Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
29Maio2023Salamanca, As Palmas e Vitoria proxectan o filme de animación ‘Valentina’ para os galegos e galegas do exterior audio Os centros galegos de España que participan no Ciclo Mestre Mateo de 2023 puideron xa gozar da proxección da película de animación Valentina. Trátase do primeiro dos oito filmes que se poderán ver en oito centros galegos do exterior durante os próximos meses, grazas á colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual. Esta iniciativa permite achegar o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas... Máis información
-
28Maio2023Miranda asistiu ao desfile do Carnaval das Culturas de Berlín para mostrar o apoio da Xunta á asociación ‘De Berlin Son’ audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe ao Carnaval das Culturas de Berlín para mostrar o apoio da Xunta de Galicia a asociación galega De Berlín Son, que participou no mesmo, dando así a coñecer a cultura galega ás e aos habitantes da capital de Alemaña. Este desfile ten como obxectivo dar a coñecer entre as e os habitantes da cosmopolita capital alemá as diferentes culturas das que proceden moitos dos seus e... Máis información
-
28Maio2023Miranda mantén un encontro co CRE de Berlín trasladándolle as medidas da Estratexia Galicia Retorna e os programas de apoio a entidades e galegas e galegos en Alemaña, solicitándolle a súa colaboración para súa a difusión audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta do Consejo de Residentes Españoles (CRE) de Berlín, María González Barro, quen estivo acompañada por José Penedo, membro electo deste CRE. Durante esta reunión trasladóuselle as novas medidas da Estratexia Galicia Retorna, así como os programas de apoio a entidades e galegas e galegos en Alemaña, solicitándolle a súa colaboración para a... Máis información
-
27Maio2023Miranda agradece o labor do Centro Galego de Núremberg en prol da colectividade residente nesta cidade alemá audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o Centro Galego de Núremberg, onde mantivo un encontro coa súa directiva e os seus socios e socias, para coñecer a situación da colectividade española e galega nesta cidade así como as súas inquedanzas e necesidades. Rodríguez Miranda agradeceu a esta entidade, fundada en 1992, o seu traballo por manter os lazos entre as e os galegos afincados nesta rexión do norte do... Máis información
-
27Maio2023Miranda e o cónsul de España en Múnic visitan o Audi Museum Mobile de Ingolstadt acompañando ao Centro Español de Ingolstadt audio O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Museo de Audi de Ingolstadt, invitado polo grupo de automoción alemán. O vicepresidente de Recursos Humanos de Audi AG, o español Xavier Ros, foi o anfitrión deste percorrido polas instalacións, nunha visita na que tamén estivo presente o cónsul xeral de España en Múnic, Ángel Boixareu, e representantes do Centro Español de Ingolstadt. Ao remate da visita, o secretario... Máis información
-
27Maio2023O secretario xeral da Emigración asiste á proxección de “As bestas” no Forum Audi de Ingolstadt, dentro do ciclo de cine no que colabora o Centro Español desta localidade audio O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á proxección do filme hispano-francés As bestas, invitado polo Centro Español de Ingolstadt, que colabora no ciclo audiovisual CinEscultura de Regensburg. O acto desenvolveuse no Forum Audi da localidade alemá, e no mesmo estiveron presentes o cónsul xeral de España en Múnic, Ángel Boixareu, o vicepresidente de Recursos Humanos de Audi AG, Xavier Ros, o director do ciclo,... Máis información
-
26Maio2023O secretario xeral da Emigración asistiu, invitado polo concello de Ingolstadt, á inauguración da Pfingstvolksfest na que participan os galegos e galegas desta localidade audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu, invitado polo concello de Ingolstadt á inauguración da Pfingstvolksfest (Festa de Pentecostés) na que tamén participan os galegos e galegas desta localidade. O responsable do departamento autonómico agradeceu a invitación ao alcalde, Cristian Scharpf, así como a boa acollida desta bonita e próspera cidade do estado de Baviera ás e aos galegos que residen nela. Trátase dun... Máis información
-
26Maio2023Miranda traslada ao cónsul xeral de España en Múnic os programas de apoio ás entidades galegas en Alemaña e os destinados ao impulso ao retorno audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul xeral de España en Múnic, Ángel Boixareu, no que se interesou pola situación da colectividade española e galega e lle trasladou os programas de apoio que destina a Xunta de Galicia para as entidades galegas en Alemaña así como os que se están a poñer en marcha para impulsar o retorno dos galegos e galegas do exterior. Antonio Rodríguez Miranda ofreceu a... Máis información
-
25Maio2023250 galegas e galegos retornados fórmanse para acceder a un posto de traballo por conta allea no programa de empregabilidade coordinado por Emigración e Ronsel audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nunha das actividades formativas que pon en marcha a Fundación Ronsel para axudar na inserción laboral e no coñecemento do mercado laboral galego para persoas galegas retornadas. O obxectivo é que estas persoas, moitas delas bolseiras BEME que están a estudar un máster nunha das tres universidades galegas, teñan máis sinxelo atopar un posto de traballo e adaptarse á... Máis información
-
25Maio2023O especial “Historias de ida e volta” de maio documenta a prensa da emigración galega audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. O especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, chega a maio documentando o labor editorial da prensa da... Máis información
Páxinas |