Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
08Xuño2023Emigración recorda que mantén aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor a través da historia persoal dunha parella de retornados procedentes da Illa Reunión audio A Secretaria Xeral da Emigración lembra, grazas á historia persoal dunha parella de retornados procedentes da Illa Reunión (Francia), German Ricoy e María Eiriz, que as e os interesados en solicitar a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor teñen aínda ata o próximo 29 de setembro para presentar a súa solicitude. Estas axudas aportan un apoio económico de entre 6.000 e 10.000 euros aos galegos e galegas que regresaron á súa terra de orixe para... Máis información
-
07Xuño2023Emigración apoia ao Centro Gallego de Mar del Plata con 10.000 euros destinados a manter a atención social a galegas e galegos residentes nesta localidade arxentina audio Esta axuda ten como obxectivo colaborar no funcionamento do centro de día desta entidade sen ánimo de lucro que asiste anualmente a unha quincena de galegas e galegos. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 10.000 euros para a o Centro Gallego de Mar del Plata, co obxectivo de apoiar a atención social das e dos galegos residentes nesta localidade arxentina. Na cidade de Mar del Plata reside unha... Máis información
-
06Xuño2023As entidades galegas en España celebran o Día das Letras Galegas con coloquios, concertos e exposicións sobre a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego audio Os centros galegos situados nas distintas comunidades autónomas de España desenvolveron ao longo do mes de maio diversos actos para enxalzar a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego , a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. As entidades desenvolveron diferentes coloquios, concertos, conferencias, exposicións e charlas relativas á figura do homenaxeado este ano. Deste xeito, o Centro Gallego de Santander ofreceu... Máis información
-
05Xuño2023Emigración publica a relación de persoas propostas do programa Escolas Abertas que se desenvolverá en Santiago de Compostela o próximo mes de xullo audio Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega e confección de traxes tradicionais. En total, participarán membros de 56 entidades galegas do exterior, 44 de América e outras 12 de Europa e España. A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a relación de persoas propostas para participar no programa de Escolas Abertas na súa edición do... Máis información
Páxinas |