Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
03Maio2023Emigración mantén aberto o prazo para solicitar a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor para galegas e galegos retornados audio A Secretaria Xeral da Emigración lembra, a través da historia do galego retornado de Venezuela, Alejandro Rincón, que mantén aberta a convocatoria da nova liña de Axudas ao Retorno Emprendedor que permite aos galegos e galegas que regresaron á súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento do seu negocio con ata 10.000 euros de subvención. No seguinte... Máis información
-
02Maio2023Os informativos de A3 recollen a Estratexia Galicia Retorna como unha ferramenta imprescindible para conseguir o regreso de profesionais cualificados e cualificadas que aporten unha vantaxe competitiva á sociedade galega audio Os informativos da cadea nacional Antena 3 TV recolleron a importancia da nova Estratexia Retorna, destacando que se trata dunha ferramenta imprescindible para que Galicia poida conseguir o regreso de profesionais cualificados e cualificadas que aporten unha vantaxe competitiva á sociedade galega. A nova Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia ten como obxectivo afrontar o reto demográfico e facilitar o dereito ao retorno dos galegos e... Máis información
-
01Maio2023O especial “Historias de ida e volta” amosa o papel das sociedades microterritoriais de emigrantes na Arxentina audio O especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, chega documentando o papel das sociedades microterritoriais de emigrantes na Arxentina. Arxentina foi un país de acollida para milleiros de emigrantes e exiliados galegos e galegas que, desde a outra beira do Atlántico, participaron activamente na configuración social e política de Galicia.... Máis información
-
30Abril2023Miranda destaca o traballo do Centro Galego de Mallorca pola galeguidade durante a inauguración da súa nova sede audio O secretario xeral da Emigración asistiu á inauguración da nova sede da entidade que conta con máis instalacións que permitirán dinamizar as actividades e atraer á colectividade galega máis nova da illa. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu na tarde de onte á inauguración da nova sede do Centro Galego de Mallorca, que abre as súas portas na rúa Carrer de Covadonga. O responsable autonómico destacou o traballo... Máis información
-
29Abril2023A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Lugo informa sobre o ámbito educativo e as homologacións de títulos audio A Secretaría Xeral da Emigración continúa co espazo informativo, iniciado o domingo pasado, que aporta asesoramento ás galegas e galegos retornados do exterior, neste caso da man da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Lugo. Grazas á colaboración do programa Lembrando a Galicia da TVG, dende esta Oficina infórmase sobre os datos máis esenciais relativos ao ámbito eductivo e da homologación de títulos das persoas que... Máis información
-
29Abril2023Emigración lembra que o próximo día 4 pecha a convocatoria do programa Escolas Abertas que se desenvolverá en Santiago de Compostela o próximo mes de xullo audio Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais, cociña e formación de persoal directivo. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que o próximo 4 de maio pecha o prazo para participar na convocatoria do novo programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración que se volve a desenvolver este ano tras... Máis información
-
28Abril2023Emigración destina 7.500 euros á Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (Aeru) co obxectivo de continuar co seu labor de información audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, firmou o convenio que permitirá manter o asesoramento das e dos galegos do exterior da provincia de Pontevedra que deciden regresar a Galicia. Esta entidade complementa o labor de información e apoio aos galegos e galegas que regresan que desenvolve a Oficina Integral de Retorno. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou co presidente da... Máis información
-
28Abril2023As entidades galegas do exterior teñen ata o próximo martes, 2 de maio, para solicitar os obradoiros presenciais e telemáticos audio Esta iniciativa permite aos centros poñer en marcha talleres de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega. O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufragará os gastos de contratación do profesorado e materiais de formación. As entidades galegas do exterior teñen ata o próximo 2 de maio para solicitar as axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a posta en marcha de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e... Máis información
-
27Abril2023O presidente da Asociación de Antiguos Tunos de Santiago solicita a colaboración de Emigración na promoción da Casa da Troia entre os centros galegos do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Asociación de Antiguos Tunos de Santiago de Compostela, Benigno Amor, quen lle solicitou a colaboración da Secretaría Xeral na promoción da Casa da Troia entre os centros galegos do exterior. Amor trasladou a boa acollida que a presentación das diferentes actividades programadas con este fin tiveron nos centros españois de México, que visitou recentemente.... Máis información
-
27Abril2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á ‘Taberna de Música Celta’ organizada polo Centro Valle Miñor audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu, como representante da Administración autonómica, ao concerto de música celta organizado polo Centro Valle Miñor na Taberna Celta, na que se uniron grupos musicais de Galicia, Asturias e Escocia. Acompañou ao presidente do centro, Juan Valverde. O concerto foi un éxito absoluto, esgotándose as entradas. Actuaron diferentes grupos, destacando a Banda de gaitas Irmandade, dirixida por... Máis información
Páxinas |