Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
27Maio2023O secretario xeral da Emigración asiste á proxección de “As bestas” no Forum Audi de Ingolstadt, dentro do ciclo de cine no que colabora o Centro Español desta localidade audio O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á proxección do filme hispano-francés As bestas, invitado polo Centro Español de Ingolstadt, que colabora no ciclo audiovisual CinEscultura de Regensburg. O acto desenvolveuse no Forum Audi da localidade alemá, e no mesmo estiveron presentes o cónsul xeral de España en Múnic, Ángel Boixareu, o vicepresidente de Recursos Humanos de Audi AG, Xavier Ros, o director do ciclo,... Máis información
-
26Maio2023O secretario xeral da Emigración asistiu, invitado polo concello de Ingolstadt, á inauguración da Pfingstvolksfest na que participan os galegos e galegas desta localidade audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu, invitado polo concello de Ingolstadt á inauguración da Pfingstvolksfest (Festa de Pentecostés) na que tamén participan os galegos e galegas desta localidade. O responsable do departamento autonómico agradeceu a invitación ao alcalde, Cristian Scharpf, así como a boa acollida desta bonita e próspera cidade do estado de Baviera ás e aos galegos que residen nela. Trátase dun... Máis información
-
26Maio2023Miranda traslada ao cónsul xeral de España en Múnic os programas de apoio ás entidades galegas en Alemaña e os destinados ao impulso ao retorno audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul xeral de España en Múnic, Ángel Boixareu, no que se interesou pola situación da colectividade española e galega e lle trasladou os programas de apoio que destina a Xunta de Galicia para as entidades galegas en Alemaña así como os que se están a poñer en marcha para impulsar o retorno dos galegos e galegas do exterior. Antonio Rodríguez Miranda ofreceu a... Máis información
-
25Maio2023250 galegas e galegos retornados fórmanse para acceder a un posto de traballo por conta allea no programa de empregabilidade coordinado por Emigración e Ronsel audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nunha das actividades formativas que pon en marcha a Fundación Ronsel para axudar na inserción laboral e no coñecemento do mercado laboral galego para persoas galegas retornadas. O obxectivo é que estas persoas, moitas delas bolseiras BEME que están a estudar un máster nunha das tres universidades galegas, teñan máis sinxelo atopar un posto de traballo e adaptarse á... Máis información
-
25Maio2023O especial “Historias de ida e volta” de maio documenta a prensa da emigración galega audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. O especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, chega a maio documentando o labor editorial da prensa da... Máis información
-
24Maio2023Miranda recibe a André Pires, do Centro Galego de Lisboa, quen peregrinou case 1.400 quilómetros ata Santiago co obxectivo de dinamizar esta entidade como promotora do Camiño audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu, xunto á subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, a André Pires, vogal do Centro Galego de Lisboa, á súa chegada a Santiago de Compostela, tras peregrinar case 1.400 quilómetros a pé, co obxectivo de dinamizar esta entidade como Centro Promotor oficial do Camiño de Santiago. O directivo do centro galego de Portugal aproveitou o camiño... Máis información
-
24Maio2023O delegado da Xunta na Arxentina asistiu á celebración do centenario da Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas en Bos Aires audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu aos actos de celebración do centenario da Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas en Bos Aires, no que participaron numerosas e numerosos galegos e descendentes de galegas e galegos afincados na capital arxentina. Neste acto, López Dobarro agradeceu o labor desta entidade en prol de toda a colectividade galega en Bos Aires e, en especial da nosa cultura e, por suposto,... Máis información
-
24Maio2023A delegada da Xunta no Uruguai acompañou a andaina coa que se inaugurou a nova sinalización do Camiño de Santiago en Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou nun tramo da andaina organizada pola Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, dende a mouteira situado na planta José Añón da empresa de transporte Cutcsa ata a que se atopa instalado na Praza Galicia na Rambla de Montevideo, en total uns vinte e cinco quilómetros. O obxectivo desta iniciativa é seguir a promocionar o Camiño de Santiago no Uruguai. Esta actividade... Máis información
-
23Maio2023Emigración e Política Lingüística comparten unha visita á Cidade da Cultura con vinte mozos e mozas do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compartiron hoxe con vinte mozos e mozas pertencentes ao Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por Galicia e que, nestes días, permitiulles coñecer Santiago de Compostela, as Rías Altas e as Baixas. Deste xeito, esta visita... Máis información
-
23Maio2023As entidades galegas na Arxentina celebran o Día das Letras Galegas enxalzando a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego audio Os centros galegos da Arxentina desenvolveron nos últimos días diversos actos para enxalzar a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. O delegado da Xunta neste país, Alejandro López Dobarro, acompañou a algunhas destas entidades, destacando a importancia da colectividade para manter a cultura e a lingua galegas entre as e os galegos residentes no país do Cono Sur. Na... Máis información
Páxinas |