Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
04Outubro2022Miranda analiza coa Presidenta do CRE de Nova York a situación da colectividade española residente neste área dos Estados Unidos audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión coa presidenta do CRE de Nova York, Raquel Hornero, durante a visita realizada á Casa de Galicia desta cidade co gallo da celebración do seu 82 aniversario. Durante esta reunión, ambos responsables institucionais analizaron a situación da colectividade española neste área de Estados Unidos, as súas necesidades e as súas demandas sociais e culturais. Máis información
-
03Outubro2022O BOE publica o fin do voto rogado que se esixía aos españoles residentes no Estranxeiro dende 2011 audio A reforma permite descargar papeletas, habilita máis centros para votar en urna e da máis tempo de votación e para o reconto. O Boletín Oficial del Estado (BOE) publicou hoxe a reforma da Lei de Réxime Electoral Xeral que pon fin ao voto que desde fai mais de dez anos esixíase aos electores residentes no estranxeiro. No seu lugar, o texto incorpora unha serie de medidas destinadas a facilitar a participación dos votantes do exterior. Deste... Máis información
-
03Outubro2022A Xunta amplía ata o 24 de outubro o prazo para que a Mocidade do Exterior solicite as Bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico audio Trátase do programa ‘Retorna Mocidade’, do que poderán beneficiarse 54 mozos que recibirán unha bolsa 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 22-23. Cursarán formación específica básica de Albañilería e fontanaría no Centro Integrado de FP de Someso (A Coruña) e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións no Universidade laboral (Culleredo) e no Ferrolterra (Ferrol). Tal e... Máis información
-
03Outubro2022Miranda retoma o contacto cos Centros Galegos de Estados Unidos en Nova York de cara a coñecer os seus proxectos e actividades futuras audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos centros galegos da área de Nova York de cara a retomar o contacto tras os anos de parón pola pandemia, e coñecer os seus proxectos e actividades futuras. Na reunión estiveron presentes os representantes do Centro Ourensano Social Club, da Casa de Galicia de Nova York, o Centro Español de Queens, da Peña Gallega-Club España de Newark e da... Máis información
-
02Outubro2022Miranda destaca o labor de promoción da cultura galega en USA da Casa Galicia de Nova York durante os actos de conmemoración do seu 82 Aniversario audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte aos actos de conmemoración do 82 aniversario da Casa Galicia de Unidad Gallega de Nova York, destacando o labor que este centro ven desenvolvendo dende a súa creación para a promoción da lingua e a cultura galega. Esta entidade galega naceu en 1940, pouco antes de que Castelao, primeiro socio de honra deste centro, marchara para Bos Aires. Conta con máis de mil socios ... Máis información
-
01Outubro2022Miranda visita o histórico Centro Español “La Nacional” de Nova York, que conta cun gran número de socios galegos audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a histórico centro español “La Nacional” de Nova York onde mantivo un encontro cos seus responsables, destacando a importancia desta entidade que conta cun gran número de socios galegos. Dende a súa fundación en 1868, o obxectivo principal desta entidade foi promover, fomentar e difundir o espírito de solidariedade entre españoles e hispanoamericanos residentes nos Estados... Máis información
-
30Setembro2022Miranda inicia hoxe unha viaxe a Nova York para recuperar o contacto presencial cos galegos residentes na Costa Este de USA audio O secretario xeral da Emigración participará mañá na cea de gala do 82 aniversario da Casa de Galicia nesta cidade. Tamén manterá varias reunións cos representantes dos centros galegos situados nos estados de Nova Jersey e Nova York. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou hoxe unha viaxe a costa este de Estados Unidos para recuperar o contacto presencial cos galegos residentes nos estados de Nova Jersey e Nova York... Máis información
-
30Setembro2022O Secretario Xeral da Emigración explica no xornal Galicia no Mundo os principais cambios no proceso de voto dende o Exterior audio O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou a través do portal web do xornal Galicia no Mundo o novo sistema de votación trala reforma da Lei Electoral que suprime o voto rogado e que foi aprobada a semana pasada por unanimidade no Senado. A maoires, o responsable do departamento autonómico tamén valorou de forma moi positiva estes cambios que a Xunta de Galicia apoiaba abertamente e a colectividade exterior levaba... Máis información
-
29Setembro2022Miranda asiste á Conferencia, organizada pola Embaixada da República de Panamá e a Fundación Nosa Terra, sobre os galegos que participaron na construción da Canle Interoceánico audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe a conferencia “De Galicia a Panamá: los gallegos en la construcción del canal interoceánico” que organizou a Embaixada da República de Panamá e a Fundación Nosa Terra na Casa América en Madrid. A Fundación Nosa Terra, colaboradora do evento, naceu co propósito de renderlle un homenaxe aos mais de 8.000 galegos que participaron na construción do Canle de Panamá no ano... Máis información
-
28Setembro2022Miranda recibe aos representantes do Centro Gallego de Rosario de Arxentina destacando o importante impulso que supón a mocidade para esta entidade audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe aos representantes do Centro Gallego de Rosario en Arxentina, co seu vicepresidente, Leandro Barba Palacios, ao fronte. Durante o encontro, o responsable do departamento autonómico destacou a importancia e o impulso que supón a mocidade para esta entidade. Rodríguez Miranda destacou que a Secretaría Xeral da Emigración continuará a apoiar a este centro nas súas... Máis información
Páxinas |