Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
03Febreiro2023A Xunta promove a implicación das entidades empresariais e sectoriais de Galicia no programa Retorna Cualifica Emprego audio O Consello acordou o texto dun protocolo de adhesión para que clústeres, asociacións de empresarias e empresarios e outras entidades sectoriais aproveiten a oportunidade da Estratexia Galicia Retorna 2023-26 para dar difusión e cubrir as súas vacantes. O obxectivo da Xunta de Galicia é poder facilitar o regreso dunhas 400 galegas e galegos do exterior este ano, polo que canalizará as necesidades de profesionais dos sectores non cubertas por... Máis información
-
02Febreiro2023Emigración abre a convocatoria de 250 bolsas BEME de máster en Galicia para mozas e mozos galegos residentes no exterior audio O Goberno galego incrementa nunha media de 500 euros estas axudas para o próximo curso 2023/24 que permiten ás e aos galegos universitarios do exterior realizar un máster nunha das tres universidades galegas. O obxectivo destas bolsas é que estas mozas e mozos poidan completar a súa formación universitaria que lles permita quedar a traballar e vivir en Galicia, atraendo así aos galegos e galegas do exterior de alta cualificación. As bolsas... Máis información
-
01Febreiro2023Miranda anuncia a publicación mañá da nova convocatoria das bolsas BEME Máster durante o encontro cos bolseiros e bolseiras do presente curso do Campus de Santiago audio O secretario xeral da Emigración analizou coas galegas e galegos universitarios do exterior que están a realizar un máster na USC grazas á Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior a experiencia que están a vivir en Galicia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá, no Auditorio do Museo das Peregrinacións, un encontro cos bolseiros e bolseiras BEME que están a cursar un mestrado na Universdidade de Santiago de... Máis información
-
31Xaneiro2023Miranda planifica a colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo na atención aos retornados e retornadas da Arxentina ante o seu importante incremento audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con esta entidade que leva anos traballando coa colectividade de retornadas e retornados de todos os países. A Administración autonómica colabora con esta asociación a través dun acordo de 5.000 euros anuais. Rioplatentes de Lugo súmase ao labor de información e asesoramento aos retornados e retornadas que leva a cabo a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situada na... Máis información
-
30Xaneiro2023Emigración destina 575.000 euros ás axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior audio A convocatoria deste ano distribúese en dous programas, un destinado a obras e conservación do patrimonio, e outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable. O prazo de presentación das solicitudes rematará o próximo 28 de febreiro. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que contará cun crédito orzamentario de 575.000 euros e que se destinará á conservación... Máis información
-
29Xaneiro2023Emigración recorda que a próxima semana abre a convocatoria de bolsas BEME para facer un máster nunha universidade galega audio A Secretaría Xeral da Emigración recorda que a próxima semana abre a nova convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior BEME, que permite realizar un máster nunha das tres universidades galegas aos mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria. O obxectivo é facilitarlles o retorno e que poidan apostar por Galicia para construír aquí o seu futuro. Manuel Silva, estudante bolseiro BEME da Universidade de... Máis información
-
28Xaneiro2023A Casa de Galicia presenta en Madrid a antoloxía poética ‘O Camiño das estrelas’ audio O poemario, co que se celebra o Ano Xacobeo, contou co apoio da Secretaría Xeral da Emigración. O responsable do departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, prologou esta antoloxía trilingüe en galego, castelán e catalán ou valenciano. A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do poemario O Camiño das estrelas, unha antoloxía trilingüe -castelán, galego e catalán ou valenciano- que xorde para celebrar o Ano Xacobeo e convidar... Máis información
-
27Xaneiro2023O especial “Historias de ida e volta” comeza o 2023 documentando a creación da Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. O especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, comeza o 2023 documentando a creación da Biblioteca... Máis información
-
26Xaneiro2023Alfonso Rueda presidiu a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna ante as e os distintos representantes da sociedade galega audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 ante máis dun cento de distintas e distintos representantes da sociedade galega, acompañado de varias e varios membros do Goberno galego, destacando o orzamento co que xorde esta ferramenta, 450 millóns de euros, que ten como obxectivo o retorno de 30.000 galegas e galegos do exterior nos próximos catro anos. GaliciaAberta ofrece unha... Máis información
-
26Xaneiro2023A Xunta convoca dúas novas liñas de axudas para apoiar a persoas traballadoras autónomas, que se atopan incluídas na Estratexia Galicia Retorna audio Xa está aberto o prazo de solicitude dunha nova edición do Bono Autónomo e do programa Xempre Autónomo. Este ano vanse destinar preto de 60M€ dende a Xunta de Galicia en apoio das persoas traballadoras por conta propia. O Goberno galego destina 20 millóns de euros a dúas novas liñas de axudas para apoiar a 7.000 persoas traballadoras autónomas, axudas que se atopan incluídas na Estratexia Galicia Retorna. As partidas habilitadas este ano para... Máis información
Páxinas |