Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
03Abril2022A Xunta promove a inserción laboral de máis de 1.000 mulleres do rural cun novo programa de apoios ao emprego feminino en sectores con demanda ao que se poden acoller as galegas retornadas audio Cun investimento de 2,8 M€ incentivarase o deseño, por parte de concellos de menos de 5.000 habitantes e agrupacións de municipios, de programas integrados de emprego feminino que combinen orientación, formación e asesoramento laboral. O prazo para solicitar as axudas remata o próximo 14 de outubro. Capacitarase ás mulleres para a súa inserción laboral en sectores con demanda de profesionais como a economía verde e dixital. As participantes... Máis información
-
02Abril2022Emigración e a Consejería de Educación da Embaixada de España no Brasil informan aos galegos e galegas residentes nese país sobre a convocatoria das bolsas BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración participou nunha charla informativa organizada pola Consejería de Educación da Embaixada de España no Brasil sobre a nova convocatoria de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que continúa aberta e que ofrece 250 prazas para realizar másters aos galegos e galegas residentes no exterior nunha das tres universidades galegas. A subdirectora xeral do Retorno, Begoña Solís, xunto a dous ex bolseiros BEME... Máis información
-
01Abril2022Emigración traslada á Federación de Asociaciones Gallegas do Uruguai o compromiso de colaboración para a protección do patrimonio cultural de Casa de Galicia audio Antonio Rodríguez Miranda destacou, durante a súa reunión coa presidenta deste ente, que a Xunta de Galicia complementa os mecanismos do Estado español para garantir que ningunha e ningún galego sen recursos queda sen cobertura sociosanitaria no Uruguai. A Administración autonómica destinou medio millón de euros a mecanismos de apoio directo a galegas e galegos en situacións de dificultade económica así como a entidades galegas no Uruguai. En... Máis información
-
31Marzo2022A Xunta colabora coas asociacións de apoio a galegos retornados para o funcionamento das súas oficinas de información, asesoramento e formación audio A Secretaría Xeral da Emigración firmará así tres convenios por un montante total de 156.000 euros coa Federación Venezolana de Galicia, a Fundación Ronsel e a Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia. O Consello da Xunta autorizou hoxe a firma de tres convenios da Secretaría Xeral da Emigración con asociacións de apoio a galegos retornados para o mantemento de oficinas de información e asesoramento así como para programas formativos, co... Máis información
-
30Marzo2022Miranda traslada a experiencia da Estratexia Retorna da Xunta de Galicia aos asistentes ao Curso sobre a Diáspora Vasca que organiza a Universidade de Euskadi audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nas últimas horas no curso sobre a diáspora vasca que está a organizar a Universidade de Euskadi no que trasladou aos asistentes a experiencia da Estratexia Retorna da Xunta que ten coma obxectivo apoiar, asesorar e informar aos galegos do exterior no seu proceso de regreso a Galicia. Durante a súa intervención, Miranda recordou que esta estratexia foi pioneira en todo o... Máis información
-
29Marzo2022A Xunta continúa formando en habilidades para o emprego a cerca de 200 universitarios galegos retornados co obxectivo de fortalecer o seu futuro laboral en Galicia audio O programa, desenvolvido pola Consellería de Emprego e Igualdade en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, ofrece formación complementaria de carácter laboral aos beneficiarios da bolsa de Excelencia Mocidade Exterior Beme, de xeito que se lles acompañe no proceso de adaptación á sociedade galega aplicando as súas competitividades a un futuro emprego. A formación estará impartida por especialistas en recursos humanos e na... Máis información
-
29Marzo2022Emigración destina 1,7m€ as axudas extraordinarias para os galegos retornados que como novidade incluirá 500 euros para gastos derivados do acceso a unha vivenda audio Estas axudas, de carácter social, destínanse a gastos da unidade familiar derivados do retorno, cun especial apoio de ata 1.500 euros por fillo, así como tamén se valora o feito de residir nun concello rural. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a liña de axudas extraordinarias ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración para que contará cun crédito orzamentario de case 1,7 millóns de euros e que terá como obxectivo axudar a facer fronte... Máis información
-
28Marzo2022Emigración reúnese coa nova directiva da Asociación Cultural e Deportiva Tordoya de Suíza audio A subdirectora de Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, mantivo nas últimas horas unha reunión co novo presidente da Asociación Asociación Cultural e Deportiva Tordoya de Xenebra (Suiza) para coñecer as iniciativas que están a deseñar para os próximos meses. Emigración reiterou así o seu compromiso de colaboración con esta entidade. Esta asociación, que conta cun total de 144 socios dos cales 117 son galegos, ten coma finalidade a... Máis información
-
27Marzo2022Emigración asiste á Clausura da Semana sobre os Camiños de Santiago “Traxandaina” organizada pola Irmandade Galega na Suíza audio A subdirectora de Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, asistiu na tarde de onte, sábado, á clausura da Semana sobre os Camiños de Santiago organizada pola Irmandade Galega na Suíza en Xenebra e que tiña, como eixe central, a mostra sobre traxes realizada por “Traxandaina”. Esta acción cultural púidose desfrutar na sala comunale du Grand Lancy en Xenebra, Suíza. No acto estiveron tamén presentes a embaixadora de España en Berna, María... Máis información
-
27Marzo2022Éxito de público na estrea da primeira proxección do Ciclo Mestre Mateo nos oito centros galegos do exterior que colaboran con Emigración e a Academia Galega do Audiovisual audio Éxito de público na estrea da primeira proxección do ciclo Mestre Mateo en seis países distintos grazas a colaboración de oito centros galegos do exterior. O documental “O Gran Camiño” puido verse así no auditorio do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, no teatro do Centro Gallego de Montevideo, no gran salón da Hermandad Gallega de Venezuela, no Instituto Cañada Blanch-Centro Galego de Londres, no cine Babylon da man da... Máis información
Páxinas |