Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
30Setembro2023A Xunta recorda que o próximo martes, día 3 de outubro, remata o prazo para que a mocidade galega do exterior solicite as bolsas Retorna Talento FP audio A Xunta de Galicia recorda que o martes, día 3 de outubro, remata o prazo para que a mocidade do exterior poida solicitar algunha das 108 bolsas Retorna Talento FP co fin de realizar estudos de Formación Profesional que lles permitan mellorar a súa cualificación e volver á súa terra de orixe. Por primeira vez ofértanse neste marco prazas en ciclos de FP Dual, coa colaboración de 25 empresas, unha modalidade que favorece a inserción laboral das... Máis información
-
29Setembro2023Miranda destaca o esforzo da nova directiva do Centro Partido da Estrada de Bos Aires por revitalizar a asociación e potenciar as actividades a prol da colectividade audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con José Manuel Besteiro, presidente do Centro Cultural Partido da Estrada de Bos Aires, Arxentina. Durante esta reunión, o responsable deste departamento autonómico valorou moi positivamente o esforzo da nova directiva desta entidade por revitalizala, atraer ás e aos máis novos e potenciar as actividades a prol da colectividade galega na capital arxentina.... Máis información
-
28Setembro2023A Xunta implica ás empresas na orientación laboral de alumnas e alumnos BEME que apostan por quedarse en Galicia audio O secretario xeral da Emigración inaugurou unha mesa redonda de empresas na que a Fundación Ronsel achegou a experiencia de empresas de vangarda en Galicia a unha trintena de galegas e galegos do exterior para achegarlles técnicas e ferramentas na súa andaina empresarial e laboral. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou esta mañá a mesa redonda de empresas organizada pola Xunta de Galicia e pola Fundación Ronsel... Máis información
-
27Setembro2023O secretario xeral da Emigración recolle a admiración por Galicia das e dos membros do Centro Partido de Carballiño de Bos Aires que están a percorrer a comunidade audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegouse ata a Cidade da Cultura para manter un encontro co grupo de membros do Centro Partido de Carballiño de Bos Aires que estes días están a percorrer diversas localidades de Galicia. Durante o seu encontro, as e os membros deste centro galego da Arxentina trasladaron a súa admiración por Galicia ao secretario xeral e aseguraron que “é unha honra visitar as cidades e vilas onde... Máis información
-
26Setembro2023Miranda traslada ás e aos empresarios a oportunidade que supón para a competitividade de Galicia o retorno de profesionais de alta cualificación a través da Estratexia Galicia Retorna audio O secretario xeral da Emigración clausurou o Foro Retorno Emprego organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo para coñecer, da man da Fundación Nortempo, o programa Retorna Cualifica Emprego da Xunta de Galicia. Segundo lles trasladou Antonio Rodríguez Miranda, o emprego é imprescindible para asentar á poboación, e á vez, estas e estes galegos do exterior aportan unha experiencia única para favorecer a dinamización e... Máis información
-
26Setembro2023Escolma das imaxes da homenaxe ás entidades galegas do exterior centenarias durante a celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas celebrado en Ourense audio A Secretaría Xeral da Emigración publica as fotografías realizadas durante a entrega da homenaxe ás entidades galegas do exterior de máis de cen anos durante a celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas en Ourense. A Xunta de Galicia quixo destacar así o importante labor de preservación e divulgación da cultura e tradicións galegas que 19 delas veñen levando a cabo desde hai máis dun século. En concreto, entregóuselle unha placa... Máis información
-
25Setembro2023Emigración publica unha selección das fotografías do XIII Consello de Comunidades Galegas celebrado en Ourense audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha selección das mellores fotografías realizadas durante a celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas que se celebrou esta pasada fin de semana en Ourense. A Xunta de Galicia reuniu así a representantes de 80 entidades do exterior nun pleno que foi inaugurado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e no que se recoñeceu o importante labor de preservación e divulgación... Máis información
-
25Setembro2023Emigración lembra que o próximo venres, día 29, remata o prazo para solicitar as Axudas ao Retorno Emprendedor audio A historia da galega retornada do Brasil, a deseñadora Karol Farias, que publica hoxe a web GaliciaAberta, é un exemplo do apoio da Xunta ao regreso a Galicia para a posta en marcha dun negocio, no seu caso no concello de Lugo. As e os interesados poden informarse tamén a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno que existe en cada provincia. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que o próximo venres, 29 de setembro,... Máis información
-
24Setembro2023O XIII Consello de Comunidades Galegas avala o novo impulso das políticas pioneiras de retorno en Galicia audio Precisamente, en materia de retorno, apóstase por crear unha rede sólida para as e os retornados dende os propios países de orixe, así como instar ao Goberno do Estado a que facilite a adaptación da lexislación para superar os atrancos que se atopan as familias retornadas en relación a permisos de traballo, baixas consulares ou homologación de títulos, entre outros. No eido da galeguidade, o órgano aposta por potenciar o traballo conxunto das... Máis información
-
23Setembro2023Ángeles Vázquez pon en valor o papel das entidades galegas do exterior como a mellor representación da comunidade en todo o mundo audio A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, puxo en valor o papel das entidades galegas do exterior como a mellor representación da Comunidade en todo o mundo. Durante a súa intervención no acto de clausura do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, que tivo lugar en Ourense, a vicepresidenta segunda incidiu na importancia de garantir a permanencia dos centros galegos do exterior... Máis información
Páxinas |