Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
26Xullo2023Representantes das entidades galegas do exterior participan na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo Día de Galicia audio Representantes de varias entidades galegas do exterior participaron onte na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo día de Galicia que se desenvolveu no Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingos de Bonaval, onde tamén se atopan os restos de Castelao, trasladados dende Bos Aires en 1984. Nesta ocasión, o acto foi presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices. A... Máis información
-
26Xullo2023Emigración publica o listado provisional de adxudicación dos obradoiros de cultura galega para entidades do exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe na súa páxina web o listado provisional de adxudicación dos obradoiros de cultura galega destinados a entidades do exterior. O programa conta cun orzamento de 150.000 euros e permitirá sufragar os gastos de contratación e desprazamento do profesorado e materiais de formación. As entidades encargaranse, pola súa banda, das instalacións onde se impartan os cursos e dos gastos de estadía e manutención... Máis información
-
26Xullo2023A Xunta reforza a colaboración coas sociedades Rosalía de Castro en Brasil para mellorar a atención nos seus centros de día audio Asinou dous protocolos de colaboración cos centros de día destas entidades, por un valor de 10.000 euros cada un, para garantir a súa calidade de atención. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, iniciou onte a súa viaxe institucional por América Latina, coincidindo co Día de Galicia. Neste primeiro día, visitou os dous centros de día de atención a maiores das... Máis información
-
25Xullo2023O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, felicita o Día de Galicia a todos os galegos e galegas do exterior audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, conmemora o 25 de xullo, Día de Galicia, con todos os galegos e galegas do exterior. No gran día de Galicia, en honra a Santiago Apóstolo, Alfonso Rueda recordou que a Xunta seguirá a acompañar á colectividade galega estea onde estea, mandando unha forte aperta a todas e todos aqueles que traballan pola nosa colectividade en calquera recuncho do planeta. Destacou, ademais, a... Máis información
-
25Xullo2023Antonio Rodríguez Miranda desexa aos galegos e galegas do exterior un feliz Día de Galicia recordando a unión entre a colectividade presente en todo o mundo audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita, a través dun vídeo, o 25 de xullo, Día de Galicia, a todos os galegos e galegas do exterior, recordándolles a unión entre a colectividade presente en todo o mundo. Dende as beiras do río Miño, como símbolo unificador de Galicia, o secretario xeral da Emigración recordou que hai moito que celebrar este ano, en especial, coa recuperación de tódolos programas postos en marcha... Máis información
-
24Xullo2023Intervención do presidente da Xunta de Galicia no acto de entrega das Medallas de Ouro de Galicia 2023 audio Señor presidente do Parlamento de Galicia, Señora Alcaldesa de Santiago de Compostela, Señor Delegado do Goberno en Galicia, Señor Xeneral Xefe do Mando de Apoio á Manobra, Señor Arcebispo de Santiago de Compostela, Vicepresidente primeiro, vicepresidenta segunda e restantes membros do Goberno de Galicia, Vicepresidenta primeira da mesa do Parlamento de Galicia e restantes membros da mesa do Parlamento, Parlamentarios do Parlamento de... Máis información
-
24Xullo2023Miranda e o presidente de 'As Xeitosiñas' de Zürich manteñen unha reunión centrada na realidade da colectividade e dos centros galegos en Suíza audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao presidente da Asociación Cultural ASC ‘As Xeitosiñas’ de Zürich, José Gil, con quen analizou os proxectos de futuro para esta entidade de Suíza así como a realidade da colectividade e dos centros galegos neste país centroeuropeo. Durante a reunión, Miranda trasladoulle ao representante desta entidade o compromiso da Xunta cos galegos e galegas en Suíza de cara a sacar... Máis información
-
23Xullo2023Emigración ofrece un vídeo resumo das Escolas Abertas 2023 como homenaxe ás e aos participantes, mestres e coordinadores do programa audio A Secretaría Xeral da Emigración quere agradecer a todas e todos os participantes no programa Escolas Abertas así como a mestres e coordinadores o intenso traballo realizado durante as dúas semanas que permitiron que medio cento de galegas e galegos do exterior, membros das entidades galegas de dez países de Europa e América, recibiran formación no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, en Santiago de Compostela, en actividades de cultura... Máis información
-
22Xullo2023Rueda percorre un treito do Camiño Portugués pola Costa acompañado de mozos galegos do exterior que participan no programa 'Conecta co Camiño' audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, percorreu esta mañá un treito do Camiño Portugués pola Costa acompañado de mozos galegos do exterior que están a participar nas actividades do programa Conecta co Camiño. Nesta iniciativa, que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, están a participar 50 mozos e mozas de entre 18 e 20 anos procedentes de países como A Arxentina, Brasil, Cuba... Máis información
-
21Xullo2023Miranda participa na apertura dunha xornada de formación para a integración laboral por conta allea para as galegas e galegos retornados audio O secretario xeral da Emigración asistiu a unha sesión de apoio na obtención de ferramentas para a busca efectiva de emprego organizada pola Fundación Ronsel. Participaron tanto retornadas e retornados de orixe galega que queren atopar un posto de traballo por conta allea coma empresas dedicadas aos recursos humanos, finanzas, investigación, sustentabilidade, ventas e innovación. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, foi... Máis información
Páxinas |