Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
03Novembro2023Rueda destaca a importancia do acompañamento ao retornado a través de programas específicos de mentoring para favorecer o emprendemento en Galicia audio Subliña que o Goberno galego está ofrecendo ferramentas e instrumentos para que os emigrantes podan retornar a Galicia e emprender. Resalta o labor de orientación e acompañamento dos mentores e mentoras no camiño de emprendemento dos retornados. Galicia destinou máis de 4 millóns de euros ao Programa Retorno Emprendedor e subvencionáronse máis de 700 proxectos de galegos e galegas retornados de máis de 40 países. O presidente da Xunta, Alfonso... Máis información
-
02Novembro2023Miranda destaca a contribución das e dos cociñeiros galegos na proxección exterior de Galicia: “Sodes os nosos grandes embaixadores” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Ourense no acto de entrega dos Pratos de Ouro de Radio Turismo no 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na entrega dos Pratos de Ouro que Radio Turismo organizou en Xantar, no 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, destacando o labor da colectividade galega no... Máis información
-
01Novembro2023Dous centos de mozas e mozos bolseiros BEME comparten unha xornada formativa e de lecer que lles permitiu achegarse á realidade de Galicia audio Dous centenares dos novos alumnos e alumnas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior- BEME participaron nun encontro formativo e de lecer en Sigüeiro, durante o que recibiron a benvida do presidente da Xunta de Galicia en representación de toda a sociedade galega. A iniciativa, organizada pola Secretaría Xeral da Emigración e que contou coa colaboración da Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados (Ajerga), permitiu ás beneficiarias e ... Máis información
-
31Outubro2023Emigración expón a Estratexia Galicia Retorna recordando que Galicia é hoxe terra de oportunidades para os galegos e galegas do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao programa Café de Redacción de Telemiño en Ourense onde explicou, acompañado de Diana Pereda, técnica da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Ourense, e da emprendedora retornada Mariana Doldán, as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna que ten como obxectivo facilitar o regreso dos galegos e galegas do exterior e a súa adaptación á sociedade... Máis información
-
31Outubro2023Román Rodríguez anuncia que ‘A Santa’ de Asorey pode visitarse desde hoxe no Museo Zorrilla de Montevideo audio O traballo da Xunta para adquirir esta peza remata coa súa incorporación á colección permanente da antiga casa de veraneo do poeta José Luis Zorrilla e de San Martín. O acordo posibilita que, por primeira vez, a figura estea exposta ao público. “Estamos ante unha obra cargada de simbolismo que supuxo rachar con moitos estereotipos polo xeito de representar a muller galega”, destaca o conselleiro. “Gustaríanos moito que ‘A Santa’ se converta nun... Máis información
-
30Outubro2023Román Rodríguez anima aos galegos e galegas no exterior a retornar para estudar como xa fixeron 1.200 persoas audio O conselleiro de Educación presenta en Bos Aires e Montevideo as bolsas que a Xunta ofrece para cursar ensinanzas de FP e másteres universitarios. Avanza que o programa Retorna Talento FP recibiu un cento de solicitudes. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, anima aos galegos e galegas no exterior a volver a Galicia para estudar a través das posibilidades que ofrece a Estratexia Galicia Retorna, que inclúe... Máis información
-
30Outubro2023Román Rodríguez enxalza o traballo do Centro Cultural Partido de A Estrada a prol do fomento da cultura desde Arxentina audio O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades coñece a actividade deste grupo, acompañado polo seu director, Xosé Manuel Besteiro. O centro, que proxecta a tradición histórica do concello da Estrada cara ao exterior, celebra neste 2023 o seu 80º aniversario. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o Centro Cultural Partido de A Estrada de Bos Aires, para coñecer de preto o labor que realiza... Máis información
-
29Outubro2023Rueda salienta o reforzo da Xunta das medidas de apoio para facilitar o retorno dos galegos do exterior desde a mocidade ata a xubilación audio O presidente da Xunta participou nun encontro coa colectividade galega en Zürich. Resalta a ampliación dos servizos da oficina de asesoramento aos retornados cunha área de información tributaria para os que residen en Suíza e os que regresan a Galicia. Pon en valor os programas que ten en marcha o Goberno galego para mellorar a inserción laboral das persoas retornadas. Subliña as 358 bolsas que ofrece este ano a Xunta para que a mocidade do... Máis información
-
29Outubro2023Rueda destaca que a Estratexia Galicia Retorna inclúe un cento de medidas laborais, familiares e sociais para fomentar a volta de 30.000 galegos do exterior audio O presidente da Xunta inaugurou a sede do centro español Apóstolo Santiago en Liechtenstein. Lémbralle a este colectivo de emigrantes que teñen as portas de Galicia abertas. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que a Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 inclúe ata un cento de medidas laborais, familiares e sociais co obxectivo de fomentar a volta de 30.000 galegos e galegas do exterior nos vindeiros catro anos. Así o destacou o... Máis información
-
29Outubro2023Román Rodríguez celebra o espírito lalinense no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires audio O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades comparte en Arxentina a festividade da Virxe dos Dores, patroa do concello de Lalín. “O traballo feito por esta entidade é un motivo de orgullo para a comarca do Deza e para toda Galicia”, afirmou. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires, onde participou nos actos conmemorativos da festa de Nosa... Máis información
Páxinas |