de entrega dos Pratos de Ouro de Radio Turismo no 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na entrega dos Pratos de Ouro que Radio Turismo organizou en Xantar, no 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, destacando o labor da colectividade galega no... Máis información
-
01Novembro2023Dous centos de mozas e mozos bolseiros BEME comparten unha xornada formativa e de lecer que lles permitiu achegarse á realidade de Galicia audio Dous centenares dos novos alumnos e alumnas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior- BEME participaron nun encontro formativo e de lecer en Sigüeiro, durante o que recibiron a benvida do presidente da Xunta de Galicia en representación de toda a sociedade galega. A iniciativa, organizada pola Secretaría Xeral da Emigración e que contou coa colaboración da Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados (Ajerga), permitiu ás beneficiarias e ... Máis información
-
31Outubro2023Emigración expón a Estratexia Galicia Retorna recordando que Galicia é hoxe terra de oportunidades para os galegos e galegas do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao programa Café de Redacción de Telemiño en Ourense onde explicou, acompañado de Diana Pereda, técnica da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Ourense, e da emprendedora retornada Mariana Doldán, as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna que ten como obxectivo facilitar o regreso dos galegos e galegas do exterior e a súa adaptación á sociedade... Máis información
Páxinas |