Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
22Maio2023Emigración destina 20.000 € á Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro para a atención socioasistencial das e dos maiores galegos audio Esta axuda ten como obxectivo contribuír na mellora do benestar social e a calidade de vida dos galegos e galegas con dificultades económicas residentes nesta cidade. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 20.000 euros para a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Xaneiro, Brasil, de cara a axudar na atención das necesidades socioasistenciais das e dos maiores galegos... Máis información
-
22Maio2023A delegada da Xunta no Uruguai celebrou o Día das Letras Galegas con diversas entidades galegas do país do Cono Sur audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos diferentes actos celebrados polo Día das Letras Galegas en varias das entidades de Montevideo, como A Casa de Galicia, o Patronato da Cultura Galega, O Centro Gallego e o Club SC y de Bolos Valle Miñor. Elvira Domínguez agradeceu o labor de toda a colectividade galega no Uruguai polo traballo que realizan en prol da nosa cultura e, por suposto, da nosa lingua, destacando a elevada... Máis información
-
21Maio2023Miranda celebra o Día das Letras Galegas coa colectividade suíza, invitado pola Asociación Xeitosiñas de Zürich audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe aos actos do Día das Letras Galegas organizados pola Asociación Xeitosiñas de Zürich, en Suíza, para celebrar xunto á colectividade galega neste país esta xornada dedicada ao ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego. Entre outras actividades lúdicas e de exaltación da nosa lingua, desenvolveuse unha conferencia a cargo da escritora galega Charo Golmar. O... Máis información
-
20Maio2023Miranda recorda en Basilea (Suíza) que están abertos os programas para que a xuventude galega no exterior coñeza Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou hoxe unha visita a Suíza achegándose aos dous centros galegos de Basilea, a Sociedade Galega Sementeira e o Centro Recreativo Cultural Ourense. Durante ambos encontros, o responsable do departamento autonómico trasladou o seu interese pola situación dos galegos e galegas no país helvético e recordou que están abertas varias liñas de axuda para que as e os galegos máis novos do... Máis información
-
20Maio2023Miranda visita a Asociación de Padres de Familia de Esslingen (Alemaña) que en breve celebrará os seus 50 anos de existencia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas un encontro coa Asociación de Padres de Familia de Esslingen, preto de Stuttgart, na que trasladou o seu interese pola situación dos galegos e galegas do estado alemán de Baden-Wurtemberg. Esta entidade cumprirá en breve os seus 50 anos de existencia. Rodríguez Miranda agradeceu a esta entidade o seu labor por apoiar e manter os lazos entre as e os galegos... Máis información
-
19Maio2023Miranda saúda ás e aos case 100 emprendedores retornados que iniciaron o Programa Merlo de mentorización da man da Fundación Ronsel audio O secretario xeral da Emigración participou nas xornadas en liña que desenvolveu a entidade e que teñen como obxectivo aportar as ferramentas necesarias para que estas e estes empresarios retornados poñan en marcha iniciativas con proxección de futuro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ás sesións iniciais do Programa Merlo que desenvolve, de xeito telemático, a Fundación Ronsel e que teñen como obxectivo... Máis información
-
19Maio2023O Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Francisco Fernández del Riego audio O Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires celebrou o Día das Letras Galegas cunha homenaxe ao ensaísta e editor de Vilanova de Lourenzá, Francisco Fernández del Riego. Entre outras actividades, o alumnado levou a cabo unha lectura de textos alusivos e presentou un baile con voz en directo baseado na Muiñeira de Novoneyra. Bailes tradicionais, coro escolar e unha conferencia sobre a personalidade de Fernández del Riego da man do escritor... Máis información
-
18Maio2023Máis de 600 galegas e galegos universitarios do exterior interesáronse por conseguir unha bolsa BEME para estudar un mestrado en Galicia o próximo curso audio A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende 35 países de tódolos continentes. Arxentina dispara o número de galegas e galegos universitarios do exterior interesados nestas axudas, seguidos de Uruguai, Brasil, Venezuela, México, Cuba, Reino Unido, Alemaña, Francia e Portugal. Como curiosidade, presentáronse solicitudes dende Arabia Saudita, Suecia, Australia e Cabo Verde. A Secretaría Xeral da... Máis información
-
17Maio2023Miranda felicita a tódolos galegos e galegas do exterior o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita, dende Vigo, a tódolos galegos e galegas do exterior polo Día das Letras Galegas que este ano dedícanse a Francisco Fernández del Riego, agradecendo o labor de toda a colectividade galega fóra das nosas fronteiras polo traballo que realizan en prol da nosa cultura e, por suposto, da nosa lingua. Ademais, esta tarde, a partir das 20 horas (hora de España), as e os interesados... Máis información
-
16Maio2023Emigración e Xuventude poñen en marcha “Conecta co Camiño”, un programa destinado a que 60 mozos e mozas galegos do exterior percorran a ruta xacobea audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para persoas de entre 18 e 20 anos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O programa desenvolverase do 20 ao 31 de xullo e as e os participantes aloxaranse na residencia xuvenil Altamar de Vigo. As e os participantes percorrerán oito tramos a pé polo Camiño Portugués pola Costa ata Compostela, coñecendo aspectos da historia xacobea e do patrimonio... Máis información
Páxinas |