Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
17Febreiro2023A figura de Castelao centra o acto do Centro Gallego de Montevideo ao que asistiu a delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto cultural organizado polo Centro Gallego de Montevideo centrado na figura de Castelao. Baixo o título Castelao, un galego universal, un cento de asistentes puideron coñecer algo máis da figura e da obra do insigne escritor, político e debuxante galego. No acto estivo presente o presidente do Centro Gallego de Montevideo, Ramón Lorenzo, tamén a presidenta da Federación de... Máis información
-
16Febreiro2023A Xunta destina 1,35M€ para axudar a que as entidades do exterior poidan continuar promocionando a cultura galega audio O Goberno galego publica hoxe no DOG esta convocatoria que apoia tamén accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude. Este ano auméntase a dotación co obxectivo de poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que contará cun crédito... Máis información
-
15Febreiro2023A Secretaría Xeral da Emigración e Casa de Galicia presentan, en Madrid, o libro “Arrieiros Somos” de Rubén Riós audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, presentaron esta tarde na capital de España o libro Arrieiros Somos do xornalista e actor Rubén Riós, inspirado nas vidas dos protagonistas da súa web homónima. O secretario xeral destacou a importancia de darlle voz “aos nosos maiores, en especial, a aqueles que viven no rural e que son a base da nosa sociedade”. O libro está... Máis información
-
15Febreiro2023Emigración recolle as impresións sobre o retorno das e dos bolseiros BEME que están a cursar un máster na Universidade de Vigo audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantiveron un encontro con estes alumnos e alumnas que se benefician dunha das liñas de apoio ao retorno que forman parte da Estratexia Galicia Retorna. Na UVIGO están a estudar, grazas a esta bolsa de excelencia académica, 96 galegas e galegos universitarios do exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda... Máis información
-
14Febreiro2023Miranda traslada no programa Bos Días da TVG a boa acollida entre a colectividade galega da Arxentina e do Uruguai das novas medidas que contempla a ERG2026 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou nas últimas horas, no programa Bos Días da TVG, a boa acollida entre a colectividade galega da Arxentina e do Uruguai das novas medidas que contempla a ERG2026, trala viaxe realizada a pasada semana a estes dous países onde residen case 223.000 galegas e galegos do exterior, máis do 40% do total. Durante a entrevista na Televisión de Galicia, Miranda lembrou que a nova... Máis información
-
14Febreiro2023A delegada da Xunta no Uruguai acompaña aos galegos e galegas do Centro Pontevedrés de Montevideo na celebración da súa romaría audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á romaría organizada polo Centro Pontevedrés de Montevideo acompañando a máis dun centenar de galegas e galegos socios desta entidade neste evento tradicional. Durante o mesmo, o Centro Pontevedrés ofreceu unha demostración da gastronomía galega como carne ao caldeiro, polbo á feira ou sardiñas asadas. A degustación correu a cargo de dúas cociñeiras do concello pontevedrés de Poio que... Máis información
-
13Febreiro2023Emigración convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 22 de febreiro audio O Diario Oficial de Galicia fixo pública a convocatoria da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 22 de febreiro, por vía telemática. Este encontro supón unha continuidade no traballo permanente de contacto coas comunidades galegas do exterior. O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da comunidade está conformado por doce entidades electas, catro representando ás e aos galegos... Máis información
-
13Febreiro2023Rueda anuncia unha relación de irmandade entre a Xunta e a provincia arxentina de Córdoba para a difusión e promoción da ruta xacobea e o Camino del Cura Brochero audio Trátase de dúas rutas de peregrinación nas que a natureza, a historia e a cultura son as protagonistas. O Camino del Cura Brochero percorre a provincia de Córdoba a través de 240 quilómetros que seguen os pasos do sacerdote José Gabriel del Rosario Brochero a finais do século XIX. Ambas institucións colaborarán para impulsar lazos de irmandade entre estas rutas e atraer máis turistas arxentinos e arxentinas a Galicia. O presidente da Xunta,... Máis información
-
12Febreiro2023A Xunta achegou a nova Estratexia Galicia Retorna 2026 á Arxentina e Uruguai, onde residen case 223.000 galegas e galegos do exterior, máis do 40% do total audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, levou a cabo dúas conferencias en ambos países para explicar as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Tamén participou na inauguración dunha exposición sobre o Camiño de Santiago en Córdoba e entregou os diplomas e compostelas aos galegos e galegas do Uruguai e A... Máis información
-
11Febreiro2023Miranda e o embaixador de España no Uruguai analizan as propostas de Galicia para impulsar o retorno da colectividade galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro en Montevideo co embaixador de España no Uruguai, Santiago Jiménez Martín, na que lle trasladou as propostas da Xunta de Galicia para o impulso do retorno da colectividade galega, repasando tamén a a situación da colectividade galega e en particular das entidades que as agrupan, e que desenvolven un importante labor cultural e social. O secretario xeral... Máis información
Páxinas |