Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
04Xuño2022Galegas e galegos do Uruguai percorreron os dez quilómetros que separan as dúas mouteiras do Camiño de Santiago que existen en Montevideo audio Galegas e galegos do Uruguai percorreron esta pasada fin de semana os dez quilómetros que separan as dúas mouteiras da ruta xacobea que existen en Montevideo e que conectan a empresa Cutcsa coa praza de Galicia na Rambla. O obxectivo desta iniciativa, posta en marcha pola Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, foi promover o Camiño de Santiago e o Ano Santo Xacobeo que estamos a vivir. Esta entidade leva tempo traballando para... Máis información
-
03Xuño2022Emigración destina 10.000€ ao Centro Gallego de Mar del Plata para a atención social a galegas e galegos residentes nesta localidade arxentina audio Esta axuda ten como obxectivo colaborar no funcionamento do centro de día desta entidade sen ánimo de lucro que asiste anualmente a unha quincena de galegas e galegos. A Secretaría Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 10.000 euros para o Centro Gallego de Mar del Plata, de cara a axudar na atención social das e dos galegos residentes nesta localidade arxentina. Esta entidade sen ánimo de lucro creou en 2004 un... Máis información
-
02Xuño2022Miranda destaca a figura de Enrique Santín como o espírito integrador que permitiu conxugar o mellor de Galicia e Madrid audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte á tarde ao funeral na memoria de Enrique Santín, primeiro presidente da Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid, falecido este ano, e que se celebrou na cripta da Catedral da Almudena, onde tamén se homenaxeou a todos os confrades da Orde da Vieira residentes en Madrid que faleceron dende o 2020. O secretario xeral agradeceu o labor de Enrique Santín ao longo da súa... Máis información
-
01Xuño2022Emigración convoca os obradoiros para entidades galegas do exterior con opción presencial e telemática audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para a posta en marcha de talleres de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega. O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufragará os gastos de contratación do profesorado e materiais de formación. O prazo de solicitude de iniciativas remata o próximo 1 de xullo. O Diario Oficial de Galicia fixo pública hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da... Máis información
-
31Maio2022Miranda recibe a representantes da Fundación Nosa Terra para analizar os avances no memorial que recordará o labor dos máis de 10.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe no seu despacho a Ricardo Zanetti e a Dorinda Cortizo, fundadores da Fundación Nosa Terra de Panamá, con quen analizou os avances na execución do memorial que recordará o labor dos máis de 10.000 galegos que participaron na construción da Canle que permite a conexión entre o Atlántico e o Pacífico. A idea de construción deste memorial chegou da man da Fundación Nosa... Máis información
-
30Maio2022Emigración apoiará a difusión da cultura galega a través do Festival Internacional Rebulir 2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao director do Festival Internacional Rebulir 2022, Alexandre Sotelino Losada, a quen lle reafirmou a súa aposta pola divulgación da cultura galega tanto dentro como fóra das nosas fronteiras a través deste evento que se celebra, como cada ano, no concello de Ramirás, en Ourense. O XVI Festival Internacional Rebulir consolidouse como unha das... Máis información
-
29Maio2022“A poeta analfabeta”, terceiro documental do Ciclo Mestre Mateo nos centros galegos do exterior audio Oito centros galegos do exterior proxectaron ao longo deste mes o documental A poeta analfabeta, dentro do Ciclo Mestre Mateo que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual. O Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Gallego de Madrid, o Centro Galego de Londres, a Asociación Cultural Galega ‘De Berlín Son’, o Lar... Máis información
-
28Maio2022Miranda participa nos actos do Día das Letras Galegas organizados por FAGAMA na Casa de Galicia en Madrid audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu o labor das entidades galegas do exterior en prol do galego e recordou que “é grazas a ese esforzo e amor pola lingua propia que a nosa cultura pervive entre as novas xeracións que xa naceron lonxe de Galicia”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe aos actos organizados pola Federación de Asociaciones Galegas de Madrid (FAGAMA) co gallo do... Máis información
-
27Maio2022Miranda recibe a insignia de honra da Asociación Banda de Música e Investigación Albedro de Madrid audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a insignia de honra da Asociación Banda de Música e Investigación Albedro de Madrid pola súa traxectoria á fronte da institución autonómica. Posteriormente, o secretario xeral puido desfrutar da actuación da banda coa que conta esta agrupación, Lume de Biqueira, no distrito da Latina da capital de España. Cabe destacar que Lume de Biqueira naceu co obxectivo de ensinar e... Máis información
-
27Maio2022O especial “Historias de ida e volta” de maio achega a literatura galega da posguerra en América audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de maio do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, céntrase, nesta ocasión, na... Máis información
Páxinas |