Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
27Abril2022Miranda inicia mañá unha viaxe a Panamá e México para pulsar a situación das e dos galegos residentes nestes países audio O secretario xeral da Emigración participará mañá na cea de gala da Fundación Nosa Terra que forma parte dos actos de homenaxe ás e aos galegos que participaron na construción da Canle de Panamá. Tamén visitará a Sociedad Española de La Chorrera e a Sociedad Española de Beneficencia, así como manterá reunións coas autoridades españolas no país. Antonio Rodríguez Miranda finalizará a súa viaxe en México, onde acudirá á maior celebración anual do... Máis información
-
26Abril2022Emigración e a Federación Venezolana de Galicia renovan o seu acordo de colaboración para manter as súas oficinas de información ás e aos retornados audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegáronse ata a sede desta entidade na cidade olívica para asinar un acordo de colaboración. Deste xeito, a Xunta colabora con 50.000 euros que permiten a esta federación manter a atención na súa sede en Vigo, en Lugo e tamén en Ourense, así como a súa oficina itinerante coa que aporta asesoramento ás galegas e... Máis información
-
25Abril2022Emigración destina 75.000€ ao Hogar Español de Montevideo para a atención social a galegas e galegos residentes no Uruguai audio Esta axuda ten como obxectivo colaborar no funcionamento desta entidade sen ánimo de lucro, que dispón de persoal especializado de cara a promover o benestar das persoas beneficiarias de orixe galega acollidas neste centro. A Secretaria Xeral da Emigración destina 75.000 euros para o Hogar Español de Montevideo, de cara a axudar na atención social das galegas e galegos residentes no Uruguai. Esta entidade sen ánimo de lucro, mantén un servizo... Máis información
-
24Abril2022“A Virxe Roxa”, segundo documental do Ciclo Mestre Mateo que volveu ás salas de proxección de seis centros galegos do exterior audio Seis centros galegos do exterior proxectaron esta fin de semana o documental A Virxe Roxa, dentro do Ciclo Mestre Mateo que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual. Este filme, precisamente, foi o gañador este ano na categoría de Mellor Documental dos premios do mesmo nome. O Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol, o Centro Gallego de Montevideo, o Centro Galego de Londres, a... Máis información
-
23Abril2022Emigración complementa os mecanismos de atención social ás e aos galegos do Uruguai cun novo acordo coa Española para a atención no ámbito sanitario audio Esta entidade, sen ánimo de lucro, ten como obxectivo socorrer aos seus asociados e asociadas no caso de enfermidade, e a Secretaría Xeral da Emigración apoiará este labor de atención sociosanitaria con 30.000 euros. Deste xeito, a Xunta continúa a apoiar ás e aos emigrantes galegos no Uruguai a través de programas de apoio económico en caso de situación precaria, como son as axudas económicas individuais e as axudas de emerxencia, así como a... Máis información
-
23Abril2022Emigración lembra ás e aos universitarios galegos do exterior que está a piques de rematar o prazo de presentación de solicitudes das bolsas BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración recorda as mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria que aínda están a tempo de solicitar unha Bolsa Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para cursar un máster o próximo curso nunha das universidades galegas. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 deste mes. No seguinte vídeo podemos ver a experiencia que viviu María Valverde, estudante bolseira BEME da Universidade... Máis información
-
22Abril2022Miranda recibe ao tesoureiro do Centro Espanhol de Santos, con quen analizou a situación das e dos galegos residentes nesta cidade brasileira audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao tesoureiro do Centro Espanhol e Repatriaçâo de Santos, Ricardo Álvarez, con quen analizou a situación actual dos galegos e galegas residentes nesta cidade brasileira. Ricardo Álvarez tamén foi presidente con anterioridade desta entidade, e actualmente compaxina o cargo co de vicepresidente da Asociación de Empresarios Galegos de São Paulo. En... Máis información
-
21Abril2022Emigración anima ás e aos galegos retornados a participar no curso de formación online gratuíto de empregabilidade #RetoEmprego30días audio A Secretaría Xeral da Emigración anima ás galegas e galegos retornados a participar no curso de formación online gratuíto #RetoEmprego30días, que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade a través de pequenos desafíos diarios de 15 minutos que axudarán ás e aos inscritos a estar máis preto do seu próximo emprego. O reto, organizado pola Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, comeza o próximo 1 de maio e centrarase en... Máis información
-
20Abril2022Miranda recibe ao novo cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao novo cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval, que ten como ámbito de actuación non só Galicia, senón tamén Asturias e Castela e León. Horacio Martín Doval asumiu recentemente este cargo relevando a Silvina Montenegro, quen estivo cinco anos á fronte do consulado na cidade olívica. O novo cónsul conta con máis de... Máis información
-
20Abril2022A Xunta pon en valor a progresiva recuperación da chegada de grupos de peregrinas e peregrinos audio A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu a case medio cento de peregrinas e peregrinos vinculados á Federación de Casas Regionales en Navarra. No que vai de ano seláronse case 25.400 Compostelas superando xa a cifra prevista para o remate desta Semana Santa. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu este sábado a un grupo de 44 persoas procedentes da Federación de Casas Regionales en Navarra, formado por... Máis información
Páxinas |