Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
03Setembro2022As Axudas ao Retorno Emprendedor continúan abertas para axudar con ata 10.000 euros aos galegos e galegas que poñen en marcha un negocio na súa volta a Galicia audio As e os interesados teñen ata o 30 de setembro para solicitar estas axudas que lle permitirán integrarse social e laboralmente na sociedade galega. Esta iniciativa enmárcase dentro da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia que permitiu nos últimos anos o retorno de máis de 25.000 persoas galegas residentes no exterior. Xa son case 600 os proxectos apoiados que supuxeron un impacto económico superior aos 32 millóns de euros para a... Máis información
-
02Setembro2022Emigración analiza co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba o traballo de atención social aos galegos e galegas do país caribeño audio A Federación conta cunha Oficina Social de Información para tramitar as axudas da Xunta de Galicia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais, María Baleato, mantiveron unha reunión de traballo co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Manuel Toledo, na sede da institución autonómica, na praza de Mazarelos. A... Máis información
-
02Setembro2022A Secretaría Xeral da Emigración e AJERGA informan, a través dun webinario, aos novos bolseiros e bolseiras BEME sobre os trámites máis importantes a realizar na súa chegada a Galicia audio A Secretaria Xeral da Emigración, xunto á Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia, informaron recentemente aos bolseiros e bolseiras BEME sobre os trámites máis importantes a realizar na súa próxima chegada a Galicia, onde cursarán un máster nunha das tres universidades galegas. Durante este webinario tamén se deu resposta ás súas principais dúbidas, a maioría delas centradas en cuestións como a busca de vivenda, as actividades... Máis información
-
01Setembro2022Miranda recibe ao novo presidente do Centro Pontevedrés de Montevideo (Uruguai) audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao novo presidente do Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo, José Manuel Vidal Cerdeira, con quen analizou as novas iniciativas e proxectos que se están a xestar na entidade uruguaia para os próximos meses. O secretario xeral da Emigración comprometeuse con José Manuel Vidal a visitar o centro pontevedrés na visita que realizará ao Uruguai nos próximos... Máis información
-
31Agosto2022Miranda recorda na Cadena Ser Ourense que o prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor, dotadas con ata 10.000 euros, remata o próximo 30 de setembro audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o estudio de gravación da Cadena Ser Ourense onde explicou as Axudas Retorno Emprendedor desta institución que apoian a posta en marcha de iniciativas empresariais dos galegos e galegas do exterior que retornan a Galicia. O prazo desta iniciativa está aberto ata o 30 de setembro. “Dámoslle unha axuda económica de 6.000€; si é retornada a que emprende, para axudar a... Máis información
-
31Agosto2022A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, fixo entrega dos diplomas de asistencia ás e aos participantes do Centro Gallego de Montevideo no VI Día da Galicia Exterior audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, fixo entrega dos diplomas de asistencia ás participantes do Centro Gallego de Montevideo que representaron á entidade no VI Día da Galicia Exterior, celebrado en Santiago de Compostela o pasado 9 de xullo. Elvira Domínguez Alonso estivo acompañada do presidente da entidade, Ramón Lorenzo. O VI Día da Galicia Exterior reuniu a máis dun milleiro de galegas e galegos do exterior procedentes dunha... Máis información
-
30Agosto2022As cores da artesanía galega locen no mundo pola arte dunha retornada apoiada pola Xunta audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, coñeceron hoxe a iniciativa dunha retornada do Reino Unido que crea vidreiras e recibiu 8.000 euros a través das axudas de emprendemento deste departamento autonómico. A liña de Axudas ao Retorno Emprendedor, que este ano chega ata os 10.000 euros, continúa aberta ata o 30 de setembro. O... Máis información
-
29Agosto2022O delegado da Xunta na Arxentina mantén un primeiro encontro co novo cónsul xeral de España en Bos Aires para analizar a situación da colectividade neste país americano audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, reuniuse por primeira vez co novo cónsul xeral de España en Bos Aires, Fernando García Casas, quen conta cunha ampla experiencia diplomática ao longo da súa carreira profesional. Durante este primeiro encontro analizaron a situación da colectividade galega neste país americano. García Casas estivo destinado na Representación Permanente de España, tanto do Consello de Europa como nas... Máis información
-
28Agosto2022Emigración ofrece a visión máis lúdica do VI Día da Galicia Exterior cun vídeo da foliada nocturna celebrada no Monte do Gozo audio As distintas asociacións culturais que participaron no VI Día da Galicia Exterior, celebrado o 9 de xullo en Santiago de Compostela, organizaron unha foliada a noite anterior do evento no Monte do Gozo. Este momento foi capturado por Manuel Rincón, a quen a Secretaría Xeral da Emigración lle agradece o seu traballo pola montaxe e gravación do vídeo. Esta actividade espontánea supón a outra cara da gran festa da Galicia exterior, onde a música... Máis información
-
27Agosto2022O Lar Gallego de Santiago de Chile celebrou o Día de Galicia acompañado polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro audio O Lar Gallego de Santiago de Chile acaba de celebrar o Día de Galicia e o seu tradicional xantar por Santiago Apóstolo nos salóns do Estadio Español de Las Condes. O acto contou coa presenza, entre outras autoridades, do delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, do presidente da entidade, Ricardo González Méndez, do presidente do Estadio Español de Las Condes, Juan Carlos Erenchun e do encargado de Negocios provisional... Máis información
Páxinas |