Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
23Outubro2023Emigración desenvolve unhas xornadas formativas para o persoal das delegacións da Xunta e as oficinas colaboradoras de atención social no exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu hoxe a primeira das xornadas formativas que, ao longo desta semana, se desenvolverán en Santiago de Compostela e nas que participa o persoal técnico das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai, así como das oficinas colaboradoras de atención social de Cuba e Venezuela. Ao longo destas xornadas traballarase sobre os programas destinados aos galegos e galegas do exterior... Máis información
-
22Outubro2023Máis tres centenares de galegas e galegos residentes en Suíza informáronse sobre temas tributarios a través das xornadas organizadas pola Xunta que remataron en Zürich audio A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), rematou hoxe en Zürich a rolda de sesións informativas que permitiu que case tres centenares de galegas e galegos residentes en Suíza se informaran acerca da situación tributaria en Galicia de cara a facilitar a posibilidade do seu retorno. O encontro de hoxe, no que participaron máis dun cento de galegas e galegos residentes en Zürich, celebrouse no... Máis información
-
21Outubro2023Rueda destaca o enorme talento e “valentía” das e os galegos do exterior que veñen a Galicia estudar un máster grazas ás bolsas BEME audio Salienta que a finalidade desta iniciativa é complementar a excelente formación que xa teñen e que aposten por desenvolver a súa carreira profesional e o seu proxecto vital na comunidade. A Xunta incrementa este curso a contía das axudas que oscilarán entre os 7.500 e 12.000 € en función da duración do mestrado e do continente de orixe do alumno ou alumna. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a boa acollida da que goza o programa... Máis información
-
21Outubro2023A segunda xornada informativa sobre temas tributarios que a Xunta organiza en Suíza responde as inquedanzas de preto dun cento de galegas e galegos de Berna audio Trala conferencia ofrecida onte en Xenebra, a Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), continuou en Berna, en concreto na Sala Punkt.Null, coas xornadas informativas que permiten achegar a situación tributaria en Galicia a aquelas e aqueles residentes en Suíza que desexen retornar. No encontro de hoxe participaron preto dun cento de residentes na capital suíza. As xornadas continuarán mañá,... Máis información
-
21Outubro2023A Xunta e as entidades galegas na Arxentina preparan os actos da Gran Romería Gallega que se desenvolverá en Bos Aires en novembro audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu á reunión preparatoria para a Gran Romería Gallega xunto ás e aos presidentes e representantes das institucións e entidades galegas na Arxentina, que se celebrou no Centro Lalín, Agolada y Silleda. O acto terá lugar o domingo 26 de novembro dende as 12 da mañá no Centro Galicia de Bos Aires. A Gran Romería Gallega contará con 300 artistas en escena e na mesma colaborarán máis... Máis información
-
20Outubro2023Galicia comparte con Asturias as políticas de retorno que facilitan o regreso das colectividades do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora xeral de Emigración e Políticas de Retorno do Goberno do Principado de Asturias, Olaya Gómez Romano, mantiveron hoxe un encontro no que se analizaron as iniciativas postas en marcha pola Xunta nos últimos anos para apoiar a volta das e dos galegos do exterior. Galicia conta cunha estratexia integral de apoio ao retorno, pioneira en España, que procura que 30.000 galegas... Máis información
-
20Outubro2023Medio centenar de galegas e galegos residentes en Xenebra asisten á primeira xornada informativa sobre temas tributarios que a Xunta organiza en Suíza audio A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) ofreceu hoxe en Xenebra a primeira das tres sesións informativas que desenvolverá en Suíza para achegar a situación tributaria en Galicia a aquelas e aqueles residentes en Suíza que desexen retornar. O encontro de hoxe celebrouse no local de A Nosa Galiza, e ao mesmo asistiron medio centenar de galegas e galegos residentes nesta localidade suíza. As... Máis información
-
20Outubro2023Conclúen os obradoiros de baile e música organizados pola Xunta de Galicia nos centros galegos de Montevideo, Uruguai audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu á clausura dos obradoiros de baile e música organizados pola Xunta de Galicia nas entidades galegas de Montevideo: Centro Gallego, Unión Hijos de Morgadanes, Centro Valle Miñor, Centro Pontevedrés, Alma Gallega e A Casa de Galicia. Elvira Domínguez agradeceu á profesora que impartiu os cursos, May de la Peña Costas, a súa profesionalidade e o talento e cariño co que impartiu... Máis información
-
19Outubro2023O expresidente do Centro Gallego de Mar del Plata traslada ao secretario xeral da Emigración o interese da colectividade na Arxentina polas medidas de retorno postas en marcha pola Xunta audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co expresidente do Centro Gallego de Mar del Plata, Francisco Solla, quen lle trasladou o interese da colectividade galega na Arxentina polas medidas de retorno postas en marcha pola Xunta. Pola súa banda, Rodríguez Miranda destacou o labor que Solla desenvolveu durante anos á fronte desta entidade que conta, dende 2004, cun centro de día co obxectivo de promover o apoio... Máis información
-
19Outubro2023O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na inauguración da mostra que conecta a ruta xacobea e o Camino de Brochero en Paraná (Entre Ríos) audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu en Paraná, Entre Ríos, á inauguración da mostra que conecta os itinerarios da Ruta Xacobea a Santiago de Compostela e o Camino del Cura Brochero e que se pode ver na Catedral metropolitana e na Municipalidade desta localidade. A actividade concrétase no marco dunha iniciativa que promove a integración de ambas rutas a través de políticas culturais e turísticas. A mostra foi... Máis información
Páxinas |