Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
22Xuño2023Emigración publica a listaxe provisional das e dos admitidos e excluídos no programa Conecta co Camiño audio A iniciativa destínase a persoas de entre 18 e 20 anos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O programa desenvolverase do 20 ao 31 de xullo e os participantes aloxaranse na residencia xuvenil Altamar de Vigo. As e os participantes percorrerán oito tramos a pé polos Camiños Portugués pola Costa ata Compostela, coñecendo aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. A Secretaría Xeral da... Máis información
-
22Xuño2023O especial “Historias de ida e volta” documenta as accións filantrópicas dos indianos mariñaos audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. O especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, chega a xuño documentando as accións filantrópicas dos... Máis información
-
21Xuño2023Miranda agradece ás representantes da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá o labor de apoio social e cultural desta entidade coa colectividade galega audio O secretario xeral da Emigración interesouse tamén pola situación da comunidade galega neste país onde residen máis de 4.000 persoas de orixe galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo, no día de hoxe, unha reunión con Ana Maria Pérez e Rosa Prieto, representantes da xunta directiva da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá, na que o responsable autonómico agradeceu o labor de apoio social e cultural desta... Máis información
-
20Xuño2023Emigración renova a colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA) co obxectivo de continuar a facilitar a integración das e dos bolseiros BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración destina 15.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior. Mantense así un acordo que permite, dende 2019, facilitar a integración laboral e social dos... Máis información
-
20Xuño2023Emigración apoia o compromiso do Festival Internacional Rebulir 2023 co recoñecemento ás accións culturais das entidades galegas do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladoulle ao director do Festival Internacional Rebulir 2023, Alexandre Sotelino Losada, o apoio do departamento autonómico a este evento que, como cada ano, desenvolverase no concello de Ramirás, en Ourense, polo recoñecemento que realiza ás accións culturais das entidades galegas do exterior. O XVII Festival Internacional Rebulir é unha das citas do almanaque lúdico-cultural de... Máis información
-
19Xuño2023A Xunta salienta os lazos de amizade secular co Uruguai e aposta por reforzar a colaboración en eidos estratéxicos audio O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu á celebración da Festa Nacional organizada polo Consulado Xeral do Uruguai en Compostela. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na celebración da Festa Nacional do Uruguai, onde destacou os lazos de amizade secular con este país e apostou por reforzar a colaboración en eidos socioeconómicos... Máis información
-
18Xuño2023Miranda e Alén asisten á homenaxe a José Antonio Viñas no Festival Internacional Caravan, destacando a súa figura como colaborador esencial na divulgación da cultura galega no eido da emigración audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiron na tarde de onte aos actos en homenaxe a José Antonio Viñas, fundador da Asociación Cultural Queixumes dos Pinos, que se desenvolveron no IGF Caravan Festival Internacional 2023 en O Pereiro de Aguiar. Miranda destacou a súa figura como colaborador esencial no eido da emigración, pola difusión constante da nosa cultura entre a... Máis información
-
18Xuño2023Emigración publica unha selección das fotografías do acto de entrega dos diplomas ás bolseiras e bolseiros beneficiarios da 6ª edición das BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha selección das mellores fotografías realizadas durante o acto de entrega dos diplomas da concesión ás bolseiras e bolseiros beneficiarios da sexta promoción das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior-BEME. O acto celebrouse o pasado 13 de xuño no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. As imaxes pódense ver nesta ligazón. Máis información
-
17Xuño2023Emigración homenaxea aos alumnos e alumnas das seis promocións das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, BEME, cun vídeo no que agradece a súa aposta por Galicia audio A Secretaría Xeral da Emigración publica un vídeo homenaxe a todos os bolseiros e bolseiras das seis promocións das Bolsas Excelencia Xuventude Exterior-BEME, co que quere agradecer a súa aposta por formar parte da sociedade galega e apostar así, en moitos casos, polo retorno definitivo. O acto entrega de diplomas ás e aos beneficiarios das Bolsas BEME 2022-2023 celebrouse o pasado 13 de xuño no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, presidido... Máis información
-
16Xuño2023Miranda e o directivo do Centro Galego de Lucerna, Carlos Canosa, analizan a actividade desta entidade na promoción da cultura galega en Suíza audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a Carlos Canosa, expresidente e actual directivo do Centro Galego de Lucerna, con quen analizou as iniciativas que se están a desenvolver ao longo deste ano neste centro galego de Suíza, así como as iniciativas que teñen previsto levar a cabo ao longo do resto do ano para a promoción da cultura galega entre os cidadáns e cidadás desta localidade. Miranda e... Máis información
Páxinas |