Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
27Abril2023O presidente da Asociación de Antiguos Tunos de Santiago solicita a colaboración de Emigración na promoción da Casa da Troia entre os centros galegos do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Asociación de Antiguos Tunos de Santiago de Compostela, Benigno Amor, quen lle solicitou a colaboración da Secretaría Xeral na promoción da Casa da Troia entre os centros galegos do exterior. Amor trasladou a boa acollida que a presentación das diferentes actividades programadas con este fin tiveron nos centros españois de México, que visitou recentemente.... Máis información
-
27Abril2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á ‘Taberna de Música Celta’ organizada polo Centro Valle Miñor audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu, como representante da Administración autonómica, ao concerto de música celta organizado polo Centro Valle Miñor na Taberna Celta, na que se uniron grupos musicais de Galicia, Asturias e Escocia. Acompañou ao presidente do centro, Juan Valverde. O concerto foi un éxito absoluto, esgotándose as entradas. Actuaron diferentes grupos, destacando a Banda de gaitas Irmandade, dirixida por... Máis información
-
26Abril2023Miranda mantivo un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia de cara a manter a colaboración entre ambas institucións audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo na mañá de hoxe un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, de cara a manter a colaboración entre ambas institucións. Nestes intres, no Uruguai viven máis de 40.000 galegas e galegos, moitas e moitos deles xa descendentes. O secretario xeral trasladoulle o interese da Xunta de Galicia pola colectividade galega neste país do Río da Prata, ... Máis información
-
26Abril2023Emigración recorda, a través da experiencia de Noelia Beatriz Gerbaudo, bolseira retornada da Arxentina, que a convocatoria BEME deste ano remata o próximo venres, 28 de abril audio A Secretaría Xeral da Emigración invita a coñecer a historia de Noelia Beatriz Gerbaudo, galega retornada da Arxentina, que solicitou unha Bolsa Excelencia Mocidade Exterior - BEME que facilita ás galegas e galegos universitarios do exterior un máster nunha das tres universidades galegas. Emigración recorda ás e aos interesados que a nova convocatoria, para o curso 2023/24, pecha o próximo venres, 28 de abril. As beneficiarias e beneficiarios... Máis información
-
25Abril2023Miranda asina un acordo de colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo para reforzar a atención ás e aos galegos retornados nesta provincia audio Rioplatentes súmase ao labor de información e asesoramento ás e aos retornados que leva tamén a cabo a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situada na Delegación da Xunta en Lugo. A Administración autonómica colabora con esta asociación a través dun acordo de 10.000 euros anuais. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou, en compaña do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, na Sala Muralla do... Máis información
-
24Abril2023Unha deseñadora galega retornada crea moda circular en Lugo apoiada pola Xunta audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe o obradoiro desta creadora retornada do Brasil que deseña coleccións que xa desfilaron na Fashion Week. A liña de Axudas ao Retorno Emprendedor, que este ano chega ata os 10.000 euros, continúa aberta ata o 29 de setembro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias... Máis información
-
23Abril2023Emigración inicia na Oficina de Retorno de Santiago un espazo informativo para os galegos retornados do Exterior, centrándose neste caso no ámbito do emprego audio A Secretaría Xeral da Emigración inicia hoxe un espazo informativo para os galegos retornados do exterior da man da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de cada unha das provincias e grazas a colaboración do programa Lembrando a Galicia da TVG. Neste caso, dende a Oficina de Retorno de Santiago de Compostela, incídense nos datos máis esenciais relativos ao emprego, tanto as recomendacións para facer unha entrevista de... Máis información
-
22Abril2023Emigración recorda que a convocatoria das Bolsas BEME para facer un máster en Galicia está aberta ata o 28 deste mes a través da experiencia dun galego retornado de Venezuela audio A Secretaría Xeral da Emigración recorda ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria que a nova convocatoria de bolsas de Excelencia Mocidade Beme para facer un máster o próximo curso nas universidades galegas continúa aberta ata o próximo 28 deste mes. Miguel Ángel Álvarez Montenegro, universitario de Venezuela, neto de galegos, retornou a Galicia grazas a unha bolsa Beme. Este mozo retornado aproveita o seu... Máis información
-
21Abril2023Emigración abre a convocatoria do programa “Conecta con Galicia”, que posibilitará a convivencia en Galicia este verán de 60 mozos e mozas galegas do Exterior audio Este programa ten coma obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. Desenvolverase, en colaboración coa Direccion Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no albergue xuvenil de Gandarío entre os meses de xullo e agosto, e os participantes realizarán actividades de ocio e deporte, visitas culturais e tamén coñecerán empresas galegas punteiras. Os interesados teñen ata o próximo 22 de maio... Máis información
-
20Abril2023Webinario informativo sobre as Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior BEME 2023/24 audio Vídeo completo do webinario que o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, realizou para informar sobre a nova convocatoria das bolsas de Excelencia Mocidade Beme que supoñen 250 as prazas co obxectivo de que os galegos universitarios do exterior, de ata 39 anos, poidan retornar a Galicia para facer un máster nunha das tres universidades galegas a través dun apoio económico de entre 7.500 e 12.000 euros. Os interesados poden... Máis información
Páxinas |