Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
28Xullo2022Emigración lembra a importancia do investimento en Galicia das empresas de orixe galega nadas no exterior audio O secretario xeral participou na apertura do VIII Encontro Internacional de Empresarios Galegos na Illa da Toxa. Antonio Rodríguez Miranda destacou a gran iniciativa emprendedora que teñen as e os galegos retornados. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na apertura do VIII Encontro Internacional de Empresarios Galegos no ‘Eurostars Gran Hotel La Toja’ da Illa da Toxa (O Grove), organizado pola Asociación de... Máis información
-
27Xullo2022A Xunta crea un novo programa de bolsas para que a mocidade do exterior curse Formación Profesional de nivel básico en Galicia audio Destínanse 351.000 euros ao financiamento dun total de 54 bolsas. A través do programa 'Retorna Mocidade' o alumnado recibirá 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 22-23. Poderán cursar formación específica básica de Albanelaría e fontanaría no Centro Integrado de FP de Someso (A Coruña) e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións no Universidade laboral (Culleredo) e no... Máis información
-
26Xullo2022Representantes das entidades galegas do exterior participan na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo Día de Galicia audio Representantes de varias entidades galegas do exterior participaron onte na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo Día de Galicia que se desenvolveu no Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingos de Bonaval, onde tamén se atopan os restos de Castelao, trasladados dende Bos Aires en 1984. Nesta ocasión, o acto foi presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional... Máis información
-
25Xullo2022O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, felicita o Día de Galicia a todos os galegos e as galegas do exterior audio No gran día de Galicia, en honra a Santiago Apóstolo, Alfonso Rueda recordou que seguimos en Ano Santo, e que aínda quedan moitos meses para gozar co Camiño de Santiago. Deste xeito, anima a tódolos galegos e galegas do mundo a volver a súa terra, Galicia, e realizar esta viaxe por calquera das rutas existentes. Tamén manda un forte abrazo a todas e todos aqueles que traballan pola nosa colectividade en calquera recuncho do planeta. Máis información
-
25Xullo2022A Secretaría Xeral da Emigración felicita o 25 de xullo a toda a colectividade galega do mundo recordando os mellores momentos do VI Día da Galicia Exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración quere felicitar a tódolos galegos e galegas do mundo neste 25 de xullo, Día de Galicia, a través dun vídeo que rememora a exitosa celebración do VI Día da Galicia Exterior. O VI Día da Galicia Exterior reuniu a máis dun milleiro de galegas e galegos do exterior nas prazas históricas de Santiago de Compostela para celebrar xuntos este Ano Santo Xacobeo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda... Máis información
-
24Xullo2022Miranda anunciou ás e aos representantes do CRE de Montevideo a aposta da Xunta polo regreso a través da actualización e ampliación da Estratexia Galicia Retorna audio O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión cos e coas representantes do Consejo de Residentes Españoles da capital uruguaia recordando que se trata dunha iniciativa pioneira que está a ser recollida xa por varias comunidades autónomas e que agarda que sexa referencia tamén para o Estado central. Rodríguez Miranda recordou que o compromiso da Xunta é seguir a traballar para que se eliminen os obstáculos que xorden no proceso de... Máis información
-
23Xullo2022Miranda ratifica ante as entidades galegas de Montevideo o compromiso da Xunta coa colectividade galega a través do nomeamento da nova delegada da Xunta en Uruguai audio O secretario xeral da Emigración e Elvira Domínguez Alonso mantiveron un encontro coas e cos diversos representantes dos centros galegos en Montevideo. Miranda volveu insistir na necesidade da integración de institucións para adaptarse á realidade social do século XXI. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, celebrou en Montevideo unha reunión coas entidades galegas no Uruguai, na que aproveitou para presentar oficialmente... Máis información
-
23Xullo2022Miranda e o embaixador de España en Uruguai acompañan o avance no acordo para a profesionalización da xestión do Hogar Español por parte da mutua ‘La Española’ audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, mantivo onte en Montevideo unha reunión co embaixador de España en Uruguai, José Javier Gómez-Llera y García-Nava, na que estiveron presentes a nova delegada da Xunta neste país, Elvira Domínguez Alonso, e os representantes da mutua ‘La Española’ e o Hogar Español. Segundo trasladaron os responsables de ambas entidades, o obxectivo do acordo é profesionalizar a xestión do Hogar... Máis información
-
22Xullo2022Miranda trasladou ás e aos representantes do CRE de Bos Aires o apoio social realizado pola Xunta a prol da colectividade galega en Arxentina así como o labor pioneiro no eido do retorno audio O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión cos e coas representantes do Consejo de Residentes Españoles da capital arxentina con que tamén analizou outras cuestións de actualidade como a tramitación da nova lei electoral ou o compromiso de seguir a traballar pola modificación da lei da nacionalidade das e dos descendentes. Dende Emigración destacan que Arxentina segue a ser o país do mundo con maior número de galegas e galegos que... Máis información
-
22Xullo2022Rodríguez Miranda e Anxo M. Lorenzo asisten á inauguración da exposición “Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina” no Museo de Arte Español Enrique Larreta de Bos Aires audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e do delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu na tarde de onte á inauguración da exposición Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina, organizada polo Ministerio de Cultura da Cidade de Bos Aires e o Consello da Cultura Galega e presidida pola presidenta do Consello, Rosario Álvarez, e a directora... Máis información
Páxinas |