Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
30Marzo2023O cine galego volve aos centros galegos do exterior da man do Ciclo Mestre Mateo grazas a colaboración da Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual audio Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende abril a novembro os mellores documentais e películas dos premios do cine galego do mesmo nome. O estudio de televisión do I.E.S. Audiovisual de Vigo acolleu a rolda de prensa na que estiveron presentes os centros que representan aos galegos e galegas do exterior en Cuba, México, Portugal, Estados Unidos, Suíza, así como As Palmas de Gran Canaria, Salamanca e... Máis información
-
29Marzo2023As entidades galegas do exterior poderán solicitar dende mañá os obradoiros presenciais e telemáticos audio Esta iniciativa, que se publica no Diario Oficial de Galicia, permitirá aos centros poñer en marcha talleres de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega. O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufragará os gastos de contratación do profesorado e materiais de formación. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a posta en marcha de obradoiros de... Máis información
-
29Marzo2023Miranda agradece á Escola de Danza, Arte e Cultura Galega e Española de Salvador de Baía o seu labor na proxección de Galicia no Brasil audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Escola de Danza, Arte e Cultura Galega e Española de Salvador de Baía, a quen agradeceu o labor de proxección de Galicia no Brasil, animándoa a seguir a traballar nesta mesma liña para dar a coñecer os sons, os bailes e a música da nosa comunidade autónoma. EDACE é unha escola que conta, na actualidade, con máis de cen alumnas e alumnos de música tradicional, moitas e... Máis información
-
29Marzo2023O programa “Merlo”, apoiado por Emigración, abre mañá, día 30, o seu prazo de inscrición co obxectivo de mentorizar a emprendedoras e emprendedores galegos retornados audio Esta iniciativa, que chega así á súa terceira edición, busca apoiar e acompañar ás galegas e galegos retornados no desenvolvemento e consolidación dos seus emprendementos. O programa xorde da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel. O programa “Merlo” de mentorización para emprendedoras e emprendedores galegos retornados abre mañá xoves, día 30, o prazo de inscrición para aquelas e aqueles interesados en... Máis información
-
28Marzo2023Máis de medio milleiro de galegas e galegos residentes no Brasil coñeceron a nova Estratexia Galicia Retorna 2026 que aposta polo emprego e a formación como pulos de atracción audio O titular da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destaca que proximamente desenvolverase a presentación deste documento en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou ante máis de medio milleiro de galegas e galegos residentes no Brasil a nova Estratexia Galicia Retorna 2023/26 que aposta polo emprego e a formación como pulos de atracción, con máis dun cento de iniciativas que... Máis información
-
27Marzo2023Miranda anima ás e aos galegos de Santos e São Paulo a emprender en Galicia a través das axudas deseñadas pola Xunta para formentar o retorno audio O secretario xeral da Emigración trasladou á colectividade galega no Brasil a nova Estratexia Galicia Retorna, que aposta polo eido laboral e o educativo con ata 100 iniciativas para favorecer o retorno á comunidade autónoma. Durante o encontro cos galegos e galegas residentes nestas dúas localidades brasileiras, expuxo as medidas deseñadas pola Xunta ás que poden optar tanto para poñer en marcha un negocio propio, como as Axudas ao Retorno... Máis información
-
26Marzo2023Emigración salienta en Salvador de Baía ante preto de 200 persoas as medidas de apoio ás familias postas en marcha pola Xunta para favorecer o retorno audio O responsable deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, comezou na sede da Asociación Caballeros de Santiago a xira polo segundo país do mundo con maior colectividade galega para dar a coñecer a Estratexia Galicia Retorna. Destacou que este documento conta con medidas sociais, laborais, formativas e de información e asesoramento que teñen como obxectivo axudar a que galegas e galegos do exterior poidan retornar coas súas familias... Máis información
-
26Marzo2023Emigración asiste ao concerto de María do Ceo, preludio do Festival ‘Fai un Sol’ do Lar Gallego de Sevilla, motor da cultura musical galega na capital andaluza audio A subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración, Isabel Martínez Pellicer, asistiu ao concerto de María do Ceo, preludio do festival Fai un Sol que organiza o Lar Gallego de Sevilla como motor da cultura musical galega na capital andaluza. Xunto á cantante galega actuou tamén a artista sevillana Laura de los Ángeles. Neste concerto María do Ceo presentou o seu último disco, Galicia Nai. Fai un Sol é... Máis información
-
25Marzo2023Miranda percorrerá algunhas das principais cidades do segundo país con maior colectividade galega, o Brasil, para expor as medidas de fomento do retorno audio O titular da Secretaría Xeral da Emigración comeza hoxe en Salvador de Baía unha xira polas localidades que contan con maior presenza galega para detallar e aclarar posibles dúbidas sobre a Estratexia Galicia Retorna 2023·26. O documento, que conta con ata 100 medidas para facilitar o regreso á Comunidade, presta especial atención ao eido laboral, con programas pioneiros como Retorna Cualifica Emprego, que oferta ata 400 postos de traballo cun... Máis información
-
23Marzo2023O especial “Historias de ida e volta” de marzo documenta o labor das asociacións microterritoriais galegas creadas en Cuba audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender o fenómeno migratorio galego. O especial 'Historias de ida e volta', un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, chega a marzo documentando o labor das asociacións microterritoriais galegas creadas en Cuba.... Máis información
Páxinas |