Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
17Agosto2023Emigración lembra que segue aberto o prazo para solicitar o programa “Reencontros con Galicia” para galegas e galegos do exterior residentes en América audio Ofértanse 119 prazas para galegas e galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de facilitar o seu contacto coa realidade galega e cos seus e as súas familiares en Galicia. As e os interesados teñen ata o 31 de agosto para presentar a súa solicitude. Esta iniciativa volve poñerse en marcha en colaboración coa Consellería de Política Social. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que segue aberto o prazo para solicitar a participación... Máis información
-
16Agosto2023Miranda recibe ao presidente do Centro Español Apostol Santiago de Liechtenstein con quen analizou as iniciativas que desenvolve a entidade na promoción da cultura galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá no seu despacho ao presidente do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein, Manuel Figueroa, con quen analizou a evolución das actividades que se están a realizar na entidade para a promoción da cultura galega así como as próximas iniciativas previstas para os últimos meses do ano. Con case 170 socios, o Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein... Máis información
-
15Agosto2023Emigración ofrece un vídeo resumo do programa Conecta con Galicia como homenaxe aos participantes audio A Secretaría Xeral da Emigración publica un vídeo dedicado aos 60 participantes no programa Conecta con Galicia que durante o mes de xullo e de agosto puideron coñecer a nosa comunidade autónoma a través desta iniciativa realizada en colaboración coa Consellería de Política Social. Estes mozos e mozas galegos residentes en Brasil, Venezuela, Suíza, Arxentina, Uruguai e México, distribuíronse en dúas quendas e participaron nas actividades de... Máis información
-
14Agosto2023Emigración lembra que segue aberto o prazo de solicitude das Axudas Extraordinarias ao Retorno audio Esta liña, que conta cun orzamento de 1,7M€, vai dirixida a que os retornados poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade. A axuda pódese solicitarse ata o próximo 29 de setembro. As persoas interesadas contan co apoio da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que segue aberta a convocatoria da liña de axudas extraordinarias para persoas emigrantes galegas... Máis información
-
12Agosto2023A emoción ante a Catedral de Santiago pon fin a experiencia dos mozos e mozas galegas do exterior que participaron no programa Conecta con Galicia de Emigración audio Coa emoción reflexada nos rostros dos preto de 30 mozos e mozas galegos do exterior que participaron na última quincena no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración ponse fin a dúas quendas de achegamento a realidade galega de rapaces entre 16 e 17 anos, residentes no exterior. Achegándose ata as diversas zonas máis emblemáticas de Galicia como a Ribeira Sacra, o parque das Illas Atlánticas ou o asentamento romano de Aquis... Máis información
-
11Agosto2023Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración rematan a súa estadía percorrendo o último tramo do Camiño Portugués a Santiago audio Este programa, que se desenvolveu en dúas quendas no albergue de Gandarío durante os meses de xullo e agosto, tivo coma obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. Os case 30 mozos e mozas galegos do exterior que participan no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración, remataron nas últimas horas a súa estadía na nosa comunidade autónoma percorrendo o último tramo do Camiño... Máis información
-
10Agosto2023Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas audio Este programa da Secretaría Xeral da Emigración, que ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual, remata hoxe coa realización dun tramo do Camiño de Santiago saíndo da Susana e entrando polo Camiño Portugués. Os case 30 mozos e mozas galegos do exterior da segunda quenda do programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración, están a rematar a súa estadía na nosa comunidade... Máis información
-
10Agosto2023Emigración publica a listaxe dos 250 mozos e mozas do exterior que cursarán cunha bolsa BEME un máster o próximo curso nas tres universidades galegas audio Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba, México, Alemaña e Reino Unido son os países cun maior número de beneficiarios, dos que 88 cursarán os seus estudos na USC, 82 na UVigo e 80 na UDC. A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe a listaxe dos 250 mozos e mozas do exterior que cursarán os seus mestrados nalgunha das tres universidades galegas grazas a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior-BEME, o programa da... Máis información
-
09Agosto2023A Xunta achega o Polo Aeroespacial de Galicia en Rozas (Castro de Rei - Lugo) e a Ribeira Sacra aos mozos e mozas da segunda quenda do programa Conecta con Galicia audio Os 30 mozos e mozas galegos do exterior da segunda quenda do programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración visitaron nas últimas horas o Polo Aeroespacial de Galicia en Rozas (Castro de Rei, Lugo) para achegarse ao mundo da innovación e a realidade empresarial galega e tamén puideron coñecer a beleza da Ribeira Sacra percorrendo os canóns do río Sil en catamarán. Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de... Máis información
-
08Agosto2023Emigración lembra que segue aberta a liña de axudas ao Retorno Emprendedor que facilita ata 10.000 euros para poñer en marcha un proxecto empresarial en Galicia audio A historia da galega retornada do Brasil, Eliana Ventura, que publica hoxe a web Galiciaaberta, é un exemplo do apoio da Xunta ao regreso a Galicia para a posta en marcha dun negocio nun concello rural, As Neves. Os interesados poden informarse tamén a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno que existe en cada provincia. A Secretaría Xeral da Emigración mantén aberta a convocatoria das axudas ao Retorno Emprendedor... Máis información
Páxinas |