Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
28Outubro2022As políticas específicas de emigración e retorno contarán cun orzamento de 27M€ no 2023 audio O orzamento propio superará os 19,5M€, aos que se deben sumar os 7,5M€ consignados na Consellería de Emprego para os novos programas de formación, incentivos á contratación e fomento do emprendemento dirixidos expresamente ás e aos emigrantes retornados. No 2023 Galicia vai case triplicar os fondos destinados a medidas específicas de impulso ao retorno, pasando de 5 a 13 millóns de euros. Ademais, consolídase o reforzo de prestación social... Máis información
-
27Outubro2022Os galegos e galegas do exterior do programa Conecta co Xacobeo fan un alto no Camiño para coñecer a Ribeira Sacra audio Nesta iniciativa, na que participan cerca de 200 galegas e galegos procedentes de países americanos, europeos e das comunidades autónomas, comezou o pasado domingo e ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. As e os participantes levan xa catro xornadas realizando os últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas. As e os participantes do programa Conecta co Xacobeo da... Máis información
-
27Outubro2022O especial “Historias de ida e volta” de outubro documenta a participación galega na construción da Canle de Panamá audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de outubro do especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, céntrase, nesta ocasión, na... Máis información
-
26Outubro2022A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, acompañou aos alumnos e alumnas da Escola Galicia na súa visita ao Museo Galego do Centro Gallego de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, acompañou aos 61 alumnos e alumnas de Quinto e Sexto da Escola Galicia na visita que realizaron ao Museo Galego do Centro Gallego de Montevideo. As e os alumnos, que foron trasladados ata as instalacións pola empresa Cutcsa, estiveron tamén acompañados nesta actividade cultural e recreativa pola secretaria da escola e polas súas mestras. Durante a visita tamén recibiron unha charla informativa... Máis información
-
25Outubro2022Miranda destaca a colaboración da Xunta coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención aos galegos e galegas con maior necesidade socioasistencial audio O secretario xeral da Emigración visitou esta asociación galegobrasileira destacando a colaboración anual con esta entidade para contribuír ao financiamento da asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día, que en 2022 superou os 13.000 euros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións coas que conta a Sociedade Beneficiente Rosalía de Castro de São Paulo, destacando durante este... Máis información
-
25Outubro2022Emigración participa na xornada sobre a importancia de preservar a arte do exilio organizada polo Consello da Cultura Galega audio Diferentes profesionais participaron nestas conferencias centradas sobre a importancia de conservar e contextualizar o legado do panorama artístico galego contemporáneo do exilio. A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, participou esta mañá na inauguración da xornada sobre a importancia de preservar a arte do exilio organizada polo Consello da Cultura... Máis información
-
24Outubro2022Miranda visita a asociación Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro destacando a colaboración da Xunta no seu labor de atención ás e aos galegos con maior necesidade audio O secretario xeral da Emigración visitou a entidade galega brasileira destacando a colaboración anual con esta entidade, que en 2022 ascendeu a máis de 37.000 euros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións da Residencia Santiago Apóstol da Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada e onde, dende 1940, estase a prestar asistencia, proporcionar casa, alimentación e atención médica... Máis información
-
23Outubro2022O secretario xeral da emigración traslada ás entidades galegas do Brasil o impulso dos programas de apoio ao retorno postos en marcha pola Xunta e pediulles colaboración na súa divulgación audio Antonio Rodríguez Miranda mantivo unha reunión cos e coas representantes destes centros informándolles tanto das convocatorias das bolsas para máster BEME como das destinadas á realización de cursos de FP para traballar en Galicia. Tamén analizou con estas entidades as súas necesidades actuais e a programación das súas actividades futuras. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas un encontro de... Máis información
-
23Outubro2022Miranda participa na Xuntanza de entidades galegas do Brasil que organiza a Casa de España de Río de Xaneiro audio O secretario xeral da Emigración destacou a colaboración anual con esta entidade, que en 2022 superou os 40.000 euros, e que ten como finalidade apoiar o funcionamento do seu centro social e manter a súa oficina de atención social. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou onte na xuntanza de entidades galegas de Brasil organizada pola Casa de España de Río de Xaneiro, acto no que estivo acompañado polo presidente... Máis información
-
22Outubro2022Chegan a Galicia os case 200 galegos e galegas do exterior que realizarán o Camiño de Santiago dentro do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración audio Esta iniciativa, na que volven participar galegas e galegos procedentes de países americanos trala pandemia, ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. As e os participantes realizarán os últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas. As e os case 200 participantes do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración, procedentes de diferentes países de América e... Máis información
Páxinas |