Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
26Decembro2022A Xunta aborda con empresarios e sindicatos a nova Estratexia Galicia Retorna que inclúe formación e emprego nas vacantes que detecte o tecido produtivo audio Continuando coa execución da iniciativa, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza cos axentes que participan no Diálogo Social. Na reunión, Lorenzana expuxo as liñas xerais do novo programa Retorna Emprego que, baseado na colaboración público-privada, está a deseñar o departamento autonómico. A... Máis información
-
26Decembro2022A Xunta concede 38 bolsas á mocidade exterior para que retornen, estuden FP e traballen en Galicia audio As e os primeiros beneficiarios destas bolsas, de entre 17 e 39 anos de idade, proceden de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai, Paraguai, México e Brasil. Reciben unha bolsa 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 2022-23. Cursarán formación específica básica de Albanelaría e fontanaría no Centro Integrado de FP de Someso (A Coruña) e de Fontanaría, calefacción, electricidade e... Máis información
-
25Decembro2022O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicita o Nadal ás galegas e galegos do exterior audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicita o Nadal ás galegas e galegos de todos os recunchos do mundo, agradecéndolles que sigan a ter presente a Galicia aló onde residan e que sigan a representar e potenciar a nosa cultura. Alfonso Rueda lembrou que a Xunta continuará traballando para apoialas e apoialos aló onde se atopen e para facilitarlle o retorno a cantas e cantos desexen volver e construír a súa vida na sociedade... Máis información
-
24Decembro2022O equipo da Secretaría Xeral da Emigración e das delegacións da Xunta na Arxentina e Uruguai felicitan as festas a todos os galegos e galegas do mundo audio O equipo da Secretaría Xeral da Emigración e das delegacións da Xunta na Arxentina e Uruguai desexan felices festas a todos os galegos e galegas do mundo a través dun vídeo no que tamén participan as traballadoras e traballadores da Oficina Integral de Asesoramento e Información ao Retorno de Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e os delegados de Arxentina e... Máis información
-
23Decembro2022Emigración aumenta ata os 2,4M€ as axudas extraordinarias para as e os galegos retornados audio Amplíase o orzamento desta liña para atender a todas as solicitudes presentadas. Estas axudas, de carácter social, destínanse a gastos da unidade familiar derivados do retorno, cun especial apoio de ata 1.500 euros por fillo ou filla, así como tamén se valora o feito de residir nun concello rural. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o aumento da dotación da liña de axudas extraordinarias da Secretaría Xeral da Emigración para as galegas e... Máis información
-
23Decembro2022A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao encontro de despedida de ano da Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á gala de despedida do ano que organizou a Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, que preside Adriana Fernández. A delegada da Xunta felicitou á asociación polo seu traballo en apoio do Camiño de Santiago, tanto pola divulgación que do mesmo realizan no Uruguai, como pola información sobre rutas a desenvolver no eido do Camiño cara a Compostela. Máis información
-
22Decembro2022O especial “Historias de ida e volta” pecha o ano achegándose á traxectoria do Centro Galego de Lisboa audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. O especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, pecha o ano achegándose á traxectoria do Centro... Máis información
-
21Decembro2022A Secretaría Xeral da Emigración contará cun orzamento de 6,6M€ en 2023 para apoiar ás e aos galegos e entidades do exterior audio A Secretaria Xeral da Emigración aumentará o seu orzamento para 2023 e, no mesmo, apostarase tanto por continuar a apoiar ás e aos galegos e entidades do exterior como a potenciar o retorno. Deste xeito, destínanse 6,6€ M€ para os diversos programas de apoio social que a Secretaría Xeral destina aos galegos e galegas do exterior que se atopan en situación de vulnerabilidade, así como para o funcionamento e actividades culturais e sociais dos... Máis información
-
20Decembro2022Rodríguez Miranda destaca na TVG a importancia da nova Estratexia Retorna para conseguir caudal de coñecemento activo e vantaxe competitiva para Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no Telexornal da Televisión de Galicia a importancia da aprobación da nova Estratexia Retorna da Secretaría Xeral da Emigración para a loita contra o reto demográfico e co obxectivo de facilitar o dereito ao retorno dos galegos e galegas do exterior que aportarán caudal de coñecemento activo e vantaxe competitiva á sociedade galega. Nesta reportaxe, o secretario xeral da... Máis información
-
19Decembro2022A Xunta inicia a execución da Estratexia Galicia Retorna 2026 coa que se impulsará o emprendemento, a formación e o emprego de 30.000 galegas e galegos do exterior audio A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron hoxe un encontro para avanzar nos programas de emprego da nova planificación. A Estratexia 2023-26 duplica as medidas e o orzamento anterior incidindo a través dun cento de propostas en catro áreas: laboral, educativa, social e asesoramento. Ao eido do emprego, o que aglutina unha maior cantidade de... Máis información
Páxinas |