Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
21Febreiro2022Miranda recibe en Santiago ao presidente do centro Airiños da nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet ao remate da súa peregrinación audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas, ante a catedral de Santiago de Compostela, ao presidente do Centro Cultural “Airiños da nosa Galicia” de Santa Coloma de Gramenet, ao remate da súa peregrinación polo Camiño dende Fisterra, que realizou en compañía de outros dous socios e socias da entidade. O secretario xeral agradeceu ao presidente da entidade, Xosé Canosa, así como ás e aos seus ... Máis información
-
21Febreiro2022A nova convocatoria das bolsas BEME continúa aberta ofrecendo 250 prazas para realizar un máster nunha universidade de Galicia a galegas e galegos do exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración recorda que continúa aberta a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que permite que mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria poidan optar a facer un máster o próximo curso nas universidades galegas. Aarón Navia, estudante bolseiro Beme da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo na actualidade, retornado de Ecuador, onde traballou como... Máis información
-
20Febreiro2022A Xunta abre o prazo de inscrición para os cursos preparatorios das probas Celga en lingua galega, aos que se poden sumar as e os galegos do exterior e os retornados audio Ofértanse un total de 35 cursos gratuítos, 27 deles en liña e oito presenciais repartidos nas catro provincias. A solicitude de inscrición realízase a través dunha plataforma dixital e de xeito completamente telemático. A Xunta de Galicia vén de lanzar a convocatoria para participar nos cursos gratuítos preparatorios das probas Celga de formación en lingua galega para os catro niveis establecidos e que, desta vez, volve combinar a preparación... Máis información
-
19Febreiro2022A Xunta abre o prazo das axudas para familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente audio O Goberno galego destina 50.000 euros a atender ás e aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica. O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ao longo deste ano, ata o próximo 15 de novembro. A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente. Deste xeito, o Goberno galego... Máis información
-
18Febreiro2022A Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno en Santiago atendeu a case 4.100 familias para facilitar a integración das e dos galegos retornados na súa contorna audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a oficina situada no edificio Xera, que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos e galegas do exterior en todo o seu proceso de retorno. Dende a súa creación, as cinco oficinas integrais de Retorno de Galicia atenderon preto de 30.000 consultas de todo tipo, dende económicas ata escolarización de menores, emprego ou autorización de residencia. O... Máis información
-
18Febreiro2022O especial “Historias de ida e volta” documenta en vinte imaxes o secuestro do transatlántico Santa María audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de febreiro do especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, documenta, nesta ocasión, o... Máis información
-
17Febreiro2022Emigración traslada ao persoal técnico das entidades as novas ordes de axudas sociais de carácter económico audio Esta reunión permite formar ao persoal técnico das oficinas de información coas que contan as entidades colaboradoras en Venezuela, Brasil, Cuba, así como o persoal técnico das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai de cara a que se poidan axilizar as solicitudes das persoas en grave risco social. A Xunta destina este ano a estas liñas de axudas 2,8M€. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na última... Máis información
-
16Febreiro2022Miranda destaca os máis de 15M€ de axudas económicas directas a persoas emigrantes e retornadas durante a pandemia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou hoxe na Comisión Primeira do Parlamento que o compromiso destinado ás accións e axudas ás comunidades galegas non supoñen un detrimento no apoio ás galegas e galegos do exterior máis desfavorecidos, senón ao contrario, xa que amplifican o apoio social ás persoas. Os programas de axudas económicas individuais superaron as 10.500 familias beneficiadas cada ano, ás que hai que... Máis información
-
15Febreiro2022Aberto o prazo para solicitar as Axudas Económicas Individuais para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade audio O Goberno galego publica hoxe no DOG esta convocatoria que destina 2,75M€ ás persoas en grave risco social. O prazo de solicitude rematará o próximo 29 de marzo. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas da Secretaría Xeral da Emigración para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade. A partida deste ano chega novamente ata os 2.750.000 euros. O obxectivo é paliar as necesidades básicas de... Máis información
-
14Febreiro2022Emigración colaborará con Fegaus para achegar temas de interese xeral sobre Galicia de xeito telemático aos galegos e galegas do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión cos representantes da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, Fegaus, cos que analizou a colaboración desta institución nun proxecto que permitirá acercar temas de interese xeral sobre a comunidade autónoma a tódolos galegos e galegas do exterior de xeito telemático. Deste xeito, esta proposta ten como obxectivo ser un fío condutor que axude... Máis información
Páxinas |