Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
05Abril2021A Xunta mobilizará preto de 10 millóns de euros a través de catro liñas de axudas a particulares para o pago do alugueiro, das que se poden beneficiar as e os emigrantes retornados audio A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abriu a orde de subvencións ao alugamento dotada con 2,27 millóns de euros. Mañá, 6 de abril, está previsto que se convoquen tamén as axudas ao arrendamento dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade pola covid. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de abrir o prazo para solicitar as axudas ao alugueiro dirixidas a facilitar o acceso e mantemento da... Máis información
-
04Abril2021Miranda agradece á Federación de Sociedades Gallegas de Cuba a súa colaboración na xestión das máis de 5.800 axudas económicas individuais presentadas audio O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión telemática con Sergio Toledo Bueno, presidente desta entidade. Tamén agradeceu a labor das e dos 12 coordinadores nas diferentes provincias que permitiu achegar estas axudas aos galegos e galegas de toda a illa. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha vídeoconferencia co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Toledo... Máis información
-
03Abril2021Emigración informa a máis de 220 universitarias e universitarios galegos do exterior sobre as bolsas de excelencia BEME para cursar mestrados nas tres universidades de Galicia audio O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu tres sesións on line para informar ás e aos interesados nestas bolsas de América e Europa. Na nova convocatoria, que está aberta ata o 30 de abril, aumentase o número de bolsas ata chegar ás 200 de cara a incentivar a que os galegos e galegas do exterior de alta cualificación fixen a súa residencia e a súa actividade laboral na comunidade autónoma. As bolsas sufragan viaxe, matrícula,... Máis información
-
02Abril2021Emigración centra esta semana no Xacobeo o seu espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 audio Esta semana poderanse ver documentais sobre gastronomía no Camiño, produtos viaxeiros e incluso, o amor no Camiño Inglés. Pódense visionar na páxina de GaliciaAberta a través de catro contedores: Xacobeo, Ciencia e historia galega, Música e Artes escénicas A Secretaría Xeral da Emigración segue a difundir, a través da súa plataforma web (GaliciaAberta – https://emigracion.xunta.gal), os contidos audiovisuais do Fondo de Proxectos Culturais... Máis información
-
01Abril2021Miranda compromete coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo un acordo de colaboración por 15.000 euros para a atención sociosanitaria a galegas e galegos residentes no Brasil audio O secretario xeral da Emigración mantivo hoxe unha videoconferencia co presidente esta entidade, Arturo Chao Maceiras. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo nas últimas horas unha reunión por videoconferencia co presidente da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, Arturo Chao Maceiras, a quen se lle trasladou o compromiso dun acordo de colaboración por 15.000 euros para a atención sociosanitaria das... Máis información
-
31Marzo2021A Consellería do Mar convoca tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade ‘on line’, na que poden inscribirse as galegas e galegos retornados audio Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería e o período de inscrición remata o próximo 16 de abril. Ofértanse 60 prazas por centro e a formación realizarase entre o 18 de maio e o 25 de xuño, cunha duración de 50 horas. A Consellería do Mar vén de convocar tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade online que terán lugar entre o 18 de maio e o 25 de xuño deste ano... Máis información
-
31Marzo2021O Consello da Cultura Galega recibe unha doazón sobre Urbano Feijóo audio A figura de Urbano Feijóo de Sotomayor (1808-1898) é bastante controvertida. Foi un empresario e político galego que promoveu a creación dun plan de colonización que facilitase, en termos xurídicos, económicos, filantrópicos e prácticos a chegada a Cuba de galegos. Un operativo que se iniciou en 1854 e rematou dous anos despois nunha crise motivada polo trato denigrante dispensado aos traballadores. Algúns dos documentos que axudan a... Máis información
-
30Marzo2021Emigración abre a nova convocatoria de axudas para proxectos de galegas e galegos retornados emprendedores, cunha liña específica COVID audio Estas axudas poderán solicitarse dende hoxe ata o 30 de setembro, e suporán unha axuda de ata 8.000 euros para a posta en marcha dunha nova iniciativa e 3.000 no caso da liña de reforzo da actividade pola pandemia. Dende a posta en marcha deste programa, foron case 300 as galegas e galegos retornados que crearon proxectos empresariais apoiados a través da Xunta de Galicia. O Diario Oficial de Galicia publicou onte, luns 29, o programa de... Máis información
-
29Marzo2021Emigración colabora con FEVEGA con 50.000 euros para o mantemento das súas oficinas de información ás e aos emigrantes retornados audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estivo xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente de FEVEGA, Manuel Pérez Vidal, durante a firma do convenio. Segundo os últimos datos publicados polo INE, as e os emigrantes procedentes de Venezuela continúan ocupando o primeiro lugar en canto a cidadás e cidadáns retornados a Galicia. A Federación Venezolana de Galicia realizou, a maiores... Máis información
-
28Marzo2021Publicadas no DOG as bases das axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente derivadas da covid-19 audio O Goberno galego aumenta a súa dotación para este fin, pasando dos 200.000 euros do ano anterior aos 500.000 que se destinarán este ano para aquelas e aqueles residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica a causa da pandemia. A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia as bases das axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente... Máis información
Páxinas |