Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
19Maio2023Miranda saúda ás e aos case 100 emprendedores retornados que iniciaron o Programa Merlo de mentorización da man da Fundación Ronsel audio O secretario xeral da Emigración participou nas xornadas en liña que desenvolveu a entidade e que teñen como obxectivo aportar as ferramentas necesarias para que estas e estes empresarios retornados poñan en marcha iniciativas con proxección de futuro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ás sesións iniciais do Programa Merlo que desenvolve, de xeito telemático, a Fundación Ronsel e que teñen como obxectivo... Máis información
-
19Maio2023O Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Francisco Fernández del Riego audio O Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires celebrou o Día das Letras Galegas cunha homenaxe ao ensaísta e editor de Vilanova de Lourenzá, Francisco Fernández del Riego. Entre outras actividades, o alumnado levou a cabo unha lectura de textos alusivos e presentou un baile con voz en directo baseado na Muiñeira de Novoneyra. Bailes tradicionais, coro escolar e unha conferencia sobre a personalidade de Fernández del Riego da man do escritor... Máis información
-
18Maio2023Máis de 600 galegas e galegos universitarios do exterior interesáronse por conseguir unha bolsa BEME para estudar un mestrado en Galicia o próximo curso audio A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende 35 países de tódolos continentes. Arxentina dispara o número de galegas e galegos universitarios do exterior interesados nestas axudas, seguidos de Uruguai, Brasil, Venezuela, México, Cuba, Reino Unido, Alemaña, Francia e Portugal. Como curiosidade, presentáronse solicitudes dende Arabia Saudita, Suecia, Australia e Cabo Verde. A Secretaría Xeral da... Máis información
-
17Maio2023Miranda felicita a tódolos galegos e galegas do exterior o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita, dende Vigo, a tódolos galegos e galegas do exterior polo Día das Letras Galegas que este ano dedícanse a Francisco Fernández del Riego, agradecendo o labor de toda a colectividade galega fóra das nosas fronteiras polo traballo que realizan en prol da nosa cultura e, por suposto, da nosa lingua. Ademais, esta tarde, a partir das 20 horas (hora de España), as e os interesados... Máis información
-
16Maio2023Emigración e Xuventude poñen en marcha “Conecta co Camiño”, un programa destinado a que 60 mozos e mozas galegos do exterior percorran a ruta xacobea audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para persoas de entre 18 e 20 anos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O programa desenvolverase do 20 ao 31 de xullo e as e os participantes aloxaranse na residencia xuvenil Altamar de Vigo. As e os participantes percorrerán oito tramos a pé polo Camiño Portugués pola Costa ata Compostela, coñecendo aspectos da historia xacobea e do patrimonio... Máis información
-
15Maio2023Emigración celebra o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Francisco Fernández del Riego audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, ofrecerá o próximo 17 de maio unha felicitación co gallo deste día, destinada aos galegos e galegas do exterior. Pola tarde, a partir das 20 horas (hora de España), poderase desfrutar, a través das diferentes plataformas dixitais da Secretaría Xeral, a historia vital do escritor de Vilanova de Lourenzá ao que se dedica este día da didáctica man dos contacontos Polo Correo do Vento. A... Máis información
-
14Maio2023A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Ourense informa sobre a tramitación do permiso de residencia e a convalidación do carné de conducir audio A Secretaría Xeral da Emigración continúa achegando a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno para que os galegos e galegas do exterior que acaban de retornar ou que estean pensando en facelo coñezan o seu funcionamento e as ferramentas e información que lles pode aportar. Grazas á colaboración do programa Lembrando a Galicia da TVG, dende a Oficina de Retorno de Ourense apórtase, neste caso, a información relativa á... Máis información
-
13Maio2023Miranda destaca o labor dos centros galegos de Castela e León na promoción da cultura galega durante a celebración do Día de Galicia nesta comunidade autónoma audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Miranda de Ebro, Burgos, á celebración do Día de Galicia en Castela e León onde agradeceu ás entidades galegas o traballo en prol da cultura de Galicia e a promoción da lingua galega, así como o apoio e coidado dos galegos e galegas residentes nesta comunidade autónoma. Ao acto asistiron, ademais do secretario xeral e das autoridades locais, numerosas e numerosos... Máis información
-
12Maio2023Emigración inaugura en Lisboa o novo Ciclo Mestre Mateo que achega o cine feito en Galicia aos centros galegos do exterior da man da Academia Galega do Audiovisual audio Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende maio a novembro os mellores documentais e películas dos premios do cine galego do mesmo nome. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou, xunto ao director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño, e o presidente do Centro Galego de Lisboa, Jesús Luis Bescos, o ciclo de cine Mestre Mateo no edificio da entidade galega na... Máis información
-
11Maio2023Emigración e Fundación Ronsel colaborarán na formación para acadar a empregabilidade de máis de 300 galegas e galegos retornados, tanto por conta allea coma no autoemprego audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou hoxe, co representante da Fundación, Luis García Deber, o convenio que permite a posta en marcha do programa de apoio para emprendedoras e emprendedores retornados Merlo e para novos obradoiros, cursos e itinerarios individualizados de inserción laboral e coñecemento do mercado laboral galego. O acordo supón unha colaboración económica da Xunta de 200.000 euros. O secretario... Máis información
Páxinas |