Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
28Outubro2023A Banda de gaitas Irmandade de Montevideo une os sons da gaita no Uruguai e en Galicia a través dun concerto a dúo co gaiteiro moañés Anxo Lorenzo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu a gala de celebración dos 20 anos da Banda de gaitas Irmandade que se celebrou na sala Nelly Goitiño do SODRE e que permitiu unir os sons da gaita neste país e en Galicia, a través dun concerto no que o gaiteiro Anxo Lorenzo, ademáis de tocar con outros artistas, tamén ofreceu composicións en solitario. O espectáculo, que foi todo un éxito, permitiu escoitar os sons galegos de... Máis información
-
27Outubro2023Román Rodríguez destaca o compromiso co ensino do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires, que vén de renovar as súas instalacións cunha nova planta audio A Xunta de Galicia dota este centro de ferramentas tecnolóxicas como ordenadores, pantallas dixitais e novos laboratorios. “Estamos orgullosos do traballo que se fai neste proxecto, que foi crecendo e consolidándose ata ser unha das grandes institucións educativas das que presume Galicia, pois é a nosa particular embaixada cultural e educativa”, afirma. O titular de Educación do Goberno galego completa a súa primeira xornada de traballo na... Máis información
-
27Outubro2023O galeguismo en América centra a nova entrega de "Historias de ida e volta" audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. “Unha das características da colectividade emigrante galega foi a creación dun imaxinario colectivo e dunha identidade propia e definida”, comeza o novo especial de Historias de ida e volta. Titulado “O galeguismo en... Máis información
-
27Outubro2023A Xunta destaca o labor en prol da galeguidade do Centro Pontevedrés de Montevideo na celebración do seu 65º aniversario audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu aos actos de celebración do 65º aniversario do Centro Pontevedrés de Montevideo, destacando durante os mesmos o labor en prol da galeguidade e da colectividade que vén desenvolvendo esta institución dende a súa creación. Pola súa banda, o presidente honorario da institución, Eduardo Alonso, aproveitou a súa intervención para facer mención dos expresidentes que deixaron unha fonda... Máis información
-
26Outubro2023Emigración ofrece un vídeo resumo do programa Reencontros con Galicia que permitiu que máis dun centenar de galegas e galegos do exterior de máis de 65 anos volvesen conectar coa terra audio A Secretaría Xeral da Emigración quere felicitar, a través dun vídeo resumo, a todas e todos os participantes no programa Reencontros con Galicia que, durante dez días, achegáronse de novo a Galicia, algunhas e algúns deles despois de máis de 50 anos fóra da terra. Este programa permitiu que máis dun cento de galegas e galegos do exterior de máis de 65 anos procedentes de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai volveran ter contacto coa... Máis información
-
26Outubro2023A Xunta destaca a ampla experiencia da nova cónsul da Arxentina en Vigo que permitirá continuar a fortalecer os lazos entre ambos territorios audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu ao encontro coa nova cónsul xeral da Arxentina en Vigo, Silvina Montenegro, que tivo lugar na Embaixada de España en Bos Aires presidido pola embaixadora, María Jesús Alonso Jiménez. Esta reunión, na que tamén estivo presente o cónsul adxunto de España na capital arxentina, Juan Merino Cubillo, celebrouse a raíz da inminente incorporación ao seu novo destino de Silvina... Máis información
-
25Outubro2023A Xunta asiste aos actos de celebración do 59º aniversario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu aos actos do 59º aniversario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo que contou coa presenza dos gaiteiros Anxo Lorenzo, Carlos González e Juan Sánchez. A delegada da Xunta destacou o labor desta organización en prol da cultura e da lingua galegas no país do Cono Sur, lembrando que este é o xeito de garantir que se perpetúe entre as futuras xeracións de galegas e galegos.... Máis información
-
24Outubro2023Emigración publica unha selección das fotografías do acto de benvida ás e aos novos alumnos das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha escolma das mellores fotografías realizadas durante a celebración do acto de benvida aos novos alumnos e alumnas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) do presente curso 2023/24, que tivo lugar esta pasada fin de semana en Oroso. O acto contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Preto de... Máis información
-
23Outubro2023Rueda viaxará a Suíza e Liechtenstein para reencontrarse coa emigración galega e enxalzar a súa contribución ao mantemento das súas tradicións na diáspora audio Participará a vindeira fin de semana en actos de distintos centros e institucións que fomentan a lingua, a arte e a cultura galegas, promovendo que perduren os vínculos da poboación emigrada coa súa terra. Lembrará que todas e todos aqueles que desexen regresar á comunidade contan coa Estratexia Galicia Retorna da Xunta, coa que se pretende facilitar a volta de 30.000 persoas ata 2026. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, viaxará a próxima fin... Máis información
-
23Outubro2023Emigración desenvolve unhas xornadas formativas para o persoal das delegacións da Xunta e as oficinas colaboradoras de atención social no exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu hoxe a primeira das xornadas formativas que, ao longo desta semana, se desenvolverán en Santiago de Compostela e nas que participa o persoal técnico das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai, así como das oficinas colaboradoras de atención social de Cuba e Venezuela. Ao longo destas xornadas traballarase sobre os programas destinados aos galegos e galegas do exterior... Máis información
Páxinas |