Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
20Outubro2023Conclúen os obradoiros de baile e música organizados pola Xunta de Galicia nos centros galegos de Montevideo, Uruguai audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu á clausura dos obradoiros de baile e música organizados pola Xunta de Galicia nas entidades galegas de Montevideo: Centro Gallego, Unión Hijos de Morgadanes, Centro Valle Miñor, Centro Pontevedrés, Alma Gallega e A Casa de Galicia. Elvira Domínguez agradeceu á profesora que impartiu os cursos, May de la Peña Costas, a súa profesionalidade e o talento e cariño co que impartiu... Máis información
-
19Outubro2023O expresidente do Centro Gallego de Mar del Plata traslada ao secretario xeral da Emigración o interese da colectividade na Arxentina polas medidas de retorno postas en marcha pola Xunta audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co expresidente do Centro Gallego de Mar del Plata, Francisco Solla, quen lle trasladou o interese da colectividade galega na Arxentina polas medidas de retorno postas en marcha pola Xunta. Pola súa banda, Rodríguez Miranda destacou o labor que Solla desenvolveu durante anos á fronte desta entidade que conta, dende 2004, cun centro de día co obxectivo de promover o apoio... Máis información
-
19Outubro2023O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na inauguración da mostra que conecta a ruta xacobea e o Camino de Brochero en Paraná (Entre Ríos) audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu en Paraná, Entre Ríos, á inauguración da mostra que conecta os itinerarios da Ruta Xacobea a Santiago de Compostela e o Camino del Cura Brochero e que se pode ver na Catedral metropolitana e na Municipalidade desta localidade. A actividade concrétase no marco dunha iniciativa que promove a integración de ambas rutas a través de políticas culturais e turísticas. A mostra foi... Máis información
-
19Outubro2023Emigración lembra que a Xunta informará esta fin de semana sobre temas tributarios aos galegos e galegas de Suíza audio A Secretaría Xeral da Emigración lembra a todas e todos os interesados que, esta fin de semana, a Xunta de Galicia ofrecerá tres sesións informativas en Xenebra, Berna e Zürich, da man da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co obxectivo de achegar a situación tributaria en España a aqueles galegos e galegas residentes en Suíza que desexen retornar. As xornadas terán lugar o venres 20 en Xenebra, ás 19:30 horas, no local de A Nosa Galiza; o... Máis información
-
18Outubro2023Rueda enxalza a comunidade galega na diáspora como a mellor embaixadora para manter os vencellos de Galicia coas novas xeracións nacidas no exterior audio Máis dun cento de persoas emigradas, maiores de 65 anos, puideron visitar os seus lugares de orixe grazas a este programa do Goberno galego. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe o papel da comunidade galega na diáspora por ser a mellor embaixadora para manter os vencellos de Galicia coas novas xeracións que xa naceron no exterior. “Sodes xente traballadora e sacrificada, como somos os galegos en todas partes, e os ollos de... Máis información
-
17Outubro2023As e os maiores do exterior que participan en Reencontros con Galicia percorren a Ribeira Sacra audio As e os participantes no programa Reencontros da Secretaría Xeral da Emigración percorreron nas últimas horas a Ribeira Sacra e puideron coñecer a beleza deste entorno e do mosteiro de Santo Estevo. No día de hoxe percorrerán Combarro, A Illa da Toxa e O Grove. As e os participantes no programa Reencontros con Galicia, proceden de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai. Este programa ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos... Máis información
-
17Outubro2023O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participa nos actos do Día da Hispanidade en Mar del Plata audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou nos actos do Día da Hispanidade que organizou a comunidade española en Mar del Plata no Palacio Municipal. Xunto ao delegado da Xunta na Arxentina estivo tamén presente no acto a embaixadora de España, María Jesús Alonso, o cónsul xeral, Fernando García Casas, a vicecónsul en General Puyrredon, Claudia Álvarez Argüelles, e a directora de Cooperación Internacional y... Máis información
-
16Outubro2023O secretario xeral da Emigración e o presidente da Casa de Espanha de Río Preto poñen en común iniciativas para promocionar a cultura galega na rexión de São Paulo audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Casa de Espanha São José do Rio Preto e Região, de Brasil, Nelson Lois Oreiro, quen lle transmitiu o traballo que se está a facer nesta localidade do noroeste do estado de São Paulo para manter, non só a cultura española, senón tamén a galega entre as e os descendentes das e dos emigrados nesta área brasileira. Ambos responsables puxeron en común novas... Máis información
-
15Outubro2023Os e as participantes no programa Reencontros con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración continúan o seu periplo, neste caso, en Ourense audio As e os participantes no programa de Reencontros da Secretaría Xeral da Emigración continuaron, nas últimas horas, visitando distintas localidades de Galicia e, neste caso, tocoulle a quenda á provincia de Ourense, onde puideron percorrer as rúas da cidade das Burgas e tamén achegarse ao centro histórico de Allariz. Os e as participantes no programa Reencontros con Galicia proceden de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai. Este... Máis información
-
14Outubro2023A Xunta informará sobre temas tributarios aos galegos e galegas de Suíza a próxima fin de semana para facilitar o seu retorno audio A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) ofrecerán tres sesións informativas en Xenebra, Berna e Zürich entre o 20 e o 22 de outubro, co obxectivo de achegar a situación tributaria en España a aqueles galegos e galegas residentes en Suíza que desexen retornar. As xornadas terán lugar o venres 20 en Xenebra, ás 19:30 horas, no local de A Nosa Galiza; o sábado 21 na Sala Punkt.Null de Berna, ás... Máis información
Páxinas |