Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
22Abril2024O Consello da Xunta nomea a Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral de Emigración audio Rodríguez Miranda ocupa a titularidade da Secretaría Xeral da Emigración desde decembro de 2012. O Consello da Xunta acordou hoxe o nomeamento de Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral de Emigración, dentro do organigrama da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Rodríguez Miranda confírmase así no cargo que leva ocupando desde decembro de 2012. Natural do concello ourensán da Bola, é licenciado en Ciencias Biolóxicas, na... Máis información
-
22Abril2024A profesora e escritora Rosalía Morlán, convidada especial no curso en liña de galego da Secretaría Xeral da Emigración audio A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia anuncia a participación especial de Rosalía Morlán, destacada membro da comunidade cultural galega, no curso en liña de galego deste martes. Este evento inscríbese na serie de iniciativas promovidas pola Xunta para promocionar o uso da lingua pola galeguidade no mundo. O curso, que deu comezo o pasado 16 de xaneiro e contou coa asistencia de diversas personalidades da cultura galega,... Máis información
-
21Abril2024Rueda viaxará a Arxentina para apoiar ás empresas pesqueiras galegas e visitar á colectividade no país audio Esta será a primeira viaxe ao estranxeiro como titular do Goberno galego nesta lexislatura. Do 1 ao 4 de maio visitará varias plantas pesqueiras para trasladarlles o apoio do Goberno galego a este sector produtivo. Lembrará que todos aqueles que desexen regresar á comunidade contan coa Estratexia Galicia Retorna da Xunta, coa que se pretende facilitar a volta de 30.000 persoas ata 2026. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, viaxará a comezos de... Máis información
-
20Abril2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Cea, Quiroga, Ponteareas e Cee audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
19Abril2024A Xunta achega a cultura galega aos nenos e nenas de Ingolstadt cun conto musical e ilustrado no marco cinEScultura audio A Xunta de Galicia colabora na organización do festival cinEScultura en Ingolstadt, que comeza hoxe con unha actividade especial titulada "Con los niños a Galicia". Esta proposta está pensada para o público infantil e inclúe actividades lúdicas e un conto musical ilustrado chamado “Protegiendo el Camino”. A historia céntrase en dous nenos, Iago e Peregrina, que emprenden unha viaxe desde Ingolstadt ata Santiago, onde vivirán innumerables... Máis información
-
18Abril2024A Xunta abre a convocatoria do programa “Conecta con Galicia”, que posibilitará a convivencia en Galicia este verán de 50 mozas e mozos galegos do exterior audio Este programa ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. A Xunta de Galicia abre a convocatoria do novo programa Conecta con Galicia que ten como obxectivo posibilitar a convivencia en Galicia de 50 mozas e mozos galegos do exterior durante o mes de xullo. Este programa está dirixido a persoas de 16 e 17 anos residentes no estranxeiro, nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes... Máis información
-
17Abril2024A Xunta pon en marcha “Conecta co Camiño”, un programa destinado a que 60 mozas e mozos galegos do exterior percorran a ruta xacobea audio As e os participantes percorrerán oito tramos a pé polos Camiños Portugués pola Costa ata Compostela, coñecendo aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. O Diario Oficial de Galicia fixo pública hoxe a convocatoria das axudas para a participación no programa de lecer “Conecta co Camiño” que ofrece 60 prazas para que mozos e mozas galegas do exterior de entre 18 e 20 anos poidan percorrer a ruta xacobea entre o 19 e o 31 de... Máis información
-
15Abril2024Galicia brilla en Alemaña coa celebración de cinEScultura en Ingolstadt e Ratisbona audio Galicia foi protagonista este sábado en Alemaña grazas á presentación do Festival cinEScultura nas cidades de Ingolstadt e Ratisbona. A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia celebrou o Día de Europa en Baviera apoiando a segunda edición de cinEScultura en Ingolstadt e a décimo sétima edición en Ratisbona. Este ano, o festival estivo dedicado a promover a cultura galega e ofrecer unha oportunidade única para dar a coñecer o cine, a... Máis información
-
13Abril2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Parada de Sil, A Estrada, Noia e Taboada audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
12Abril2024A delegada da Xunta no Uruguai participou no Día das Artes Galegas celebrado no Patronato da Cultura Galega de Montevideo audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos polo Día das Artes Galegas celebrados no Patronato da Cultura Galega de Montevideo e que este ano homenaxeou ao escultor Francisco Asorey. Asorey está considerado un dos renovadores da arte galega e unha das figuras máis relevantes na renovación escultórica española do século XX. É responsable da obra A Santa, que hoxe é exhibida no Museo Zorrilla, no Uruguai. Trátase dunha... Máis información
Páxinas |