Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
19Xaneiro2023A Xunta convoca a liña de apoios de ata 40.000 euros para que entidades de iniciativa social desenvolvan programas de apoio a mulleres vulnerables á que poden acollerse retornadas galegas audio O Goberno galego publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria á que destinará 1,4M€. Apoiaranse actuacións de atención psicolóxica, asesoramento xurídico, mediación intercultural e/ou familiar, orientación laboral ou de adquisición de habilidades. As beneficiarias dos programas serán, entre outras, retornadas galegas, vítimas da violencia de xénero, de explotación sexual, laboral ou de trata, inmigrantes, refuxiadas ou... Máis información
-
18Xaneiro2023A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Vigo acompañou a máis de 2.000 familias chegadas á provincia de Pontevedra audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou que Galicia conta con cinco oficinas situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. A nivel galego, a cifra chega ata as e os 11.800 retornados atendidos e a case 50.000 consultas respondidas, tanto persoais como telefónicas e telemáticas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias,... Máis información
-
17Xaneiro2023Achégase o momento de solicitar a túa bolsa BEME e optar a vivir experiencias formativas e profesionais como as de Javier Caprarelli, retornado da Arxentina audio A Secretaría Xeral da Emigración abrirá a comezos de febreiro a nova convocatoria das 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as e os galegos residentes no exterior ou as e os descendentes de galegas ou galegos poidan facer un máster nunha das tres universidades de Galicia o próximo curso 2023/24. Javier Caprarelli optou por solicitar unha bolsa BEME para cursar un mestrado na Universidade de Vigo que lle permitira vir a... Máis información
-
16Xaneiro2023Miranda recibe ao presidente de FECEVE destacando a importancia da colaboración coas entidades galegas para os galegos e galegas residentes en Venezuela audio O secretario xeral da Emigración trasladou a Roberto González Pérez a satisfacción do departamento autonómico polo labor que as entidades están a desenvolver en prol das e dos galegos con menos recursos neste país, sobre todo en materia socioasistencial. Tamén analizaron a nova Estratexia Galicia Retorna que acaba de aprobar a Xunta de Galicia para apoiar aos galegos e galegas que desexan regresar á comunidade autónoma. O secretario xeral da... Máis información
-
14Xaneiro2023Emigración destinou case 3M€ a garantir a viabilidade e o funcionamento das entidades galegas no exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o apoio destinado a gastos de funcionamento, actividades, infraestruturas e equipamentos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou os case 3 millóns de euros destinados en 2022 ás entidades galegas no exterior e que tiveron como fin facer fronte aos gastos de funcionamento, actividades, infraestruturas e equipamentos. En concreto, destináronse a... Máis información
-
13Xaneiro2023A Xunta abrirá a convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior BEME a comezos do próximo mes de febreiro audio A Secretaría Xeral da Emigración recorda que, trala aprobación onte no Consello da Xunta, a próxima convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME abrirase a comezos do vindeiro mes de febreiro. Este programa oferta 250 prazas para realizar un máster a galegas e galegos universitarios do exterior nunha das tres universidades galegas para o próximo curso 2023/24. As e os beneficiarios da iniciativa deben ser galegas ou galegos... Máis información
-
12Xaneiro2023Rueda resalta que a Xunta incrementa unha media de 500 € as contías das BEME máster para atraer aos 250 mellores expedientes universitarios do exterior na súa sétima convocatoria audio Subliña que estas axudas se inclúen na Estratexia Galicia Retorna que busca favorecer “o regreso de 30.000 galegos no exterior ata 2026”. O obxectivo destas bolsas BEME é “mellorar a formación dos universitarios” e promover que estes mozos e mozas se incorporen ao mercado laboral e fixen a súa residencia en Galicia. As axudas, que sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, aumentan entre 350 e 750 euros, ata acadar bolsas de entre 7.... Máis información
-
12Xaneiro2023Miranda e o director da Fundación España Salud planifican a colaboración a desenvolver durante o novo ano entre ambas institucións en Venezuela audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Álvaro Gómez, director da Fundación España Salud para fixar a planificación de colaboración entre ambas institucións en Venezuela durante o ano que acaba de comezar. Tal e como recordou o secretario xeral da Emigración, a Xunta mantén un acordo de 100.000 euros coa Fundación España Salud para continuar a axudar no ámbito socio sanitario aos galegos e galegas... Máis información
-
12Xaneiro2023A Xunta apoia en Ferrol a formación de dez alumnas e alumnos retornados de Arxentina, Brasil e Venezuela que cursan un ciclo no CIFP Ferrolterra audio As e os participantes na iniciativa reciben unha bolsa de 6.500 euros para cubrir os gastos da viaxe, o aloxamento e a manutención durante este curso 2022/2023. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá no CIFP Ferrolterra ás e aos primeiros beneficiarios na comarca das bolsas concedidas pola Xunta de Galicia á mocidade do exterior co fin de que cursen en Galicia estudos de Formación Profesional nivel básico... Máis información
-
11Xaneiro2023A Xunta destina 31,5M€ para que as nenas e nenos nacidos no 2023 teñan acceso á Tarxeta Benvida, da que tamén se poden beneficiar as familias galegas retornadas audio Máis de 92.500 familias galegas xa se beneficiaron desta axuda para atender os gastos que supón o nacemento dun fillo ou filla desde a súa posta en marcha no ano 2016. O importe das axudas deste programa é de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida da filla ou fillo, duplicándose no caso das familias numerosas e incrementándose nun 25%, no caso de vivir en concellos de menos de 5.000 habitantes. Esta iniciativa forma parte da nova Estratexia... Máis información
Páxinas |