Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
12Xaneiro2023Rueda resalta que a Xunta incrementa unha media de 500 € as contías das BEME máster para atraer aos 250 mellores expedientes universitarios do exterior na súa sétima convocatoria audio Subliña que estas axudas se inclúen na Estratexia Galicia Retorna que busca favorecer “o regreso de 30.000 galegos no exterior ata 2026”. O obxectivo destas bolsas BEME é “mellorar a formación dos universitarios” e promover que estes mozos e mozas se incorporen ao mercado laboral e fixen a súa residencia en Galicia. As axudas, que sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, aumentan entre 350 e 750 euros, ata acadar bolsas de entre 7.... Máis información
-
12Xaneiro2023Miranda e o director da Fundación España Salud planifican a colaboración a desenvolver durante o novo ano entre ambas institucións en Venezuela audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Álvaro Gómez, director da Fundación España Salud para fixar a planificación de colaboración entre ambas institucións en Venezuela durante o ano que acaba de comezar. Tal e como recordou o secretario xeral da Emigración, a Xunta mantén un acordo de 100.000 euros coa Fundación España Salud para continuar a axudar no ámbito socio sanitario aos galegos e galegas... Máis información
-
12Xaneiro2023A Xunta apoia en Ferrol a formación de dez alumnas e alumnos retornados de Arxentina, Brasil e Venezuela que cursan un ciclo no CIFP Ferrolterra audio As e os participantes na iniciativa reciben unha bolsa de 6.500 euros para cubrir os gastos da viaxe, o aloxamento e a manutención durante este curso 2022/2023. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá no CIFP Ferrolterra ás e aos primeiros beneficiarios na comarca das bolsas concedidas pola Xunta de Galicia á mocidade do exterior co fin de que cursen en Galicia estudos de Formación Profesional nivel básico... Máis información
-
11Xaneiro2023A Xunta destina 31,5M€ para que as nenas e nenos nacidos no 2023 teñan acceso á Tarxeta Benvida, da que tamén se poden beneficiar as familias galegas retornadas audio Máis de 92.500 familias galegas xa se beneficiaron desta axuda para atender os gastos que supón o nacemento dun fillo ou filla desde a súa posta en marcha no ano 2016. O importe das axudas deste programa é de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida da filla ou fillo, duplicándose no caso das familias numerosas e incrementándose nun 25%, no caso de vivir en concellos de menos de 5.000 habitantes. Esta iniciativa forma parte da nova Estratexia... Máis información
-
11Xaneiro2023A Xunta convoca as axudas para as e os universitarios con dificultades económicas imprevistas que poden solicitar as galegas e galegos retornados para que poidan continuar os seus estudos audio O obxectivo desta convocatoria é que a aparición dunha causa sobrevida non obrigue a un alumno ou alumna a abandonar a súa formación por falta de recursos. O importe das bolsas oscila entre os 1.750 e os 3.000 euros, en función da renda familiar. Estas axudas forman parte da nova Estratexia Galicia Retorna que vén de aprobar o Goberno galego. A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas ao alumnado das... Máis información
-
10Xaneiro2023Os informativos nacionais de A3 recollen, novamente, as medidas pioneiras da Xunta de Galicia para fomentar o retorno dos galegos e galegas do exterior audio Os informativos nacionais de Antena 3 Televisión recollen, novamente, as medidas pioneiras da Xunta para fomentar o retorno dos galegos e galegas do exterior, aportando as historias de Ramón Castro, enxeñeiro retornado da China á Estrada, que recibiu unha axuda ao Retorno Emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración e participou no programa de apoio e mentoring Merlo, e de Lucía García, unha enxeñeira que retornou tras sete anos en UK e... Máis información
-
09Xaneiro2023O secretario xeral da Emigración felicita ao grupo Os Náufragos Teatro polo nomeamento da súa obra “Karelu” como finalista nos Premios Florencio 2022 do Uruguai audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu aos responsables do grupo Os Náufragos Teatro, aos que felicitou polo seu nomeamento como finalistas nos Premios Florencio 2022, na categoría de mellor peza estranxeira, galardón que outorga a Asociación de Críticos Teatrales del Uruguay. Na reunión estiveron presentes os representantes da compañía, Gustavo del Río Prieto e Antonio Vázquez Bernardini. O secretario xeral da... Máis información
-
08Xaneiro2023Emigración facilitou o achegamento a Galicia para case 200 galegas e galegos do exterior en 2022 coa colaboración con máis de 50 centros audio O departamento autonómico volveu a achegar a galegas e galegos do exterior a Galicia en programas de lecer de cara á promoción do Ano Santo. A Secretaría Xeral da Emigración continuou en 2022 coas actividades de lecer para os galegos e galegas do exterior en colaboración con máis de 50 centros, tanto de España como de Europa e América, desenvolvendo proxectos de achegamento a Galicia como foron os Conecta e Reencontros co Xacobeo,... Máis información
-
07Xaneiro2023Miranda visitou en 2022 máis de 30 centros galegos do exterior e das comunidades autónomas para participar nas actividades de promoción da cultura galega e coñecer as súas necesidades audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou en 2022 máis de 30 centros galegos do exterior e das comunidades autónomas para participar nas diferentes actividades que as entidades organizan para promocionar a cultura galega, así como para coñecer as súas necesidades. Tralas restricións nas viaxes por mor da pandemia da covid dos dous anteriores anos, durante o 2023 o secretario xeral da Emigración volveu achegarse ata... Máis información
-
06Xaneiro2023Emigración destaca a importancia da comunidade de galegas e galegos retornados de Venezuela no documental “Galicia, un gran refugio para los venezolanos” de David Placer audio O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, participou no documental agradecendo a este colectivo o seu traballo en prol da dinamización da sociedade galega. Tamén quixo destacar o seu labor como promotoras e promotores da calidade de vida da comunidade autónoma. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no documental Galicia, un gran refugio para los venezolanos realizado polo xornalista David Placer e no que... Máis información
Páxinas |