Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
20Decembro2022Rodríguez Miranda destaca na TVG a importancia da nova Estratexia Retorna para conseguir caudal de coñecemento activo e vantaxe competitiva para Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no Telexornal da Televisión de Galicia a importancia da aprobación da nova Estratexia Retorna da Secretaría Xeral da Emigración para a loita contra o reto demográfico e co obxectivo de facilitar o dereito ao retorno dos galegos e galegas do exterior que aportarán caudal de coñecemento activo e vantaxe competitiva á sociedade galega. Nesta reportaxe, o secretario xeral da... Máis información
-
19Decembro2022A Xunta inicia a execución da Estratexia Galicia Retorna 2026 coa que se impulsará o emprendemento, a formación e o emprego de 30.000 galegas e galegos do exterior audio A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron hoxe un encontro para avanzar nos programas de emprego da nova planificación. A Estratexia 2023-26 duplica as medidas e o orzamento anterior incidindo a través dun cento de propostas en catro áreas: laboral, educativa, social e asesoramento. Ao eido do emprego, o que aglutina unha maior cantidade de... Máis información
-
18Decembro2022Miranda acompaña á comunidade galega na celebración “Galicia en Madrid” organizada por FAGAMA audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á celebración “Galicia en Madrid” no teatro Lara, organizada pola Federación de Asociacións Galegas nesta comunidade (FAGAMA) e que contou coa actuación central do grupo Ramalleira, liderado polo recoñecido gaiteiro Miguel Ramalleira. Na gala tamén actuaron un grupo de cantareiras xunto a Agrupación Artística Gallega Rosalía de Castro e varios artistas afincados en Madrid... Máis información
-
18Decembro2022Emigración únese á conmemoración do Día Internacional da Persoa Migrante audio A Secretaría Xeral da Emigración únese á conmemoración de apoio á e ao migrante da Organización das Nacións Unidas (ONU) co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante, 18 de decembro. Galicia ten demostrado en infinitas ocasións ao longo da súa historia que é un pobo solidario e valente, capaz de axuntar esforzos e recursos para poñelos ao servizo das e dos que máis o precisan. E neste senso, seguiremos a traballar para estar ao carón de... Máis información
-
17Decembro2022Miranda destacou na Radio Galega que o apoio e asesoramento laboral ás e aos retornados galegos será o eixe central da nova Estratexia Retorna 2026 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe no programa Galicia por Diante Fin de Semana da Radio Galega que a nova Estratexia Retorna 2026 terá como principal novidade ampliar o apoio e asesoramento laboral ás familias retornadas galegas. O novo documento baséase na experiencia da primeira Estratexia Retorna, que agora verase duplicada tanto no orzamento inicial como nas medidas a aplicar polo conxunto de todos... Máis información
-
17Decembro2022Emigración participa no acto de entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega no concello de Ramirás no que se homenaxea ás e aos emigrantes galegos dos EE.UU. audio A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, acompañou ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, no acto de entrega dos premios Rebulir da Cultura Galega que tivo lugar hoxe no polideportivo O Picouto do concello de Ramirás. Nesta gala fíxose unha lembranza especial ás e aos emigrantes de este concello aos... Máis información
-
15Decembro2022Rueda avanza que a Estratexia Galicia Retorna 2026 duplica as medidas e o orzamento da anterior e busca facilitar o regreso de 30.000 galegas e galegos do exterior audio Resalta que é unha forma de recoñecer o dereito ao retorno dos galegos e galegas no exterior e unha vía para que Galicia gañe poboación e “compense o saldo vexetativo negativo”. A nova Estratexia incidirá a través dun cento de propostas en catro áreas principais: laboral, educativa, social e asesoramento. Contará con 450 millóns de euros, dos que 50 son para actuacións especificamente dirixidas aos galegos e galegas que queren volver á súa terra... Máis información
-
14Decembro2022Miranda destaca o exemplo do empresario galego Lino de Prado, quen recibiu o Premio ‘Vasco de Quiroga’ da Cámara Española de Comercio de México, polo seu labor en prol da proxección exterior de España e Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicitou ao empresario galego Lino de Prado tras recibir o premio 'Vasco de Quiroga' da Cámara Española de Comercio de México, recoñecendo o seu labor como exemplo das e dos empresarios galegos no exterior, así como o seu compromiso na proxección exterior de España e de Galicia en particular. Miranda estivo presente nesta gala onde o presidente da Cámara Española de Comercio,... Máis información
-
14Decembro2022A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á cea de despedida do 2022 organizada polo Centro Gallego de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto co que o Centro Gallego de Montevideo celebrou o remate do 2022 e ao que asistiron máis de 200 persoas, entre socias e socios e simpatizantes. O evento tivo lugar no Polideportivo de Carrasco e na mesma estiveron tamén presentes o presidente da entidade, Ramón Lorenzo, a cónsul xeral de España, Victoria Scola, así como a secretaria da entidade, Beatriz Pérez Montero. Con esta... Máis información
-
13Decembro2022Miranda reúnese cos representantes do Centro Gallego de México, comprometendo a presenza da Xunta de Galicia nalgunha das súas principais celebracións do primeiro semestre de 2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión coa directiva e o presidente do Centro Gallego de México, durante a visita que realizou á capital do país. Durante o encontro, o secretario xeral da Emigración trasladou o compromiso da Xunta de Galicia de estar presente nalgunha das grandes celebracións que ten previsto organizar esta entidade no primeiro semestre do ano 2023. Deste xeito, analizáronse as... Máis información
Páxinas |