Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
03Maio2022Secundar a construción dun memorial aos galegos que traballaron na Canle e o apoio ás colectividades do exterior, eixos da viaxe de Emigración a Panamá e México audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo diversas reunións coas principais entidades galegas nestes dous países e asistiu á cea de gala organizada pola Fundación Nosa Terra, impulsora da posta en marcha da escultura que recordará aos 8.000 operarios galegos que a comezos do século XX colaboraron na construción da canle que une o Atlántico co Pacífico. A viaxe tamén permitiu manter encontros institucionais cos... Máis información
-
02Maio2022A Xunta destinará 14M€ a convocar novas unidades formativas en empresas para lograr a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas ata 2023 audio Primarase na contratación a inserción de persoas emigrantes retornadas, persoas con discapacidade, menores de 30 anos, paradas e parados de longa duración e vítimas de violencia de xénero. A Xunta destinará 14 M€ a convocar novas unidades formativas en empresas para lograr a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas ata 2023. Serán 3,5 millóns de euros máis que na anterior convocatoria que permitirán financiar 560 accións... Máis información
-
01Maio2022Emigración participa na primeira romaría, a “Jira Campestre”, do Centro Gallego de México celebrada trala pandemia da covid-19 audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, quixo así apoiar á comunidade galega neste país que conta cunha importante e puxante comunidade de empresarias e empresarios galegos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu na tarde de hoxe á primeira romaría, a “Jira Campestre”, que o Centro Gallego de México organiza trala pandemia da covid-19 e que se celebrou nas instalacións que esta... Máis información
-
30Abril2022Miranda mantivo un encontro coa directiva da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo durante a súa visita a Panamá un encontro coa directiva da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá. Deste xeito, Miranda interesouse pola situación desta entidade que data do 1885 e foi creada para axudar a todos os españois e españolas residentes en Panamá con necesidades sociais. Actualmente conta con uns 800 socios e socias e o seu labor céntrase na unión entre... Máis información
-
29Abril2022Miranda visitou a Sociedad Española de La Chorrera de Panamá, que conta con importantes lazos culturais con Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a súa viaxe a Panamá para visitar a Sociedad Española de La Chorrera, que conta con importantes lazos culturais con Galicia. Na visita, o secretario xeral estivo acompañado polo embaixador de España en Panamá, Francisco Javier Pagalday Gastelurrutia. Esta entidade conformouse no ano 1970 na cidade de La Chorrera co obxectivo de resgardar e potenciar as tradicións... Máis información
-
29Abril2022A Xunta apoia á Fundación Nosa Terra na homenaxe aos galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou durante o evento, no que estivo presente o presidente de Panamá, Laurentino Cortizo, que é “unha honra” que o país centroamericano conte cun memorial que recorde o labor daqueles 8.000 galegos, engadindo que esta iniciativa “é unha cuestión de xustiza”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu na noite de onte á cea de gala organizada pola... Máis información
-
28Abril2022Miranda avalía co embaixador de España en Panamá a situación da colectividade galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, mantivo nas últimas horas na Cidade de Panamá unha reunión co embaixador de España neste país, Francisco Javier Pagalday Gastelurrutia, con quen analizou a situación da colectividade galega tras estes dous últimos anos de pandemia. Na reunión, na que tamén estivo presente Gabriel Alou Forner, segunda xefatura da Embaixada, tamén se solicitou a colaboración desta representación... Máis información
-
28Abril2022Emigración explica o procedemento completo para solicitar unha bolsa BEME e lembra que mañá, venres 29 de abril, pecha a convocatoria audio A Secretaría Xeral da Emigración volve animar ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria a solicitar unha das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para cursar un máster o próximo curso nunha das universidades galegas, tendo en conta que en a nova convocatoria finaliza mañá, venres 29 de abril. A blogueira Adriana Lueiro explica, neste vídeo, cal é o procedemento que se debe seguir para a solicitude, a... Máis información
-
28Abril2022O especial “Historias de ida e volta” de abril céntrase na acción filantrópica do indiano José García Barbón audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de abril do especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, céntrase, nesta ocasión, na... Máis información
-
27Abril2022Miranda supervisa o programa de formación laboral complementaria para as e os bolseiros BEME realizada en colaboración coa Fundación Ronsel audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegouse ata a sede desta entidade en Santiago para supervisar o labor das e dos orientadores que están a ofrecer itinerarios personalizados ás e aos universitarios galegos do exterior que están a cursar un máster nalgunha das tres universidades de Galicia a través dunha das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior. A convocatoria destas bolsas mantense aberta ata o próximo venres, día... Máis información
Páxinas |