Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
06Xullo2023As e os participantes no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración inician a súa formación no Centro Superior de Hostalería de Galicia audio Esta mañá tivo lugar a inauguración deste programa que ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña nos centros galegos do exterior. Durante unha semana, as e os participantes recibirán tamén a visita de recoñecidas e recoñecidos músicos e cociñeiros, iniciando esta tarde a primeira master class o músico Abraham... Máis información
-
05Xullo2023Miranda recibe ás e aos participantes no programa Escolas Abertas que comeza mañá xoves no Centro Superior de Hostalería de Galicia audio Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña galega. Durante unha semana, as e os participantes, membros de entidades galegas de Europa e América, recibirán tamén a visita de recoñecidas e recoñecidos músicos e cociñeiros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta... Máis información
-
04Xullo2023A colectividade galega e a Delegación da Xunta no Uruguai celebraron o día de San Xoán con diferentes encontros sociais e culturais audio A Delegación da Xunta no Uruguai participou nas diferentes actividades organizadas co gallo do Día de San Xoán polas entidades galegas neste país do Cono Sur. A delegada, Elvira Domínguez, puido asistir a varias delas para mostrar o apoio da Xunta ao labor en prol da cultura galega destes centros. Entre outras entidades, celebráronse encontros con numerosa asistencia no Centro Gallego de Montevideo, no Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega... Máis información
-
03Xullo2023Miranda agradece o traballo en prol da colectividade galega en Mar del Plata (Arxentina) ao Centro Gallego no seu 71º aniversario audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte ao 71º aniversario do Centro Gallego de Mar del Plata, felicitando aos seus socios e socias e simpatizantes polo traballo realizado ao longo de todos estes anos en prol da colectividade galega nesta cidade arxentina. No acto, no que Rodríguez Miranda asinou no libro de honra da institución, estiveron tamén presentes o intendente de Mar del Plata, Guillermo Montenegro, e o... Máis información
-
02Xullo2023Miranda asiste á Gala do Mes de Galicia que organiza o Centro Galicia de Bos Aires audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte á Gala do Mes de Galicia que organizou o Centro Galicia de Bos Aires na sala Valle Inclán da capital arxentina. No acto estivo tamén presente o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro. A festa, en homenaxe a Galicia, contou coa participación das escolas deste centro así como das agrupacións do Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires. As escolas de Música... Máis información
-
02Xullo2023Miranda analiza coas entidades galegas en Bos Aires o traballo realizado nos últimos meses en prol da colectividade audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos centros galegos de Arxentina aos que agradeceu, xunto á Delegación da Xunta en Bos Aires, a atención prestada ás e aos residentes no país así como o traballo en prol da difusión da nosa cultura. Aproveitou o encontro para pedir a colaboración das entidades na difusión das diferentes liñas de apoio ao retorno que está a desenvolver a Xunta de Galicia e que xorden dun acompañamento integral... Máis información
-
01Xullo2023Miranda mantén un encontro coas e cos directivos da Casa de España en Río de Xaneiro, aos que agradeceu a colaboración para a atención social dos galegos e galegas residentes nesta localidade brasileira audio A Secretaría Xeral da Emigración destina 25.000 euros a esta entidade co obxectivo de apoiar a súa oficina de información e asesoramento así como o seu centro de día para maiores. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantivo nas últimas horas un encontro cos e coas representantes da Casa de España en Río de Xaneiro, Brasil, no que lles... Máis información
-
30Xuño2023Rueda destaca o “Novo Rexurdimento” dunha Galicia que recibe coas portas abertas a todos os que queiran visitar, vivir ou investir nela audio Incide en que a Estratexia Galicia Retorna é unha aposta de país, dirixida a facilitar o regreso dos galegos e galegas no exterior, que está a ser un auténtico referente para outras comunidades de España. Salienta a “Galicia potente” que é quen de acumular unha vintena de proxectos industriais con enorme capacidade tractora e superar as previsións de crecemento económico. O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou este venres o... Máis información
-
30Xuño2023Miranda visita a Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro dedicada á atención socio asistencial das e dos maiores galegos audio A Secretaría Xeral da Emigración vén de destinar 20.000 euros, a través dun acordo de colaboración, a esta entidade co obxectivo de contribuír na mellora do benestar social e da calidade de vida dos galegos e galegas con dificultades económicas residentes nesta cidade. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, visitou hoxe a Associação... Máis información
-
30Xuño2023Remata a primeira parte do Ciclo Mestre Mateo, que achegou o cine galego ata oito centros do exterior en España, Europa e América audio Os centros galegos do exterior que participan no Ciclo Mestre Mateo de 2023 proxectaron, durante os pasados dous meses, catro producións audiovisuais galegas (dúas películas e dous documentais), dentro do Ciclo Mestre Mateo que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual. Esta iniciativa permitiu achegar, con éxito de asistencia, o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas dos Premios... Máis información
Páxinas |