Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
15Xuño2023Emigración colabora coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba con 65.000€ para o mantemento da Oficina social de información e asesoramento da Habana audio Esta axuda ten como obxectivo reforzar o funcionamento desta oficina que permite axilizar as axudas de atención social aos galegos e galegas residentes neste país e coordinar o resto de puntos de asesoramento situados noutras provincias cubanas. A Secretaría Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 65.000 euros para a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba de cara a manter a Oficina de Información situada na Habana... Máis información
-
14Xuño2023Emigración publica a listaxe provisional das e dos admitidos e excluídos no programa Conecta con Galicia audio Este programa ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. Desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío entre os meses de xullo e agosto, e as e os participantes realizarán actividades de ocio e deporte, visitas culturais e tamén coñecerán empresas galegas punteiras. A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a listaxe provisional das e dos admitidos e excluídos no programa... Máis información
-
13Xuño2023Rueda avanza que o Goberno galego facilitará e ampliará as modalidades de formación para a mocidade exterior audio Salienta as vantaxes dunha nova modalidade de FP Dual a distancia que permitirá facer parte da formación no país de orixe. Anima ás novas xeracións de galegos no exterior a quedar na terra dos avós: “Aquí tedes un futuro e vós sodes unha parte moi importante dese futuro”, subliñou. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanza que o Goberno galego facilitará e ampliará as modalidades de formación para a mocidade exterior. O titular do Executivo... Máis información
-
12Xuño2023Miranda salienta na Habana que o programa Retorna Cualifica Emprego é “o pulo definitivo para facilitar o regreso dos galegos do exterior” audio O secretario xeral da Emigración explicou, da man da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou a nova Estratexia Galicia Retorna 2026 (ERG2026) na Habana, da man da Federación de Sociedades... Máis información
-
11Xuño2023Emigración mantén a súa colaboración con entidades galegas do Uruguai para a atención social a galegos e galegas con dificultades vitais audio Destínanse un total de 105.000 euros para a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo e para o Hogar Español. Estas aportacións ecónomicas teñen como obxectivo facilitar a prestación de asistencia á colectividade galega residente neste país con dependencia, avanzada idade ou baixos ingresos económicos. A Secretaría Xeral da Emigración ratificou a súa colaboración coas entidades galegas do Uruguai que traballan en prol da... Máis información
-
10Xuño2023Rueda enxalza as oportunidades que ofrece Galicia para captar, reter e aumentar talento investigador audio Destaca a consolidación de cinco novas prazas de persoal investigador, a Estratexia RIS3 de Galicia e o futuro decreto das carreiras investigadoras como ferramentas para facer da Comunidade un referente no eido da ciencia. Salienta os bos resultados en materia investigadora en Galicia, pero anima “a non conformarse” e a “seguir medrando” para cimentar a marca Galicia de I+D+i. Trátase dunha das cen medidas que conforman a Estratexia Galicia... Máis información
-
09Xuño2023Os galegos emprendedores German Ricoy e María Eiriz responden ás preguntas máis habituais á hora de decidir retornar e poñer en marcha a súa iniciativa en Galicia audio Os emprendedores galegos Germán Ricoy e María Eiriz, retornados da Illa Reunión (Francia), responden ás preguntas máis habituais ás que se enfrontan aquelas e aqueles membros da colectividade que deciden regresar a Galicia e poñer en marcha unha iniciativa empresarial. A Secretaria Xeral da Emigración lembra que os interesados e interesadas en retornar contan cun apoio do Goberno galego de entre 6.000 e 10.000 euros para comezar coa súa nova... Máis información
-
08Xuño2023Emigración recorda que mantén aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor a través da historia persoal dunha parella de retornados procedentes da Illa Reunión audio A Secretaria Xeral da Emigración lembra, grazas á historia persoal dunha parella de retornados procedentes da Illa Reunión (Francia), German Ricoy e María Eiriz, que as e os interesados en solicitar a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor teñen aínda ata o próximo 29 de setembro para presentar a súa solicitude. Estas axudas aportan un apoio económico de entre 6.000 e 10.000 euros aos galegos e galegas que regresaron á súa terra de orixe para... Máis información
-
07Xuño2023Emigración apoia ao Centro Gallego de Mar del Plata con 10.000 euros destinados a manter a atención social a galegas e galegos residentes nesta localidade arxentina audio Esta axuda ten como obxectivo colaborar no funcionamento do centro de día desta entidade sen ánimo de lucro que asiste anualmente a unha quincena de galegas e galegos. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 10.000 euros para a o Centro Gallego de Mar del Plata, co obxectivo de apoiar a atención social das e dos galegos residentes nesta localidade arxentina. Na cidade de Mar del Plata reside unha... Máis información
-
06Xuño2023As entidades galegas en España celebran o Día das Letras Galegas con coloquios, concertos e exposicións sobre a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego audio Os centros galegos situados nas distintas comunidades autónomas de España desenvolveron ao longo do mes de maio diversos actos para enxalzar a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego , a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. As entidades desenvolveron diferentes coloquios, concertos, conferencias, exposicións e charlas relativas á figura do homenaxeado este ano. Deste xeito, o Centro Gallego de Santander ofreceu... Máis información
Páxinas |