Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
20Agosto2022Miranda destaca a universalidade de Galicia representada nos galardoados co trofeo “Galeguidade no Mundo” da Enxebre Orde da Vieira audio O secretario xeral da Emigración fixo entrega deste galardón ao programa Luar, ao Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia e a Asociación de Antigos Tunos Composteláns e Amigos da Casa da Troya. A entidade, que conta con máis de 1.100 cabaleiros e donas españois repartidos en máis de 30 países do mundo, celebrou o seu Capítulo Xubilar na capela real do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
-
19Agosto2022Galicia e Castela e León poñen en marcha proxectos conxuntos de apoio aos cidadáns e cidadás do exterior e ás e aos retornados audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Acción Exterior en Castela e León, Fernando Rubio Ballestero, mantiveron unha reunión na que se abordaron cuestións como a colaboración conxunta de entidades de ambas comunidades no exterior, a ampliación das liñas de apoio aos cidadáns e cidadás do exterior e a potenciación do ámbito virtual para dinamizar os centros e ofrecer máis e mellor... Máis información
-
18Agosto2022Miranda analiza co vicepresidente do Centro Español del Perú a situación da comunidade galega neste país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao vicepresidente do Centro Español del Perú, Gustavo Pacheco, con quen analizou a situación da colectividade española neste país americano, e en concreto, da comunidade galega. O obxectivo do encontro foi coñecer as necesidades deste colectivo para continuar a apoiar a quen se atopa nunha situación máis complexa, así como continuar a promocionar e... Máis información
-
17Agosto2022Arxentina, Uruguai, Venezuela, Reino Unido e Portugal, principais países das e dos beneficiarios das bolsas BEME para o curso académico 2022/23 audio Arxentina, Venezuela e Uruguai, seguidos de Brasil, Reino Unido e Portugal, son os principais países de procedencia dos beneficiarios e beneficiarias da nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME. En total, 102 alumnas e alumnos accederon á Universidade de Vigo, 80 á Universidade de Santiago e 59 á Universidade de A Coruña. Este programa da Secretaría Xeral da Emigración facilita o acceso a un máster dunha das tres... Máis información
-
17Agosto2022A Xunta de Galicia convoca por primeira vez apoios para pemes e autónomas e autónomos que conxugan axudas directas e préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos audio O prazo de solicitude da nova convocatoria do programa Galicia Inviste, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, está aberto ata o 30 de setembro. As e os emprendedores galegos retornados interesados poden acceder tamén a esta liña de axudas. Entre os grandes eixes de actuación destaca a liña que facilita investimentos específicos en maquinaria. A súa posta en marcha vén acompañada dunha maior... Máis información
-
16Agosto2022Emigración entregou diplomas acreditativos de participación a todas as agrupacións culturais das entidades que participaron no VI Día da Galicia Exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha galería de fotos da entrega de diplomas pola participación no VI Día da Galicia Exterior ás distintas entidades galegas do exterior que se desenvolveu o pasado 9 de xullo no parque da Alameda de Santiago de Compostela. Esta actividade, e o posterior concerto de Susana Seivane, puxo punto e final a unha memorable xornada que reuniu a máis de 1.000 galegas e galegos chegados de diferentes países do... Máis información
-
15Agosto2022Emigración felicita á iniciativa da Asociación Galega “Residentes de Mos” na promoción do Camiño de Santiago en Bos Aires audio A Secretaría Xeral da Emigración quere felicitar á iniciativa da Asociación Galega Residentes de Mos, localizada en Bos Aires, pola promoción do Camiño de Santiago, o Camiño Xacobeo “mosense”, a través da gravación dun vídeo percorrendo os principais lugares con representación galega da capital arxentina. Deste xeito, a actividade dividiuse en dúas rutas: o Camiño Sur, dende a sede da propia entidade, e o Camiño Norte, iniciándose no Centro... Máis información
-
14Agosto2022Emigración concedeu 274 subvencións para Proxectos Culturais e de Funcionamento de Entidades Galegas do Exterior audio Este programa contou cun orzamento de 1,54M€ destinados a gastos de funcionamento, proxectos culturais da xuventude e accións de promoción do Ano Santo Xacobeo. As solicitudes corresponden a centros galegos de 14 países de todo o mundo, así como de 10 comunidades autónomas españolas. A Secretaría Xeral da Emigración aprobou a concesión de 274 solicitudes de entidades galegas do exterior para a realización de proxectos culturais, accións de... Máis información
-
14Agosto2022Miranda destacou o compromiso de Ernesto Lagarón Vidal “Pola súa terra, a súa cultura e a súa xente” no Acto Homenaxe que lle organizou o Concello de A Fonsagrada audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte ao acto homenaxe ao fonsagradino Ernesto Lagarón Vidal organizado polo Concello con motivo da XXIII Mostra Folclórica. O secretario destacou o “compromiso pola súa terra, a súa cultura e a súa xente” do homenaxeado. Ernesto Lagarón Vidal é unha das figuras máis importantes da emigración galega en Cataluña. Con só 16 anos emigrou a Barcelona e, dende ese momento,... Máis información
-
13Agosto2022Emigración recorda aos emprendedores retornados que desexen por en marcha unha nova iniciativa empresarial que continúa aberta a Liña de Axudas ao Retorno Emprendedor audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento dos retornados que ofrece un apoio económico inicial para os galegos que, coma María Loira, regresaron a súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio. Como novidade, recordar que este ano a cantidade máxima de... Máis información
Páxinas |