Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
23Xaneiro2022Emigración recorda aos galegos e galegas do exterior que preparen a súa documentación xa que se atopa próxima a apertura da campaña de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración recupera as experiencias de antigos galegos e galegas do exterior que regresaron a Galicia grazas a unha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que acaban de iniciar a súa tramitación de cara a unha próxima apertura da súa convocatoria. Prepara a túa documentación e anímate a solicitala se queres cursar un máster no curso 2022/23 nunha das tres universidades galegas, xa que se acerca a apertura da próxima... Máis información
-
22Xaneiro2022A Xunta destina 3,8M€ ao programa Aprol de Economía Social para o impulso de cooperativas e sociedades laborais, no que se prioriza ás e aos emigrantes retornados audio A Consellería de Emprego e Igualdade vén de publicar as bases da convocatoria que prevé beneficiar a 120 cooperativas e incorporar a 250 novos socios e socias. Este programa forma parte das medidas transversais que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia. A Xunta continúa apoiando en Galicia o desenvolvemento da economía social a través do programa Aprol Economía Social de fomento ao emprendemento con axudas directas ás... Máis información
-
21Xaneiro2022Máis dun centenar de emprendedoras e emprendedores retornados participaron na experiencia de mentorización do programa “Merlo” audio Esta iniciativa foi froito dun convenio entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel e permitiu ofrecer a estas e estes autónomos un servizo de acompañamento para potenciar a súa competitividade. Case o 50% das e dos participantes foron mulleres e case o 80% delas e deles tiñan entre 30 e 49 anos, retornadas e retornados na súa maioría de Venezuela, Reino Unido e Arxentina. O programa “Merlo” de mentorización para emprendedoras... Máis información
-
20Xaneiro2022Miranda participa no Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, Congacode, que aprobou o Plan anual 2022 da Cooperación Galega audio O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE presidiu a reunión, na que tamén estivo presente o secretario xeral da Emigración, e na que se fixo balance do plan de 2021 que foi executado ao 100%. No encontro aprobouse ademais a continuidade da Estratexia de resposta á covid-19 da Cooperación Galega e a prórroga do IV Plan Director para o 2022. O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, presidiu a reunión... Máis información
-
20Xaneiro2022O restaurante da Casa de Galicia de Nova York promociona o Xacobeo 21-22 audio A Casa de Galicia de Nova York (EE.UU.) está a colaborar na promoción do Xacobeo 21-22 a través do material de traballo das e dos camareiros e cociñeiros do seu restaurante. Deste xeito, o equipo que conforma este centro de restauración galego conta xa con gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo co obxectivo de dar a coñecer e difundir entre os cidadáns e cidadás da Gran Mazá o Camiño de Santiago e o Ano Santo que continúa ao... Máis información
-
19Xaneiro2022O secretario xeral da emigración recibe ao cónsul honorario de España en Santa Clara (Cuba) para coñecer a situación da comunidade galega audio Antonio Rodríguez Miranda recordou que a Xunta de Galicia aportou en 2021 máis de 1,6M€ para apoiar aos galegos e galegas en situación de necesidade en Cuba, chegando a preto de 6.000 familias. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión co cónsul honorario de España en Santa Clara (Cuba), Augusto Blanco Ugarte, para analizar a situación da comunidade galega neste país. Ugarte é tamén... Máis información
-
19Xaneiro2022A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas dirixidas á atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade, á que se poden acoller as galegas retornadas audio Estes apoios, dirixidos a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, financian proxectos de atención personalizada e especializada para mulleres vítimas de violencia de xénero, de explotación sexual-laboral, inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas e ex-reclusas, entre outras. As entidades poderán recibir como máximo un apoio de ata 40.000 euros. O Goberno galego investiu nesta iniciativa entre 2009 e 2021 máis de 13,5 millóns de... Máis información
-
18Xaneiro2022Miranda traslada a colaboración de Emigración á Irmandade Galega na Suíza para a posta en marcha dunha iniciativa de promoción do Xacobeo audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa presidenta da Irmandade Galega na Suíza, Ana María Mera, con quen analizou a posta en marcha dunha nova iniciativa de promoción do Xacobeo na contorna de Xenebra. Tal e como lle transmitiu Rodríguez Miranda a Ana María Mera, a Administración autonómica colaborará na iniciativa desta entidade exterior, centrada na vestimenta e na música... Máis información
-
17Xaneiro2022Emigración apoia a peregrinación en bicicleta do ourensán Alberto Cacharrón a través do Camiño Branco, a ruta xacobea máis longa do mundo audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou hoxe na localidade máis austral do país latinoamericano, Ushuaia, na saída da peregrinación en bicicleta que realiza o ourensán Alberto Cacharrón a través do Camiño Branco, a ruta xacobea máis longa do mundo, con 12.232 quilómetros de lonxitude. A saída de Cacharrón tivo lugar fronte ao cruceiro máis austral do planeta, creado pola Escola de Canteiros de Pontevedra, e doado... Máis información
-
16Xaneiro2022A Xunta deu a coñecer no enclave turístico de Punta del Este en Uruguai o Xacobeo e as iniciativas da Secretaría Xeral da Emigración para o retorno das e dos galegos do exterior audio A Delegación da Xunta en Uruguai, a través da Secretaría Xeral da Emigración e a Federación de Sociedades Gallegas del Uruguay, organizaron a pasada semana unha actividade informativa no enclave turístico de Punta del Este co obxectivo de dar a coñecer o Xacobeo 21·22 e as diferentes iniciativas en materia de retorno coas que conta a Administración autonómica para facilitar o regreso dos galegos e galegas do exterior. Esta actividade permitiu... Máis información
Páxinas |