Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
16Xullo2023Unha gala de exhibición mostra a formación das e dos participantes no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración en Ferrol audio No evento participaron o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, así como o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a delegada da Xunta, Martina Aneiros Barros. Medio centenar de galegas e galegos do exterior formáronse durante as pasadas semanas no Centro Superior de Hostalaría de Galicia para levar ás súas entidades de América e Europa os sons, os bailes e a restauración galega. O programa tivo como obxectivo dar... Máis información
-
15Xullo2023Emigración recibe ás e aos primeiros participantes no programa Conecta con Galicia audio Este programa, que se desenvolverá no albergue de Gandarío este verán, ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. Responsables da Secretaría Xeral da Emigración recibiron esta mañá no aeroporto de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro ao primeiro grupo de participantes do programa Conecta con Galicia que se volve desenvolver tras tres anos de suspensión por mor da pandemia. Este... Máis información
-
14Xullo2023Rueda destaca que a Xunta ofrecerá o vindeiro curso bolsas para cursar FP Dual a galegos do exterior co obxectivo de promover o seu retorno á comunidade audio Agradece ao alumnado participante que fixe a súa residencia na comunidade para “seguir construíndo a Galicia potente que impulsamos entre todos”. Resalta que favorecer o retorno de galegos do exterior é “unha aposta estratéxica” da Xunta. O reforzo das bolsas para cursar FP enmárcase na Estratexia Galicia Retorna que busca facilitar e promover o regreso de 30.000 galegos que viven fóra da comunidade ata 2026. O Goberno galego ofrece outras... Máis información
-
14Xullo2023O secretario xeral da Emigración destaca a importancia das entidades do exterior na transmisión da cultura galega no acto de clausura do programa Escolas Abertas audio Antonio Rodríguez Miranda entregou, na Escola Superior de Hostalería de Galicia, os diplomas ao medio centenar de participantes que recibiron, durante estas dúas pasadas semanas, formación especializada en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña galega. Durante estes días, as e os participantes, membros de entidades galegas de Europa e América, recibiron tamén a visita de recoñecidas e recoñecidos... Máis información
-
13Xullo2023Miranda e Merelles coñecen os obradoiros de cultura galega que están a realizar as e os participantes do programa Escolas Abertas no Centro Superior de Hostalería de Galicia audio O secretario xeral da Emigración e o director da Axencia Turismo de Galicia coñeceron ao medio centenar de galegas e galegos do exterior que están a recibir dende o pasado xoves día 6 formación especializada en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña galega. Durante estes días, as e os participantes, membros de entidades galegas de Europa e América, recibiron tamén a visita de recoñecidas e... Máis información
-
13Xullo2023A Delegación da Xunta no Uruguai mantén un encontro informativo cos rapaces e rapazas que van participar no programa de Emigración Conecta con Galicia audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, mantivo unha reunión informativa na sede do departamento autonómico en Montevideo coa ducia de galegas e galegos residentes neste país que participarán a partir do próximo día 15 de xullo no programa Conecta con Galicia que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. Esta iniciativa, tal e como explicou Elvira... Máis información
-
12Xullo2023Miranda traslada as políticas de emigración e a nova Estratexia Galicia Retorna á rede exterior de Abanca audio O secretario xeral da Emigración participou no Encontro que organizou esta entidade en Santiago de Compostela co equipo de non residentes. Durante a súa intervención, Rodríguez Miranda solicitou a colaboración das e dos responsables das distintas oficinas da rede exterior desta institución financeira para facer chegar aos galegos e galegas os programas de actuación da Xunta de Galicia que lles poidan beneficiar. O secretario xeral da... Máis información
-
12Xullo2023A Delegación da Xunta na Arxentina organiza unha charla informativa para as e os familiares dos rapaces e rapazas que van participar no programa de Emigración 'Conecta con Galicia' audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, presidiu a charla informativa que se ofreceu no salón Alhambra do Club Español de Bos Aires, á trintena de galegas e galegos residentes no país do Cono Sur que participarán a partir do próximo día 15 de xullo no programa 'Conecta con Galicia' que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. Esta iniciativa... Máis información
-
12Xullo2023Os alumnos e alumnas do programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración visitan obradoiros de especialistas en zocos e percusión tradicional audio Os alumnos do programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración visitaron nas últimas horas o taller de zocos de madeira Eferro e o de Sanín Percusion Tradicional, e recibiron formación específica no eido da gaita da man do músico Álvaro Costas, creador do espectáculo Mitic, e de baile co director de ‘Cantigas e Agarimos’, Pedro Brañas. Escolas Abertas, que conta cun total de 54 alumnos e alumnas, ten como obxectivo formar a membros... Máis información
-
11Xullo2023O Consello de Comunidades Galegas celebrarase en Ourense os días 22 e 23 de setembro audio O DOG publica a resolución pola que se convoca a este órgano representativo das e dos galegos do exterior a través das entidades galegas que teñen a condición de “comunidade galega” no Rexistro da Galeguidade. O XIII Pleno do Consello centrarase na análise de diversos relatorios dos eidos da galeguidade, a cultura, o ámbito social e o retorno. O día anterior reunirase a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para pechar o período... Máis información
Páxinas |