Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
14Xuño2022Miranda evidencia o esforzo de adaptación da Administración galega durante a pandemia para apoiar ás e aos cidadáns do exterior e reclama a mesma implicación do Estado audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Madrid ao Primeiro Pleno do VIII Mandato do Consejo General da Ciudadanía Española Exterior. O responsable do departamento autonómico recordou ao Goberno central que se debe dar celeridade ao desenvolvemento das medidas necesarias para unha eficaz aplicación dos cambios do voto exterior, a reforma en materia de nacionalidade, así como poñer en marcha políticas activas... Máis información
-
13Xuño2022Emigración convoca á Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 8 de xullo audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta reunión que se celebrará a véspera do Día da Galicia Exterior e que, por primeira vez en dous anos, poderá ser presencial. Analizaranse temas como a situación das Comunidades Galegas no mundo e a aplicación dos diversos programas sociais. Dende 2020 realizáronse cinco reunións da Comisión Delegada, todas elas, de xeito telemático. O Diario Oficial de Galicia fixo pública a convocatoria da Comisión... Máis información
-
12Xuño2022Miranda agradece ás entidades asistentes ao XXVII Día de Galicia en Castela e León o seu coidado pola cultura e a lingua galegas audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Burgos ao XXVII Día de Galicia en Castela e León, onde aproveitou para dar a benvida a Galicia a todas e todos os que queiran realizar o Camiño de Santiago dende esta comunidade aproveitando a celebración do Ano Santo Xacobeo e agradeceu ás entidades galegas o traballo a prol da cultura e lingua de Galicia. Ao acto asistiron, ademais do secretario xeral, numerosas e... Máis información
-
11Xuño2022Miranda asiste en Córdoba aos actos da XII Xuntanza de Centros Galegos en Andalucía, Estremadura e Ceuta audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Córdoba á XII Xuntanza de Centros Galegos en Andalucía, Estremadura e Ceuta, onde estiveron presentes máis de dous centenares de socias e socios das diferentes entidades, celebrando unha xornada de irmandamento na que se puido desfrutar de actuacións culturais e musicais galegas e coñecer o patrimonio artístico da cidade anfitrioa. Ao acto asistiu o alcalde de... Máis información
-
10Xuño2022Miranda e o seu homólogo da Junta de Andalucía recordan o labor decidido de ambas comunidades polo retorno das e dos seus cidadáns do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta tarde en Sevilla un encontro de traballo co secretario xeral de Acción Exterior da Junta de Andalucía, José Enrique Millo Rocher, co obxectivo de analizar as políticas de retorno aplicadas por ambas comunidades autónomas, recordando que tanto Galicia como Andalucía están a aplicar medidas decididas para que os seus cidadáns e cidadás residentes no exterior poidan optar... Máis información
-
09Xuño2022Miranda recibe ás autoridades do Goberno de Córdoba da Arxentina, dentro da rolda de contactos oficiais coas autoridades dos países con maior presenza galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede da Secretaría Xeral, aos representantes do Goberno da Provincia de Córdoba (Arxentina), dentro da rolda de contactos oficiais que está a levar a cabo coas distintas autoridades dos países que contan con maior presenza galega. No encontro estiveron presentes o secretario de Integración Regional do Goberno desta provincia, Jorge Luciano Montoya, e o subsecretario... Máis información
-
08Xuño2022Miranda informa ás entidades galegas do exterior sobre o programa de obradoiros que mantén aberta a súa convocatoria audio O secretario xeral da Emigración recordou que se mantén a modalidade presencial e telemática. O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufragará os gastos do profesorado e dos materiais. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, informou esta tarde ás diferentes entidades galegas do exterior, a través dunha reunión telemática, do novo programa de obradoiros destinado aos centros de España, Europa e América e que... Máis información
-
07Xuño2022As mulleres retornadas poderán incorporarse ao mercado de traballo a través do novo programa da Xunta dirixido ao rural e ao espazo urbano audio A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, compareceu en comisión parlamentaria para explicar as características principais da nova iniciativa autonómica de apoio á muller. A actuación, que conta cun orzamento de 2,8 millóns de euros, enmárcase no Plan Emprega Muller dotado con 35,8 millóns de euros para 2022. O programa busca incrementar a participación das mulleres na actividade económica en dous sectores... Máis información
-
06Xuño2022Miranda recibe ao director executivo da Fundación España Salud de Caracas coa que a Xunta colabora na atención socio sanitaria e domiciliaria a galegas e galegos residentes en Venezuela audio A Secretaría Xeral da Emigración acaba de firmar un acordo de colaboración con esta entidade que permitirá destinar 75.000 euros a sufragar os gastos xerados pola prestación de asistencia médica e farmacéutica, así como axuda a domicilio, aos galegos e galegas residentes neste país de máis de 65 anos que carezan dos medios económicos axeitados. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a Álvaro Gómez Rodríguez... Máis información
-
05Xuño2022Emigración comparte o podcast de EsGalicia sobre unha bolseira BEME e emprendedora retornada que conseguiu levar a súa marca de moda á Pasarela Cibeles audio A Secretaría Xeral da Emigración comparte o podcast da web EsGalicia que aporta a experiencia dunha galega retornada de Brasil que foi primeiro bolseira BEME e logo emprendedora retornada e conseguiu levar a súa marca de moda á Pasarela Cibeles. O podcast Orela de Laboratorio de Radio conta a historia de Karol Farías, transportándonos dende Salvador de Baía ata Galicia, nunha viaxe directa á moda e ás raíces. O programa radiofónico pódese... Máis información
Páxinas |