Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
22Agosto2023Galicia e Castela e León actualizan as súas accións conxuntas de apoio ás e aos cidadáns do exterior e ao retorno audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o seu homólogo na Junta de Castilla y León, Fernando Rubio, mantiveron unha reunión de traballo para analizar cuestións como a promoción do Camiño de Santiago a través dos centros do exterior e o apoio aos cidadáns e cidadás de ambas comunidades residentes noutro país. A maiores, o director xeral de Acción Exterior do Goberno castelan e leonés tamén se mostrou interesado polo... Máis información
-
21Agosto2023Miranda recibe á presidenta do Lar Galego de Pamplona salientando un importante impulso pola cultura e gastronomía galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a María Jesús Rodríguez, presidenta do Lar Galego de Pamplona, con quen fixo balance das actividades realizadas por esta entidade durante o presente ano. Miranda salientou o traballo realizado pola cultura galega pero, nesta ocasión, quixo destacar o impulso que o restaurante “La lonja del Lar Gallego”, recentemente instalado na sede do centro, outorgou á promoción e... Máis información
-
19Agosto2023A Xunta abre o prazo para que a mocidade galega do exterior solicite as bolsas Retorna Talento FP audio Convócanse 108 axudas, en dúas modalidades, dirixidas a facilitar que estas e estes rapaces melloren a súa cualificación e poidan volver á súa terra de orixe. Por primeira vez ofértanse 60 prazas en ciclos de FP Dual, coa colaboración de 25 empresas, unha modalidade que favorece a inserción laboral dos titulados e tituladas. O Goberno galego destina case 1M€ a esta iniciativa, que se enmarca na Estratexia Galicia Retorna. O prazo de presentación... Máis información
-
17Agosto2023Emigración lembra que segue aberto o prazo para solicitar o programa “Reencontros con Galicia” para galegas e galegos do exterior residentes en América audio Ofértanse 119 prazas para galegas e galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de facilitar o seu contacto coa realidade galega e cos seus e as súas familiares en Galicia. As e os interesados teñen ata o 31 de agosto para presentar a súa solicitude. Esta iniciativa volve poñerse en marcha en colaboración coa Consellería de Política Social. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que segue aberto o prazo para solicitar a participación... Máis información
-
16Agosto2023Miranda recibe ao presidente do Centro Español Apostol Santiago de Liechtenstein con quen analizou as iniciativas que desenvolve a entidade na promoción da cultura galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá no seu despacho ao presidente do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein, Manuel Figueroa, con quen analizou a evolución das actividades que se están a realizar na entidade para a promoción da cultura galega así como as próximas iniciativas previstas para os últimos meses do ano. Con case 170 socios, o Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein... Máis información
-
15Agosto2023Emigración ofrece un vídeo resumo do programa Conecta con Galicia como homenaxe aos participantes audio A Secretaría Xeral da Emigración publica un vídeo dedicado aos 60 participantes no programa Conecta con Galicia que durante o mes de xullo e de agosto puideron coñecer a nosa comunidade autónoma a través desta iniciativa realizada en colaboración coa Consellería de Política Social. Estes mozos e mozas galegos residentes en Brasil, Venezuela, Suíza, Arxentina, Uruguai e México, distribuíronse en dúas quendas e participaron nas actividades de... Máis información
-
14Agosto2023Emigración lembra que segue aberto o prazo de solicitude das Axudas Extraordinarias ao Retorno audio Esta liña, que conta cun orzamento de 1,7M€, vai dirixida a que os retornados poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade. A axuda pódese solicitarse ata o próximo 29 de setembro. As persoas interesadas contan co apoio da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que segue aberta a convocatoria da liña de axudas extraordinarias para persoas emigrantes galegas... Máis información
-
12Agosto2023A emoción ante a Catedral de Santiago pon fin a experiencia dos mozos e mozas galegas do exterior que participaron no programa Conecta con Galicia de Emigración audio Coa emoción reflexada nos rostros dos preto de 30 mozos e mozas galegos do exterior que participaron na última quincena no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración ponse fin a dúas quendas de achegamento a realidade galega de rapaces entre 16 e 17 anos, residentes no exterior. Achegándose ata as diversas zonas máis emblemáticas de Galicia como a Ribeira Sacra, o parque das Illas Atlánticas ou o asentamento romano de Aquis... Máis información
-
11Agosto2023Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración rematan a súa estadía percorrendo o último tramo do Camiño Portugués a Santiago audio Este programa, que se desenvolveu en dúas quendas no albergue de Gandarío durante os meses de xullo e agosto, tivo coma obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. Os case 30 mozos e mozas galegos do exterior que participan no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración, remataron nas últimas horas a súa estadía na nosa comunidade autónoma percorrendo o último tramo do Camiño... Máis información
-
10Agosto2023Os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen a beleza natural do Parque das Illas Atlánticas audio Este programa da Secretaría Xeral da Emigración, que ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual, remata hoxe coa realización dun tramo do Camiño de Santiago saíndo da Susana e entrando polo Camiño Portugués. Os case 30 mozos e mozas galegos do exterior da segunda quenda do programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración, están a rematar a súa estadía na nosa comunidade... Máis información
Páxinas |