Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
05Xaneiro2023A Xunta apoiou a posta en marcha de 114 proxectos empresariais de galegas e galegos retornados durante o 2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración destinou 1M€ para iniciativas emprendedoras. Esta iniciativa enmárcase dentro da Estratexia Galicia Retorna, que acaba de renovarse e ampliarse ata o 2026 e que permitiu nos últimos anos o regreso de máis de 28.000 persoas galegas residentes no exterior. Xa son máis de 600 os proxectos apoiados que supuxeron un impacto económico superior aos 32 millóns de euros para a economía galega, xa que o programa... Máis información
-
04Xaneiro2023O secretario xeral da emigración comprometeuse a visitar Salvador de Baía (Brasil) para explicar a nova Estratexia Galicia Retorna audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente do Clube Espanhol de Salvador de Baía, Alberto Cerviño, con quen analizou o labor desenvolvido ao longo deste ano por esta entidade, así como tamén lle trasladou o seu compromiso de visitar o centro nos próximos meses para explicar a nova Estratexia Galicia Retorna no Brasil. Cerviño destacou as actividades realizadas ao longo do pasado 2022, recordando que o... Máis información
-
03Xaneiro2023A web da Secretaría Xeral da Emigración, GaliciaAberta, chega aos 290.000 usuarios e usuarias e ás 900.000 páxinas vistas en 2022 audio O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado máis de 416.000 visitas, destacando especialmente as informacións relativas ao retorno e ás convocatorias de axudas e programas. As redes sociais do departamento do Goberno galego suman máis de 5.600 novas e novos internautas en todo o mundo, superando os 50.000 seguidores e seguidoras nas principais redes. O portal de retorno sumou máis de 59.000 visualizacións, ofrecendo unha... Máis información
-
03Xaneiro2023A Delegación da Xunta na Arxentina auspicia en Mar del Plata a mostra fotográfica 'Iacobus Gaudet' sobre o Camiño de Santiago audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu á inauguración da mostra fotográfica de Manuel Valcárcel Iacobus Gaudet, que se pode visitar no espazo expositivo do Hotel Costa Galana de Mar del Plata, inspirada nas diferentes rutas do Camiño de Santiago. A exposición xorde da colaboración entre a Delegación da Xunta na Arxentina e o viceconsulado de España en Mar del Plata. Na inauguración estiveron tamén presentes a... Máis información
-
02Xaneiro2023Miranda recolle o interese do Grupo Hotusa por incorporar profesionais galegas e galegos do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con representantes de Hotusa, un dos principais grupos hoteleiros de España, na que lle expuxeron o seu interese por incorporar profesionais galegas e galegos do exterior para traballar nos seus establecementos. Na reunión estiveron presentes o director de área do grupo, Enrique Camiñas, así como a responsable de selección da área turística, Pilar García. O... Máis información
-
01Xaneiro2023Felicitación do Aninovo 2023 do secretario xeral da Emigración audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, felicita no seguinte vídeo o Aninovo 2023. Máis información
-
31Decembro2022Mensaxe de Fin de Ano do presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela audio Nun día coma hoxe, é inevitable botar a vista atrás e facer balance de todo o andado neste 2022. E facelo aquí, onde os peregrinos acreditan a súa chegada ao final de todos os Camiños, a Galicia. Eles superáronse para chegar canda nós, igual que o Camiño de Santiago superouse a si mesmo como a nosa mellor carta de presentación ante o mundo. Ao longo do ano foron 438.000 as persoas que recolleron a Compostela neste Centro de Acollida ao... Máis información
-
30Decembro2022A Xunta anima a preparar a documentación necesaria ás e aos interesados en obter unha das 250 bolsas BEME para o próximo curso que permiten realizar un máster nunha universidade galega audio A Secretaría Xeral da Emigración ten aberto na súa páxina web un servizo de acompañamento para facilitar información sobre a documentación que se necesita para optar a estas bolsas, ademais de asesorar no que precisen ás e aos interesados. O Goberno galego volverá abrir a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior a comezos de ano de cara a atraer aos galegos e galegas do exterior de alta cualificación, incentivando así que fixen... Máis información
-
30Decembro2022A Xunta agradece ás entidades galegas da Arxentina a súa colaboración na consecución dun ano Xacobeo extraordinario audio O delegado da Xunta neste país, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro cos e coas representantes das entidades galegas no que se analizaron as liñas de apoio tanto para os centros como as galegas e galegos residentes no país do Cono Sur. O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, presidiu onte un encontro cos e coas representantes das entidades galegas neste país nas instalacións do Centro Lalín, Agolada e Silleda en Bos... Máis información
-
29Decembro2022Emigración formou a 1.000 galegas e galegos do exterior en 2022 a través de obradoiros de cultura galega audio A Secretaría Xeral puxo en marcha 37 talleres de formación en folclore, cociña e artesanía, así como seminarios de lingua e cultura galegas. O departamento autonómico contou cun orzamento de 150.000 euros para desenvolver esta actividade. A Secretaría Xeral da Emigración desenvolveu un total de 37 obradoiros formativos en 2022 para os galegos e galegas do exterior en colaboración co mesmo número de centros, tanto de Europa como de América e... Máis información
Páxinas |