Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
15Xaneiro2022Emigración recuperou en 2021 os obradoiros presenciais de cultura galega en 36 entidades do exterior, nos que participaron case 1.000 alumnas e alumnos audio O departamento autonómico destinou 150.000 euros a poñer en marcha talleres de formación en folclore, cociña e artesanía entre os galegos e galegas do exterior. A Secretaría Xeral da Emigración recuperou en 2021 as actividades formativas para os galegos e galegas do exterior en colaboración con 36 centros, tanto de Europa como de América, impulsando a realización de obradoiros de promoción e apoio á cultura galega en diversas entidades. Esta... Máis información
-
14Xaneiro2022Emigración facilitou o achegamento a Galicia para case 200 galegas e galegos do exterior en 2021 coa colaboración con máis de 50 centros audio O departamento autonómico volveu a achegar a galegas e galegos do exterior a Galicia en programas de lecer de cara á promoción do Ano Santo. A Secretaría Xeral da Emigración recuperou en 2021 as actividades de lecer para os galegos e galegas do exterior en colaboración con máis de 50 centros, tanto de España como de Europa, desenvolvendo proxectos de achegamento a Galicia como foron os Conecta e Reencontros co Xacobeo, desenvolvidos en outubro... Máis información
-
13Xaneiro2022Emigración axudou a 456 familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente e extraordinaria por mor da covid audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que as familias que recibiron estas axudas residen en 8 países distintos, dobrando en número aos beneficiarios e beneficiarias de 2020. En 2021 destináronse a estas axudas case 350.000 euros nun ano no que continuou presente a pandemia e, polo tanto, o agravamento da situación socioeconómica en moitos países. A Secretaría Xeral da Emigración destinou en 2021... Máis información
-
12Xaneiro2022Emigración traslada a súa experiencia coa Estratexia Galicia Retorna aos seus homólogos na Generalitat Valenciana audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a subdirectora xeral do Retorno deste departamento da Xunta de Galicia, Begoña Solís, trasladaron a experiencia de éxito da Estratexia Galicia Retorna ás responsables deste mesmo departamento na Generalitat Valenciana. Neste senso, Miranda situou como básico o proceso de axuda, acompañamento e asesoramento permanente ás familias no seu proceso de retorno. O secretario xeral... Máis información
-
12Xaneiro2022A Xunta habilita un investimento de 32,2 millóns de euros para que as nenas e nenos nacidos no 2022 teñan acceso á Tarxeta Benvida, que tamén poden solicitar as e os galegos retornados audio Desde que se puxo en marcha no 2016, esta prestación contou cun orzamento acumulado de 127 millóns de euros. Ata o de agora unhas 78.000 familias beneficiáronse desta axuda de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida da ou do cativo que, en función das circunstancias de cada unidade familiar, pode prorrogarse ata os 3 anos. A Xunta de Galicia vén de publicar a orde que regula a concesión da Tarxeta Benvida para as nenas e nenos nacidos... Máis información
-
11Xaneiro2022A Xunta convoca as axudas ás e aos universitarios con dificultades económicas para continuar estudos neste curso, ás que se poden acoller as e os emigrantes retornados audio O importe das bolsas, en función da renda familiar, oscilará entre os 1.750 e os 3.000€, o que supón un incremento de 250€ respecto do curso anterior. Poderá solicitar estas axudas o alumnado que sufra unha necesidade urxente de recursos por mor dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso, considerándose como tal o proceso do retorno. A Xunta de Galicia abre hoxe, martes día 11 de xaneiro, o prazo para solicitar as axudas... Máis información
-
10Xaneiro2022Miranda recordou na Televisión de Galicia a próxima convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, foi entrevistado no programa "A Revista" da Televisión de Galicia, onde falou da convocatoria, a comezos do vindeiro mes de febreiro, da sexta edición das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME para cursar un máster nunha das universidades galegas. Canda o secretario xeral estivo tamén Miguel Souto, retornado a Galicia dende os Países Baixos grazas a unha das... Máis información
-
09Xaneiro2022Emigración e o Centro Dramático Galego ofreceron, por primeira vez en América, aos galegos e galegas de Arxentina e Uruguai a obra “O charco de Ulises” audio O Centro Dramático Galego representou en decembro de 2021, en Uruguai e Arxentina, por primeira vez en América, a produción O charco de Ulises, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, no auditorio Nelly Goitiño-Sala Héctor Tosar de Montevideo e no Teatro Astral da capital arxentina. No seguinte vídeo podemos ver un resumo da representación, apoiada pola Secretaría Xeral da Emigración, que é unha adaptación da Odisea de Homero ao... Máis información
-
08Xaneiro2022Emigración continúa a animar aos galegos e galegas do exterior de menos de 40 anos a optar á próxima campaña de Bolsas de Excelencia Mocidade BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración recupera as experiencias de antigos galegos e galegas do exterior que regresaron a Galicia grazas a unha Bolsa de Excelencia Mocidade - BEME que acaban de iniciar a súa tramitación de cara a unha próxima apertura da súa convocatoria. Óscar Reinoso cóntanos como aproveitou esta bolsa para retornar dende Portugal. Ti tamén podes facelo. Prepara a túa documentación e anímate a solicitala se queres cursar un... Máis información
-
07Xaneiro2022As Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Galicia acompañaron a preto de 8.200 familias chegadas a Galicia tras case dous anos de existencia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou que Galicia conta con cinco oficinas situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. As e os técnicos destes centros atenderon máis de 29.286 consultas, tanto persoais como telefónicas e telemáticas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o labor realizado ao longo destes meses polas Oficinas Integrais de Asesoramento e... Máis información
Páxinas |