Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
12Febreiro2021A Xunta enxalza o carácter integrador da formación para o emprego e os apoios ao emprendemento no acompañamento á poboación galega retornada audio A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuníronse hoxe en Santiago de Compostela para abordar mecanismos de promoción do autoemprego e para a integración laboral das galegas e galegos retornados. A Xunta facilita a participación da poboación galega provinte do exterior en programas de inserción sociolaboral e de capacitación, para atraela profesionalmente. A... Máis información
-
11Febreiro2021Conclúen as xornadas técnicas sobre as novas axudas para as entidades galegas de Europa e América, que contaron con máis de 400 asistentes audio Nestes encontros virtuais, celebrados entre a semana pasada e esta, trasladóuselles información sobre as axudas para obras e equipamentos así como para funcionamento e actividades. A gran novidade deste ano é que ambas liñas poden ser solicitadas por tódalas entidades rexistradas, sen diferencia pola súa tipoloxía. Ademais, no caso das actividades, créase unha axuda específica para accións de promoción do Ano Santo. Esta semana, as xornadas... Máis información
-
10Febreiro2021A Xunta salienta o respaldo que a Lei de Impulso Demográfico supón para o retorno como piar da atracción de nova poboación a Galicia audio A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, valoraron positivamente a efectividade das medidas da Estratexia Galicia Retorna orientadas á integración das familias galegas que regresan á comunidade. A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientaron hoxe o respaldo que a Lei de Impulso Demográfico,... Máis información
-
09Febreiro2021Emigración incrementa ata os 1,2M€ as axudas para o funcionamento e as actividades das entidades galegas do exterior ante as circunstancias covid audio En concreto, desta cantidade, a Secretaría Xeral destina 800.000 euros ao funcionamento dos centros, duplicando as cifras do ano pasado de cara a paliar os problemas causados pola pandemia. Antonio Rodríguez Miranda, recorda que este ano poden acudir a esta liña todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía, e que se abre a convocatoria á posta en marcha de accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo. O Diario... Máis información
-
09Febreiro2021A Xunta destina 3,3M€ ao programa Aprol de Economía Social para o impulso de cooperativas e sociedades laborais e no que se prioriza ás e aos emigrantes retornados audio A Consellería de Emprego e Igualdade acaba de publicar as bases da convocatoria que prevé beneficiar a 120 cooperativas e a incorporación de 250 novos socios e socias. Como novidade, este ano poderán ser beneficiarias do programa as persoas asalariadas dunha empresa mercantil que se transforme en cooperativa ou sociedade laboral. O programa Aprol Economía Social é una das máis de medio cento de medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna... Máis información
-
08Febreiro2021A Secretaría Xeral da Emigración acorda adiar o Día da Galicia Exterior para 2022 tras consultar á Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas audio A reunión, que tivo lugar esta tarde, foi telemática, e estivo presidida polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. A situación actual de pandemia foi a razón pola que este ente tomou a decisión de trasladar ao próximo ano a celebración de xeito que poidan acudir tódolos galegos e galegas do exterior que o desexen. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta tarde a Comisión Delegada do... Máis información
-
08Febreiro2021A Xunta de Galicia investirá 4,6M€ en 111 cursos de formación para persoas desempregadas nos centros educativos de FP audio O obxectivo é impulsar a empregabilidade con estas iniciativas formativas que inclúen módulos específicos sobre igualdade, inserción laboral e sensibilización ambiental. Trátase de coordinar a oferta de formación profesional ás demandas do tecido industrial e produtivo da Comunidade. As e os emigrantes retornados interesados poderán optar a estes cursos xa que lles permitirá conseguir certificados de profesionalidade. A Xunta de Galicia... Máis información
-
07Febreiro2021Falece o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega audio O presidente da Xunta lamentou o falecemento de quen era delegado da Xunta na capital de España desde 2009. José Ramón Ónega, director da Casa de Galicia en Madrid, faleceu nas últimas horas. O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento de quen era delegado da Xunta na capital de España desde 2009. Feijóo tense referido a José Ramón Ónega como “o mellor embaixador que puido ter Galicia en Madrid” e incidiu en que... Máis información
-
07Febreiro2021Educación e Emigración destacan a integración inmediata das galegas e galegos retornados no sistema educativo galego audio Ambos departamentos autonómicos tamén destacaron a axilidade en Galicia da homologación dos títulos educativos non universitarios dos galegos e as galegas do exterior. Así mesmo acordaron dirixirse ao Goberno do Estado para reiterar a necesidade de axilizar a homologación de títulos universitarios, xa que este retraso obriga a caer no infraemprego ás persoas retornadas con este nivel de estudos. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
-
06Febreiro2021Emigración facilita información sobre a súa orixe familiar a 2.300 galegas e galegos do exterior audio A Secretaría Xeral, en colaboración coas cinco dioceses galegas, foron quen de dar resposta ás diferentes peticións de partidas de nacemento, bautismais, matrimonios ou defuncións. Case 2.300 galegas e galegos do exterior solicitaron documentación no último ano sobre a súa orixe familiar, ben a través da Secretaría Xeral da Emigración ou ben a través das cinco dioceses galegas coas que este departamento ten asinado un acordo de colaboración... Máis información
Páxinas |